QUEN SOMOS

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), créase por asociación das unidades de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) mediante o convenio de colaboración asinado con este fin o 31 de xaneiro de 2008 entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela. O IDIS foi acreditado polo Instituto de Salud Carlos III no ano 2010, ao amparo do RD 339/2004, de 27 de febreiro, sobre acreditación de institutos de investigación sanitaria, constituíndo o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela o núcleo básico do IDIS.

Este consorcio representou un avance significativo na relación entre ambas institucións, baseado no historial de colaboracións preexistentes, entre as que destacamos a existencia de estruturas mixtas entre ambas institucións e a estreita colaboración en materia de asistencia, docencia e investigación formalizada mediante a sinatura do Concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias, publicado por Orde de 18 de xuño de 2001. Este concerto especificaba entre outros os seguintes obxectivos en materia de investigación:

  • Potenciar a investigación das ciencias da saúde, coordinando as actividades da Universidade de Santiago de Compostela coas das institucións sanitarias para unha mellor utilización dos recursos humanos e materiais.
  • Favorecer o desenvolvemento dos departamentos universitarios nas áreas da saúde, potenciando a súa coordinación coas unidades de investigación dos hospitais e demais institucións sanitarias, estimulando as vocacións investigadoras.

Desde a súa creación, o IDIS traballa para identificar e desenvolver novas solucións aos problemas de saúde da sociedade e contribuír ao coñecemento global en saúde. Levou a cabo unha labor investigadora e formativa extensa. Constrúe un espazo no que de forma natural coexisten as actividades enmarcadas na asistencia sanitaria, a formación dos novos profesionais e o desenvolvemento dunha investigación excelente, fomentando ademais a xeración de masa crítica investigadora e dando apoio efectivo a aqueles grupos que inician a súa carreira investigadora, como elemento clave para incrementar aínda máis as capacidades do Instituto.

Do mesmo xeito, o IDIS conta con numerosas plataformas e servizos de apoio de uso común, aportadas polas entidades que o conforman, que permiten o desenvolvemento dunha investigación do máis alto nivel. Dispón, entre outras, de plataformas en tecnoloxías de imaxe, biobanco, en ciencias ómicas, xunto con unidades de soporte e apoio metodolóxico que garanten a calidade nas actividades de I+D+i realizadas. Unha descrición máis detallada destas infraestruturas pódese atopar no documento “Servizos de apoio comúns”.

doctor-icon_1@2x-8
1071
INVESTIGADORES

asociados

groups-icon_2@2x-8
94
GRUPOS

de investigación

bank-icon_2@2x-8
29
M€

de fondos captados

science-icon@2x-8
65
PROXECTOS

de investigación captados

micro-icon@2x-8
754
ARTIGOS

publicados

contract-icon_2@2x-8
282
CONTRATOS

de ensaios clínicos e estudos observacionais

ÁREAS DE INVESTIGACIÓN

idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica