ORGANIZACIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

ÓRGANOS DE GOBERNO

O Consello Reitor é o órgano de máxima dirección, xestión e representación do Instituto, que coincide tal e como se indica no propio convenio de creación do IDIS, coa Comisión de Seguimento Cumprimento do Convenio, constituída ao amparo do artigo 6.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Neste órgano están representadas todas as entidades que conforman o IDIS.

Composición
  • Presidente/a: O titular da Consellería de Sanidade, ou o Director da Dirección Xeral de Aseguranza e Planificación Sanitaria.
  • Vicepresidente/a: O Reitor/a da Universidade de Santiago de Compostela ou o Vicerreitor/ de investigación e innovación.
  • 6 Vogais: 3 designados pola Consellería de Sanidade e outros 3 polo Reitor da USC.
  • Director/a Científico/a: ten voz pero non voto nas sesións do Consello Reitor.
  • Secretario/a: a secretaría do Instituto é exercida por 2 membros do Consello Reitor ou por unha persoa designada para estes efectos. Neste caso actúa con voz pero sen voto.
  • José Castillo Sánchez é o Director Científico do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago; e Responsable de investigación da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

COMISIÓNS ASESORAS

O Comité Científico Externo do IDIS é un órgano conformado por profesionais de prestixio e referencia internacional nos ámbitos de coñecemento do propio Instituto, encargados de velar pola calidade científica deas actividades realizadas polo IDIS e contribuíndo á súa mellora.

O Comité Científico Externo ten como misión o asesoramento aos órganos de goberno e dirección do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, para garantir os máximos niveis de calidade na actividade científica e de formación levada a cabo no IDIS, e o cumprimento dos obxectivos marcados conforme a súa planificación estratéxica.

Membros do Comité Científico Externo do IDIS
  • Melchor Álvarez de Mon Soto, Director do Departamento de Medicina e Especialidades Médicas da Universidade de Alcalá de Henares, Madrid.
  • María del Carmen Ayuso García, Directora Científica do Instituto de Investigación Sanitaria de la Fundación Jiménez Díaz.
  • Joan Comella Carnicé, Director Científico do Vall d’Hebrón Institut de Recerca de Barcelona.
  • Xosé García Bustelo, Investigador do Centro de Investigación do Cáncer de Salamanca.
  • Ángeles Almeida Parra, Subdirectora do Instituto de Investigación Biomédica de Salamanca.
  • María Rosario Luquin Piudo, Directora Científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Navarra.
  • María Teresa Miras Portugal, Investigadora da Universidad Complutense de Madrid.

O IDIS dispón da Comisión de Investigación que coincide cola Comisión de Investigación do Convenio entre a USC e o Servizo Galego de Saúde. Esta Comisión actúa como asesora da Dirección Científica, nos temas que requira.

Á Comisión de Investigación correspóndelle impulsar e coordinar a actividade investigadora do Instituto e da Xerencia. Concretamente, son as súas funcións asignadas:

  1. Actuar como órgano asesor do Director Científico na actividade investigadora e na elaboración e avaliación das liñas de investigación.
  2. Impulsar programas específicos relacionados coa investigación e promover iniciativas para a mellora da calidade investigadora.
  3. Revisar os procedementos de xestión do instituto relacionados coa investigación.
  4. Valorar e recoller, se procede, as suxestións do persoal investigador e de xestión en relación coa investigación.
  5. Revisar as propostas de solicitudes a proxectos, axudas, becas e emitir informes relativos aos proxectos para os que se solicita financiación, aprobando ou denegando o seu desenvolvemento.
  6. Establecer os criterios para a adxudicación de axudas de investigación e propoñelos á Dirección Científica para a presentación ao Consello Reitor e aprobación polo mesmo, no seu caso.
  7. Planificar a investigación e política científica no Instituto e velar por que a investigación realizada se axuste aos principios éticos xenerais que deben inspirala.
  8. Todas aquelas que lle encomende a Dirección Científica do IDIS e a Xerencia da Área Sanitaria, entre as que se atopan:
    • Recoller das áreas os obxectivos científicos de cada unha delas e a proposta de indicadores para medir o grado de cumprimento.
    • Recoller das áreas as necesidades de formación encamiñadas a cumprimento de obxectivos científicos.
    • Propoñer os obxectivos científicos anuais e o plan de acción que os desenvolve ao Consello Reitor.
    • Analizar e facer propostas a plans e normativas, especialmente ao plan de formación e ao de integración
    • Facer o seguimento da actividade do IDIS, incluíndo, especialmente, os plans de formación e integración. Realizar o seguimento das decisións tomadas.
    • Validar a memoria de actividade anual.
    • Avaliar e autorizar as estancias formativas dos profesionais do IDIS.
Composición
  • Presidente: Federico Martinón Torres
  • Vogais:
    • José Ramón Caeiro Rey. Xefe de servizo de Traumatoloxía.
    • Anxo Fernández Ferreiro. Facultativo Especialista de Área. Farmacia Hospitalaria. Investigador Juan Rodes (ISCIII).
    • Rodolfo Gómez Bahamonde. Investigador Miguel Servet. Líder do grupo Patoloxía Musculoesquelética.
    • Carlos Peña Gil. Facultativo Especialista de Área. Cardioloxía.
    • Andrés Soto Varela. Facultativo Especialista de Área. Otorrinolaringoloxía.
    • Ana Vega Gliemmo. Adxunto Medicina Xenómica. Líder do grupo Xenética de Cáncer e Enfermidades Raras.
    • Irene Zarra Ferro. Xefa de servizo de farmacia.
    • Isabel Lista García. Directora da Fundación IDIS.
  • Secretaría: Yolanda María Liste Martínez. Xestora de investigación IDIS.

A Comisión de Formación do IDIS é a estrutura encargada do enfoque da estratexia formativa do IDIS e conta para o desenvolvemento desta tarefa co apoio da secretaría Técnica do IDIS. O Consello Reitor é o encargado de aprobar en última instancia os plans do instituto, e as súas modificacións. Corresponde ao Director Científico do IDIS elevar a este órgano o Plan de formación e as súas propostas de mellora, asesorado pola Comisión de investigación e o Comité Científico Externo.

Anualmente, a Comisión de Formación do IDIS recolle as necesidades formativas das áreas de investigación do IDIS, elaborando a oferta formativa que é presentada á Comisión de Investigación e posteriormente ao Comité Científico Externo. O Consello Reitor aproba as acción formativas que se integran no plan de acción do IDIS.

O seguimento operativo da formación do instituto correspóndelle á Comisión de Formación que dá contas dos avances á Comisión de Investigación.

Composición
  • Presidencia: Clara Álvarez Villamarín (Líder Grupo Neoplasia e Diferenciación Endocrina C001 IDIS, CIMUS; Prof TU-USC).
  • Vogais:
    • Ana Calvache González (Directora da Unidade Cirurxía Integral Mama, Servizo Cirurxía Xeral, CHUS).
    • Rogelio Leira Muíño (Presidente Comisión Docencia CHUS. Xefe de Estudos (MIR), Director Unidade Cefaleas, Servizo Neuroloxía, CHUS).
    • Sergio Cinza Sanjurjo (Xefe de Estudos da Unidade Docente de Medicina de Familia e Comunitaria).
    • Francisca Lago Paz (Líder Grupo Cardioloxía Celular e Molecular).
    • María Torres Español (Responsable plataforma CeGen-Centro Nacional de Xenotipado- ISCIII).
    • Ángel Diaz Lagares (Codirector Unidade de Epixenómica, Investigador Joan Rodés do Grupo Oncoloxía Médica Traslacional, IDIS).
    • Adrián Mosquera Orgueira (Residente R4 Hematoloxía. Hemato-oncoloxíaa).
    • Diana Guallar Artal (IP Grupo RNA Epitranscriptomics in Ageing).
  • Secretaría: José Ramón Castro Ruibal (Xestor de investigación IDIS).

Esta comisión créase co obxectivo de potenciar a participación e integración de grupos e profesionais de atención primaria na actividade do Instituto. Son función específicas da Comisión de Atención Primaria as seguintes:

  1. Levar a cabo unha diagnose de situación que permita coñecelo grao de implicación dos profesionais de atención primaria nos traballos de investigación levados a cabo no marco do IDIS.
  2. Propor plans de mellora mediante a identificación e aproveitamento das boas prácticas existentes (Benchmarking).
  3. Traballar na sensibilización cara o grupo de profesionais de atención primaria.
  4. Realizar labores de difusión enfocadas a proxectar cara a sociedade a importancia da investigación en saúde.
  5. Articular e executar plans de acción no seu ámbito de actuación, fomentando a integración de profesionais de atención primaria no instituto.
Composición
  • Presidente: Daniel Rey Aldana. Médico de Familia. Centro de Saúde de A Estrada. Co-Director Cátedra USC-SEMERGEN XXI Santiago de Compostela.
  • Vogais:
    • Sergio Cinza Sanjurjo. Médico de Familia. Centro de Saúde de Porto do Son. A Coruña. Coordinador da Unidade Docente de Medicina Familiar e Comunitaria XXI Santiago de Compostela.
    • Jose Manuel Fernández García. Médico de Familia. Xefe de Servizo de Atención Primaria no Centro de Saúde de Valga. XXI Santiago de Compostela.
    • José Ramón González Juanatey. Xefe de Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
    • Francisco Gude Sampedro. Responsable da Unidade de Epidemioloxía Clínica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
    • Soraya Meijome Blanco. Especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria. Centro de Saúde de Valga. XXI Santiago de Compostela.
    • Agustín Pía Morandeira. Farmacéutico de Atención Primaria no Centro de Saúde de Noia. XXI Santiago de Compostela.
    • Manuel Portela Romero. Subdirector de Procesos Asistenciais da Área Médica do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
    • Juan Sánchez Castro. Médico de Familia. Xefe de Servizo de Atención Primaria no Centro de Saúde de A Estrada.
    • Xoán Vásquez Lago. Técnico de Saúde Pública da XXI de Santiago. Especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.
    • Sandra Yáñez Freire. Residente de 4º ano de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Santiago de Compostela. Centro de Saúde de A Estrada XXI Santiago de Compostela.
  • Secretaría: José Ramón Castro Ruibal. Xestor de investigación IDIS.

Dada a organización do traballo e, co fin de facilitar a despregadura do Plan de Calidade e Mellora e a implantación en toda a organización do sistema de xestión da calidade deseñado, o instituto conta cunha Comisión de Calidade. A misión da Comisión de Calidade é planificar e coordinar as actividades realizadas no marco do Instituto. Neste contexto correspóndelle á Comisión de Calidade:

  1. Verificar o cumprimento do Plan de Calidade.
  2. Propor iniciativas para a mellora da calidade.
  3. Propor métodos e instrumentos de avaliación da calidade.
  4. Colaborar no deseño, execución e seguimento das actividades da avaliación da calidade.
  5. Informar aos órganos de goberno do instituto dos procesos e resultados da avaliación da calidade.
  6. Redactar o informe anual do Plan de Calidade.
Composición
  • Presidente: D. Luis León Mateos. FEA de oncoloxía.
  • Vogais:
    • Carlos Grande Sellera. (Técnico de innovación do IDIS e membro da Plataforma ITEMAS).
    • Pablo Mosquera Martínez (Técnico de innovación do IDIS e membro da Plataforma ITEMAS).
    • Beatriz Pais Iglesias. Subdirectora de calidade de Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.
    • Isabel Lista García. Directora da Fundación IDIS.
  • Secretaría: Yolanda María Liste Martínez. Xestora de Investigación IDIS
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica