O conselleiro de Sanidade Jesœs V‡zquez Almui–a, e o reitor da USC, Juan Via–o Rey, presidir‡n o acto de presentaci—n da Memoria de Actividades do Instituto de Investigaci—n Sanitaria de Santiago (IDIS), correspondente ao ano 2015. Ser‡ realizada polo director cient’fico do IDIS, JosŽ Castillo S‡nchez.

Vázquez Almuiña salienta os “resultados de excelencia” acadados polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago

junio 28th, 2016 Posted by Noticias No Comment yet

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu hoxe a presentación da Memoria 2015 do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que definiu como “referencia en Galicia e en España” e do que salientou os seus “resultados de excelencia”.

Os indicadores conseguidos polo persoal do IDIS durante o ano 2015 son, asegurou, “magníficos, tanto en termo cuantitativo como cualitativo”. O conselleiro lembrou que dende a súa posta en marcha en 2008 se conseguiu a acreditación e posterior reacreditación por parte do Instituto de Saúde Carlos III e se fortaleceron os grupos de investigación, incorporando novos investigadores.

Tamén se aumentou a produción científica e se contribuíu á transferencia de coñecemento coas solicitudes de patentes, acordos de licenza ou mesmo coa constitución de spin-offs; e nos próximos meses haberá un novo espazo físico que permitirá poder seguir mantendo este nivel de actividade.

Ademais dos proxectos obtidos en convocatorias en concorrencia competitiva, ensaios clínicos, ou publicacións, o IDIS ten tamén un importante labor de formación tanto en etapa predoutoral como postdoutoral. “Este aspecto é fundamental para a creación dunha masa crítica que nos permita manter o noso nivel de excelencia e asegure o relevo xeracional na nosa comunidade”, considerou Vázquez Almuiña. Neste sentido, resaltou que o IDIS é tamén un exemplo de colaboración e sinerxías entre dúas das máis importantes institucións xeradoras de coñecemento de Galicia, o Sergas e a Universidade de Santiago de Compostela

Desde a Consellería, preténdese responder á responsabilidade da Administración de despregar unha visión estratéxica global para o conxunto do sistema, axudando na estruturación e coordinación dos recursos, algo clave na busca da competitividade. “Queremos, en colaboración coas Universidades, integrar, chegar máis lonxe, a través da suma dos esforzos das persoas que compartimos o interese por mellorar o sistema público de saúde de Galicia. Xuntos somos máis fortes”, afirmou.

O conselleiro destacou o papel de clínicos, investigadores, técnicos e persoal de xestión, “principal activo como organización de coñecemento” e “clave para desenvolver unha investigación biosanitaria de calidade”. Segundo dixo, os beneficios potenciais obtidos polo desenvolvemento da investigación e a innovación son incalculables para os pacientes.

“Queremos ser un sistema sanitario investigador e innovador, centrado nos cidadáns, e que garanta a seguridade, a eficiencia e a participación dos profesionais. O noso traballo, tanto o asistencial como o investigador, adquire sentido cando somos capaces de contribuír ao mantemento e á mellora da súa saúde e da súa calidade de vida, desde antes do nacemento ata o momento en que esta finaliza”, concluíu.

Resultados 2015
Pola súa banda, o director científico do IDIS, José Castillo, expuxo os logros acadados polo instituto no último ano. Destacou, como principal fito, a reacreditación como instituto de investigación sanitaria cunha vixencia de cinco anos. Asemade, salientou a renovación das diferentes comisións asesoras: Comisión de investigación, Comisión de Atención Primaria, Comisión de Calidade e Comisión de Formación.

Na súa exposición dixo que na actualidade o IDIS conta con 706 profesionais dedicados á investigación divididos en 63 grupos organizados en 6 áreas científicas (12 en oncoloxías, 11 en xenética, 14 en endocrinoloxía, 9 en neurociencias, 8 en plataformas e metodoloxía e 9 en enfermidades inflamatorias). No ano 2015 publicáronse 549 artigos orixinais, editoriais e revisións, cun alto índice de impacto. Destes, 253 foron en quartile Q1, 169 en Q2; 71 en Q3; e 56 en Q4.

Con respecto aos ensaios clínicos, o IDIS participa en 133: 25 de carácter nacional, 107 internacionais e 1 local; e en 148 estudos de observación: 104 nacionais, 21 internacionais, 6 rexionais e 17 locais.

VER MEMORIA ANUAL

VER ANEXO A LA MEMORIA ANUAL