XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Unidade de Imagen Experimental (UNIME)

Contacto
Pablo Aguiar Fernández
pablo.aguiar.fernandez@sergas.es

A Unidade de Imaxe Experimental encárgase da adquisición e procesado de imaxes
 estruturais e funcionais pre-clínicas en pequenos roedores. De forma complementaria, 
tamén permite a fusión das imaxes obtidas mediante o emprego de software de imaxe.

A plataforma permite coñecer a biodistribución dos distintos trazadores isotópicos tanto en animais sans como en modelos experimentais de determinadas patoloxías. Ao tratarse dunha técnica in vivo, dita plataforma permite facer estudos ó longo do tempo empregando o mesmo animal e levar a cabo un seguimento da patoloxía que se desexa investigar. Desta forma, trátase dunha técnica moi útil para estudar a fisioloxía do modelo e avaliar a eficacia dun fármaco experimental. Ademais, a fusión das imaxes multimodais permite precisar a localización da zona de estudo e valorar a captación radioactiva a dito nivel. Actualmente a Unidade ofrece os seus servizos a diferentes grupos de investigación, sendo Neuroloxía, Farmacia, Oncoloxía, Cardioloxía e Endocrinoloxía as áreas con maior demanda.

Servizos

A Unidade de Imaxe Experimental dispón dun equipo microPET-CT Albira (Bruker), que permite obter imaxes moleculares (empregando isótopos emisores de radiación β, como o Flúor-18) e estruturais en pequenos roedores. Ademais, a plataforma ten unha microSPECT (Siemens), que permite adquirir imaxes moleculares con isótopos emisores de radiación γ, como poden ser o Galio-67 e o Tecnecio-99.

Recentemente, a plataforma incorporou un equipo de mostraxe de sangue arterial (Swisstrace) que permite a medida da actividade radioactiva en sangue arterial durante a adquisición de estudos dinámicos para levar a cabo análises cinéticos coas imaxes obtidas. Finalmente, a unidade dispón de software profesional de imaxe que permite a cuantificación e o co-rexistro das imaxes multimodais.

Tarifas vixentes

Estamos actualizando as tarifas destas plataformas. Consúltanos para máis información

Artigos e bibliografía

Fotos do equipamento e imaxes representativas dos estudos que realizamos:

Figura 1. MicroPET-CT Albira Bruker

Figura 2. Equipo de mostraxe de sangue arterial Swisstrace

Figura 3. Activación da graxa parda interescapular en ratas (Martínez-Sánchez et al., 2017)

Figura 4. Alteracións no metabolismo cerebral en ratas tratadas con diazepam (Silva-Rodríguez et al., 2016)

Figura 5. Imaxes FDG PET-CT lonxitudinais de ratas con enfermidade inflamatoria intestinal sen tratar e tratadas con corticoides (Seoane-Viaño et al., 2018)

Figura 6. Imaxes 99mTc SPECT tiroideas en rato (Aguiar et al., 2014)

Figura 7. Imaxes PET-CT fusionadas trala administración de cápsulas gástricas (Goyanes et al., 2018)

Figura 8. Imaxes PET-CT tras a inxección intravítrea do radiofármaco (Fernández-Ferreiro et al., 2017c)

Artigos científicos da Unidade de Imaxe Experimental:

  • Aguiar, P.; Silva-Rodríguez, J.; Herranz, M. & Ruibal, A. (2014) Preliminary Experience with Small Animal SPECT Imaging on Clinical Gamma Cameras. BioMed Research International, 2014: 1-7. DOI: 10.1155/2014/369509.
  • Fernández-Ferreiro, A.; Silva-Rodríguez, J.; Otero-Espinar, F. J.; González-Barcia, M.; Lamas, M. J.; Ruibal, Á.; Luaces-Rodríguez, A.; Vieites-Prado, A.; Sobrino, T.; Herranz, M.; García-Varela, L.; Blanco-Méndez, J.; Gil-Martínez, M.; Pardo, M.; Moscoso, A.; Medín-Aguerre, S.; Pardo-Montero, J. & Aguiar, P. (2017a) Positron emission tomography for the development and characterization of corneal permanence of ophthalmic pharmaceutical formulations. Investigative Ophthalmology & Visual Science 58: 772-780. DOI: 10.1167/iovs.16-20766.
  • Fernández-Ferreiro, A.; Silva-Rodríguez, J.; Otero-Espinar, F. J.; González-Barcia, M.; Lamas, M. J.; Ruibal, Á.; Luaces-Rodríguez, A.; Vieites-Prado, A.; Lema, I.; Herranz, M.; Gómez-Lado, N.; Blanco-Méndez, J.; Gil-Martínez, M.; Pardo, M.; Moscoso, A.; Cortés, J.; Sánchez-Martínez, M.; Pardo-Montero, J. & Aguiar, P. (2017b) In vivo eye surface residence determination by high-resolution scintigraphy of a novel ion-sensitive hidrogel based on gellan gum and kappa-carrageenan. European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics 114: 317-323. DOI: 10.1016/j.ejpb.2017.01.023.
  • Fernández-Ferreiro, A.; Luaces-Rodríguez, A.; Aguiar, P.; Pardo-Montero, J.; González-Barcia, M.; García-Varela, L.; Herranz, M.; Silva-Rodríguez, J.; Gil-Martínez, M.; Bermúdez, M. A.; Vieites-Prado, A.; Blanco-Méndez, J.; Lamas, M. J.; Gómez-Ulla, F.; Ruibal, Á.; Otero-Espinar, F. J. & González, F. (2017c) Preclinical PET study of intravitreal injections. Investigative Ophthalmology & Visual Science 58: 2843-2851. DOI: 10.1167/iovs.17-21812.
  • Goyanes, Á.; Fernández-Ferreiro, A.; Majeed, A.; Gómez-Lado, N.; Awad, A.; Luaces-Rodríguez, A.; Gaisford, S.; Aguiar, P. & Basit, A. W. (2018) PET/CT imaging of 3D devices in the gastrointestinal tract of rodents. International Journal of Pharmaceutics 536 (1): 158-164. DOI: 10.1016/j.ijpharm.2017.11.055.
  • Luaces-Rodríguez, A.; Díaz-Tomé, V.; González-Barcia, M.; Silva-Rodríguez, J.; Herranz, M.; Gil-Martínez, M.; Rodríguez-Ares, M. T.; García-Mazás, C.; Blanco-Méndez, J.; Lamas, M. J.; Otero-Espinar, F. J. & Fernández-Ferreiro, A. (2017) Cysteamine polysaccharide hydrogels: study of extended ocular delivery and biopermanence time by PET imaging. International Journal of Pharmaceutics 528: 714-722. DOI: 10.1016/j.ijpharm.2017.06.060.
  • Luaces-Rodríguez, A.; Touriño-Peralba, R.; Alonso-Rodríguez, I.; García-Otero, X.; González-Barcia, M.; Rodríguez-Ares, M. T.; Martínez-Pérez, L.; Aguiar, P.; Gómez-Lado, N.; Silva-Rodríguez, J.; Herranz, M.; Ruibal, Á.; Lamas, M. J.; Otero-Espinar, F. J. & Fernández-Ferreiro, A. (2018) Preclinical characterization and clinical evaluation of tacrolimus eye drops. European Journal of Pharmaceutical Sciences 120: 152-161. DOI: 10.1016/j.ejps.2018.04.038.
  • Martínez-Sánchez, N.; Seoane-Collazo, P.; Contreras, C.; Varela, L.; Villarroya, J.; Rial-Pensado, E.; Buqué, X.; Aurrekoetxea, I.; Delgado, T. C.; Vázquez-Martínez, R.; González-García, I.; Roa, J.; Whittle, A. J.; Gómez-Santos, B.; Velagapudi, V.; Loraine-Tung, Y. C.; Morgan, D. A.; Voshol, P. J.; Martínez de Morentin, P. B.; López-González, T.; Liñares-Pose, L.; González, F.; Chatterjee, K.; Sobrino, T.; Medina-Gómez, G.; Davis, R. J.; Casals, N.; Oresic, M.; Coll, A. P.; Vidal-Puig, A.; Mittag, J.; Tena-Sempere, M.; Malagón, M. M.; Diéguez, C.; Martínez-Chantar, M. L.; Aspichueta, P.; Ragmouni, K.; Nogueiras, R.; Sabio, G.; Villarroya, F. & López, M. (2017) Hypothalamic AMPK-ER Stress-JNK1 axis mediates the central action of thyroid hormones on energy balance. Cell Metabolism 26 (1): 212-229. DOI: 10.1016/j.cmet.2017.06.014.
  • Seoane-Viaño, I.; Gómez-Lado, N.; Lázare-Iglesias, H.; Barreiro-de-Acosta, M.; Silva-Rodríguez, J.; Luzardo-Álvarez, A.; Herranz, M.; Otero-Espinar, F.; Antúnez-López, J. R.; Lamas, M. J.; Aguiar, P.; Fernández-Ferreiro, A. & Ruibal, Á. (2018) Longitudinal PET/CT evaluation of TNBS-induced inflammatory bowel disease rat model. International Journal of Pharmaceutics 549: 335-342. DOI: 10.1016/j.ijpharm.2018.08.005.
  • Silva-Rodríguez, J.; Cortés, J.; Pardo-Montero, J.; Pérez-Fentes, D.; Herranz, M.; Ruibal, Á. & Aguiar, P. (2015) In vivo quantification of renal function in mice using clinical gamma cameras. Physica Medica: European Journal of Medical Physics 31 (3): 242-247. DOI: 10.1016/j.ejmp.2015.01.013.
  • Silva-Rodríguez, J.; García-Varela, L.; López-Arias, E.; Domínguez-Prado, I.; Cortés, J.; Pardo-Montero, J.; Fernández-Ferreiro, A.; Ruibal, Á.; Sobrino, T. & Aguiar, P. (2016) Impact of benzodiazepines on brain FDG PET quantification after single-dose and chronic administration in rats. Nuclear Medicine and Biology 43 (12): 827-834. DOI: 10.1016/j.nucmedbio.2016.09.001.

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica