campaña biopsia

BALANCE DA CAMPAÑA DE MICROMECENADO PARA O ESTUDO DA BIOPSIA LÍQUIDA

abril 19th, 2017 Posted by Actualidad, Noticias, Sin categoría No Comment yet

ONCOMET XA TRAMITOU A COMPRA DUNHA DAS DÚAS MÁQUINAS
PRECISAS PARA CONTINUAR CO ESTUDO DA BIOPSIA LÍQUIDA

  • Un total de 583.006 euros recadados e 11.455 doantes en 90 días de campaña
    Grazas á colaboración cidadá Galicia sitúase á cabeza da investigación
    oncolóxica.
  • A campaña contabilizou máis de cen iniciativas de todo tipo ademais das 25
    conferencias e das 30 mesas informativas coas que chegaron a toda Galicia.
  • Os avances do traballo do grupo de Oncolóxica Médica Traslacional do Instituto
    de Investigación Sanitaria de Santiago (Oncomet) iranse publicando na súa
    páxina web, www.oncomet.es, que seguirá activa, así como o número de conta
    bancaria da campaña, de forma que todo aquel que así o queira continúe a
    apoiar este proxecto.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017.- Un total de 583.006 euros recadados e
11.455 doantes en 90 días de campaña. O director do grupo de Oncoloxía Médica
Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (Oncomet), Rafael
López, e o seu equipo facía hoxe balance da campaña de micromecenado para o
estudo da biopsia líquida posta en marcha o 12 de xaneiro.
“Grazas á colaboración cidadá Galicia sitúase á cabeza da investigación oncolóxica”,
sinalaba o doutor López. “Estamos moi satisfeitos e sobre todo moi agradecidos por
lograr superar o medio millón de euros que precisabamos, pero aínda máis de facelo
coa implicación cidadá, xa que a gran maioría dos doantes foi xente anónima e
empresas pequenas”.
Segundo López “estar na vangarda require unha tecnoloxía que avanza rápidamente e
que precisa unha constante actualización. O éxito desta campaña supón, entre outras
cousas, poder adquirir novos equipos que colocarán a Galicia na dianteira da
investigación no campo da Biopsia Líquida”. De feito o grupo non se demorou e,
consciente do compromiso social adquirido con esta campaña, xa tramitou a compra
dunha das dúas máquinas que precisa para avanzar no proxecto.
“Con estes novos equipos seremos capaces de identificar as células tumorais
circulantes e o material xenético en circulación con maior sensibilidade para poder
caracterizar os tumores con maior precisión e así facer un tratamento máis
personalizado en distinto estadios da enfermidade” sinalaba o dr. Rafael López.
Estas novidosas técnicas para estudar os tumores comezan a aplicarse ao 1% do seu
potencial e segundo a previsión do grupo dentro duns 5 ou 8 anos empregarase xa de
forma masiva nos hospitais españois. “O obxectivo do proxecto financiado a través
desta campaña de micromecenado é acelerar a implementación desta tecnoloxía na
práctica clínica” aseguraba o director de Oncomet.
“Temos moi claro ata onde queremos chegar e o compromiso social que acabamos de
adquirir e seguiremos traballando día a día para dar unha resposta acorde ás
expectativas xeradas”, subliñaba hoxe o doutor López. “O noso obxectivo final é
conseguir un tratamento máis efectivo e personalizado así como un diagnóstico máis
precoz da enfermidadepara acadar una maior esperanza e calidade de vida dos
doentes de cancro”.
Todos e cada un dos avances do traballo do grupo de Investigación Oncolóxica
Traslacional, Oncomet, iranse publicando na súa páxina web, www.oncomet.es, que
seguirá activa, así como o número de conta bancaria da campaña, de forma que todo
aquel que así o queira continúe a apoiar este proxecto. “Para nós é moi importante
contar con financiación para poder seguir a traballar nesta técnica. Así poderemos
dedicar máis recursos ao proxecto e aumentar o número de mostras de forma que os
resultados serán máis rápidos e precisos”.
Iniciativas pendentes e Festival de la Luz
Dende o comezo da campaña foron moitas as persoas, colectivos e entidades
implicados en dar a coñecer a campaña por toda Galicia co fin de chegar ao obxectivo
marcado. Así, Oncomet contabilizou máis de cen iniciativas de todo tipo ademais das
25 conferencias e das 30 mesas informativas coas que chegaron a toda Galicia: desfiles
solidarios, concertos, partidos de fútbol, festivais, contacontos, actuacións musicais,
recadacións en comercios, bares, perruquerías … De feito “aínda quedan inciativas
pendentes de pechar que non pudieron encaixar nas datas da campaña pero que non
querían deixar de aportar o seu grao de area á causa”, sinalaba Rafael López. Sen
esquecer a cita que temos os días 8, 9 e 10 de setembro en Boimorto co Festival de la
luz que este ano doa a recadación en taquilla a este proxecto.
——————————————–
Para máis información e xestión de entrevistas:
Ana López Pimentel : 629 25 37 54 // Mar Balseiro Seoane: 645 795 251
comunicacion@oncomet.es
www.oncomet.es
saúdos