XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Recursos humanos

O departamento de Recursos Humanos da FIDIS é o responsable da xestión de persoas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Entre os nosos obxectivos están o apoio aos investigadores na selección e formación do seu persoal investigador e técnico, e proporcionar os medios necesarios para que estes poidan exercer o seu traballo nas mellores condicións de seguridade laboral.

Podémosche axudar a:

  • Organización e planificación do persoal do teu grupo de investigación previndo as necesidades de persoal a medio e longo prazo adecuándose aos nosos sistemas retributivos, entre outras tarefas.
  • Recrutamento e selección: axudámosche a atraer candidatos competentes para unha oportunidade laboral que poidas ter no teu grupo de investigación, e a realizar o proceso de xestión de candidaturas e selección.
  • Benvida do novo persoal. Proporcionamos os medios necesarios para que o novo persoal poida iniciar a súa actividade laboral (solicitudes de acceso a sistemas informáticos, roupa de traballo de laboratorios, etc).
  • Xestión laboral. Xestionamos todos os procedementos relacionados coa contratación laboral (contratación, baixas, prestacións, nóminas e seguros sociais, prevención de riscos,…) e a concesión de bolsas de investigación da Fundación.
  • Formación: a formación dos traballadores permite ao persoal da empresa adaptarse aos cambios que se producen na sociedade, así como aos avances tecnolóxicos. Ademais da adaptabilidade aos cambios, a empresa debe facilitar formación para a tarefa específica que se ten que realizar dentro da mesma en función dos seus obxectivos e plans.

FIDIS está revisando as súas políticas e prácticas de xestión e promoción da carreira investigadora para optar á acreditación europea Human Resources Excellence in Research (HRS4R).

Este selo recoñece ás institucións que velan pola mellora das condicións laborais do seu persoal investigador en termos de selección, contratación e desenvolvemento profesional, entre outros aspectos, de acordo aos principios da Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a Contratación de Investigadores.

A HRS4R é unha ferramenta destinada a axudar ás organizacións a mellorar a eficiencia, a eficacia e o impacto das accións que se deben levar a cabo para ofrecer un contorno atractivo e de apoio que permitirá atraer e manter ao mellor talento investigador.

Algúns centros de investigación de recoñecido prestixio contan xa con esta acreditación. FIDIS xa se adheriu á Charter&Code e notificou o seu compromiso á Comisión Europea. Actualmente atópase en pleno proceso de implementar mediante a elaboración do Gap Analysis e do Plan de Acción co obxectivo de entregalos para a súa avaliación antes de finalizar o ano 2019.

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica