XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Unidade de análises de Biopsia Líquida


A Unidade de Análise de Biopsia Líquida é un laboratorio especializado na análise de células tumorais circulantes (CTCs), DNA tumoral circulante (ctDNA) e outros elementos tumorais presentes en distintos fluídos biolóxicos como o sangue, saliva, líquido pleural ou líquido cefalorraquídeo, entre outros. A unidade, creada en 2012, da servizo a distintos grupos clínicos e de investigación nacionais e internacionais para o estudo de biopsia líquida.

O interese polo estudo do material tumoral presente en fluídos biolóxicos incrementouse de forma exponencial na última década, principalmente porque a estratexia menos invasiva e máis dinámica de caracterizar os tumores. A nivel clínico tanto a análise de alteracións xenéticas, utilizando o ctDNA como a cuantificación e caracterización de CTCs demostrou ser de gran utilidade para a detección de enfermedade mínima residual, como marcador prognóstico e predictivo de resposta e para a monitorización precisa da resposta ao tratamento. Por outro lado, a nivel de investigación, a posibilidade de illar e caracterizar as CTCs, principais responsables da formación de metástase, presenta un valor incalculable para comprender mellor o proceso de diseminación tumoral e de desenvolvemento de resistencias.

Servizos

  • Illamento de plasma e PBMC mediante centrifugación e gradientes de densidade illamento de exosomas.
  • Illamento e cuantificación de CTCs cos sistemas CellSearch, Parsortix CELLection, Metacell e Cellcollector.
  • Illamento de DNA/RNA de plasma.
  • Estudos de expresión xénica mediante q-RT-PCR.
  • Estudos xenéticos para identificar mutacións mediante BEAMing e PCR dixital en ctDNA.
  • Cuantificación de cfDNA total en mostras de plasma.
  • Estudos proteicos mediante Inmunofluorescencia e purificación a nivel de célula única de mostras enriquecidas en CTCs.

Todos estes servizos pódense levar a cabo en mostras humanas e en modelos murinos.

Equipamento


Unidade de Biopsia Líquida dispón da seguinte tecnoloxía de referencia para a análise de biopsia líquida:

  • Sistema CellSearch (Silicon Biosystems, o único sistema aprobado pola FDA para cuantificación de CTCs),
  • Sistema Parsortix (Angle) para o illamento antíxeno-independente de CTCs.
  • Equipo de PCR dixital (QX200, Biorad) que permite o estudo de mutacións puntuais, CNVs e pequenos reordenamentos así como a realización de estudos de metilación.
  • Termociclador Veriti Dx 96-well Thermal Cycler (Applied Biosystems).
  • Citómetro de última xeración Cube6i Flow Cytometer (Partek).
  • Micromanipulador (Leica) e equipamento básico dun laboratorio de bioloxía molecular (centrífugas, cabinas de seguridade biolóxica, cabinas de PCRs e equipamento para cultivo celular).

Ademais deste equipamento propio, a plataforma ten á súa disposición outros equipos comúns do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) necesarios para o estudo de biopsia líquida, como o microscopio confocal Leica SP8, o sistema DEParray (Silicon Biosystems, xestionado pola Fundación de Medicina Xenómica do IDIS) ou o secuenciador NexSeq (Illumina, da unidade de Epixenómica do IDIS).

Tarifas vixentes

Estamos actualizando as tarifas destas plataformas. Consúltanos para máis información

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica