XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Plataforma de Bioinformática

Contacto
Jorge Amigo Lechuga
jorge.amigo@usc.es

A Plataforma de Bioinformática está formada por un equipo multidisciplinar con experiencia no manexo de datos obtidos de tecnoloxías ómicas e na medicina traslacional. Ten como fin brindar aos investigadores, tanto básicos como clínicos, apoio tecnolóxico e asesoramento na análise numérica e procesado de grandes volumes de datos procedentes de distintas áreas das ciencias da vida, aplicando técnicas tanto do campo da bioloxía como da química, física ou matemáticas, para a obtención de novo coñecemento.

A Plataforma de Bioinformática ofrece asesoramento, procesamento w extracción de coñecemento a partir de grandes volumes de datos procedentes de:

  • Xenómica funcional, transcriptómica e epixenómica: secuenciadores DNASeq, RNASeq, NGS,…
  • Proteómica funcional e metabolómica: cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masas (LC-MS, LC-MS/MS, SWATH,…).
  • Proteómica estrutural: análises da estrutura de proteínas a partir de secuencias de aminoácidos.
  • Minería de datos: extracción de información relevante en grandes bases de datos biolóxicas e bibliográficas,…

Ademais, tamén se ofrece a posibilidade de desenvolvemento de aplicacións informáticas personalizadas a partir de problemas complexos ou de rutina da práctica diaria.

Servizos

  • Análises ómicos: xenómica, transcriptómica, proteómica.
  • Minería de datos.
  • Procesado masivo de datos.
  • Automatización de procesos que impliquen manexo complexo de datos.
  • Desenvolvemento de aplicacións informáticas personalizadas.
  • Creación e xestión de bases de datos a medida.
  • Asesoramento científico.

Tarifas vixentes (sen IVA)

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica