Imprimir

ONCOMET presenta unha campaña de recaudación de fondos para o estudo da Biopsia Líquida

enero 17th, 2017 Posted by Actualidad, Noticias No Comment yet

GALICIA, NA VANGARDA DA INVESTIGACIÓN ONCOLÓXICA

  • Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Oncomet, pon en marcha unha campaña de micromecenado para recaudar fondos que o permitan seguir avanzando na investigación da biopsia líquida situando así a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica
  • A biopsia líquida é un novo método de análise, máis rápido e menos invasivo, capaz de analizar tumores a través dunha extracción de sangue
  • Os interesados en participar neste proxecto apoiando a investigación contra o cancro poden informarse dos distintos xeitos de colaboración posibles a través da web oncomet.es ou chamando ao 981 955 344.
  • O éxito da campaña contribuiría a colocar a Galicia nunha situación de liderazgo no marco da medicina oncolóxica de precisión
  • A presentación da mesma tivo lugar hoxe no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017.- “Biopsia líquida: Galicia na vangarda da investigación oncolóxica” é o nome da campaña de micromecenado que acaba de poñer en marcha o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet)  e que, de ter o éxito agardado, situaría a Galicia como referente nacional e europeo na investigación oncoloxica de precisión. A través desta campaña, o Dr. Rafael López López, que lidera Oncomet, pedía hoxe a colaboración de todos os galegos e galegas para financiar colaborativa e desinteresadamente un novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. “Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación”, sinalou hoxe o Dr. López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, na presentación do proxecto.

Os interesados en participar nesta campaña apoiando a investigación contra o cancro poden informarse dos distintos xeitos de colaboración a través da web www.oncomet.es ou chamando ao 981 955 344.

A biopsia líquida

Mediante un sinxelo análise de sangue, esta innovadora técnica logra extraer a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real. Entre as súas principais vantaxes atópase o seu carácter non invasivo, que evita ao paciente a ciruxía ou a intervención para a análise, así como a rapidez  nos resultados, dispoñibles nun periodo de dous ou tres días.

Non obstante, é a posibilidade de ofrecer un tratamento máis personalizado o que supón un salto cualitativo para pacientes e oncólogos. A biopsia líquida ofrece unha información de gran precisión que permite coñecer o estado real do tumor e determinar así o tratamento máis axeitado para cada paciente. Deste xeito, evítanse os efectos secundarios de fortes tratamentos que finalmente non van facer  o efecto desexado no pacente.

Tal e como indicou hoxe na presentación da campaña de recaudación de fondos para continuar coa investigación da biopsia líquida  o  Dr. Rafael López,  “agora o futuro está en que as técnicas sexan máis sensibles e rápidas, chegando a ter os resultados da biopsia líquida na mesma consulta médica”.

Segundo López, “todos e cada un de nós podemos contribuír a achegar ese futuro ao presente  a través desta campaña de micromecenado   que  hoxe poñemos en marcha e que permitiría a Oncomet continuar a investigar sobre a biopsia líquida situando así a Galicia na vagarda da investigación oncolóxica de precisión”.

Saúdos

Para máis información e xestión de entrevistas:

Ana López Pimentel / 629 25 37 54 / ana.lopez.pimentel@sergas.es