XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Unidade de Epixenómica

Contacto
Ana B. Crujeiras / Angel Díaz-Lagares
anabelencrujeiras@hotmail.com
angel.diaz.lagares@sergas.es

A Epixenómica contribúe a resolver múltiples procesos biolóxicos relacionados co desenvolvemento de enfermidades e é de gran utilidade no campo da medicina personalizada. A Unidade de Epixenómica, creada coa colaboración entre a área de Endocrinoloxía e Nutrición e a área de Oncoloxía do IDIS e en consorcio entre a FIDIS e o CIBER Fisiopatoloxía da Obesidade e Nutrición (CIBERobn), ten como obxectivo proporcionar axuda e soporte aos grupos de investigación e á industria a nivel nacional e internacional na realización de estudos epixenómicos, a nivel de xenes concretos ou do epixenoma.

Esta unidade dispón tamén das súas propias liñas de investigación, cunha orientación traslacional na epixenómica das enfermidades endocrinas e a nutrición, dirixida pola Dra. Ana B. Crujeiras, e a epixenómica do cancro, dirixida polo Dr. Ángel Díaz-Lagares.

Aplicacións da tecnoloxía

Os estudos epixenéticos levados a cabo na Unidade de Epixenómica aportarán valor a calquera proxecto preclínico ou clínico que pretenda estudar os mecanismos moleculares implicados no desenvolvemento de diferentes tipos de enfermidades. Estes estudos poden ser tanto a pequena escala, para estudar marcas epixenéticas en xenes individuais ou paneis de xenes, como a gran escala, realizando unha análise máis ampla do epixenoma. Estes análises levados a cabo na Unidade de Epixenómica axudarán a identificar ou avaliar marcas epixenéticas con utilidade clínica tanto en mostras celulares e de tecidos conxelados ou en parafinas, como en biopsia líquida de diferentes fluídos biolóxicos. Así, os resultados obtidos serán útiles no campo da farmacoepixenómica, a nutriepixenómica e a medicina personalizada.

Servizos

A nosa Unidade de Epixenómica ofrece soporte e axuda en diferentes fases do estudo epixenómico:

  • Asesoramento e axuda no deseño do estudo.
  • Preparación e procesamento de mostras biolóxicas.
  • Realización de diferentes tipos de metodoloxías epixenéticas e/ou epixenómicas
  • Análises, interpretación e entrega de resultados.

Para a realización deste tipo de estudos contamos coa tecnoloxía máis novidosa no campo:

  • Equipo NextSeq500 (Illumina) para secuenciación masiva (NGS)
  • Sistema de microarrays HiScan (Illumina)
  • Pirosecuenciador PyroMark Q24 (Qiagen)
  • Equipo de PCR en tempo real StepOne (Applied Biosystems)
  • Sistema de PCR ProFlex (Applied Biosystems)

Como complemento ao noso equipamento, contamos con outros equipos dispoñibles na nosa institución (IDIS), así como o acceso ao equipo de PCR dixital QX200 (Bio-Rad) da Unidade de Análise de Biopsia Líquida do IDIS.

Tarifas vixentes (sen IVA)

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica