{"id":1741,"date":"2019-10-25T14:27:14","date_gmt":"2019-10-25T13:27:14","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=1741"},"modified":"2020-03-03T12:59:26","modified_gmt":"2020-03-03T11:59:26","slug":"a-investigacion-en-pediatria-do-idis-acada-500-000-euros-en-convocatorias-do-isciii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/a-investigacion-en-pediatria-do-idis-acada-500-000-euros-en-convocatorias-do-isciii\/","title":{"rendered":"A investigaci\u00f3n en pediatr\u00eda do IDIS acada 500.000 euros en convocatorias do ISCIII"},"content":{"rendered":"<p style=\"font-weight: 400;\">Investigadores do\u00a0<a href=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/\"><strong>Instituto de Investigaci\u00f3n de Santiago\u00a0<\/strong>(IDIS)<\/a>, do grupo <a href=\"http:\/\/www.genvip.org\">GENVIP<\/a>, coordinado por Federico Martin\u00f3n-Torres, e do grupo GenPoB, dirixido por Antonio Salas, lograron 3 novos proxectos FIS (do Instituto de Salud Carlos III) na recente convocatoria de 2019, o que sumado a outro proxecto acadado na convocatoria de desenvolvemento tecnol\u00f3xico (tam\u00e9n do Carlos III) sup\u00f3n uns novos recursos por valor de case 500.000 euros.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">Estes proxectos s\u00famanse \u00e1 7 macro-proxectos europeos activos nestes intres e 20 ensaios cl\u00ednicos, ademais da colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada coa industria farmac\u00e9utica, cos que o grupo compite na primeira li\u00f1a mundial da investigaci\u00f3n en enfermidades infecciosas e vacinas, e coa que se financia os 38 postos de traballo do equipo. O Instituto de Sa\u00fade Carlos III (Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades) concedeu tres proxectos de investigaci\u00f3n aos grupos GENVIP (Xen\u00e9tica, Vacinas, Enfermidades Infecciosas e Pediatr\u00eda), e o grupo GenPoB (Xen\u00e9tica de Poboaci\u00f3ns en Biomedicina) na \u00faltima convocatoria FIS do plan nacional de investigaci\u00f3n. Os investigadores principais dos tres proxectos son os l\u00edderes dos dous grupos de investigaci\u00f3n citados xunto co investigador Alberto G\u00f3mez Carballa, investigador senior en GENVIP.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">Estes tres proxectos de investigaci\u00f3n s\u00famanse a un cuarto relacionado co plan de proxectos de desenvolvemento tecnol\u00f3xico (DTS) dependente do mesmo ministerio, e que foi tam\u00e9n concedido fai tan s\u00f3 uns meses ao Dr. Salas como investigador principal. Segundo refire Federico Martin\u00f3n \u201ctr\u00e1tase dun esforzo colaborativo entre grupos do IDIS que est\u00e1 a dar moi bos resultados no terreo da produci\u00f3n cient\u00edfica e a consecuci\u00f3n de recursos para investigaci\u00f3n; un exemplo de colaboraci\u00f3n tremendamente frut\u00edfero\u201d. Os catro proxectos relaci\u00f3nanse con li\u00f1as de investigaci\u00f3n vinculadas coa infectolox\u00eda pedi\u00e1trica e un tipo de alerxia alimentaria co\u00f1ecido como a s\u00edndrome de enterocolite por prote\u00ednas alimentarias (Bio- FPIES). A s\u00edndrome de enterocolite por prote\u00ednas alimentarias (FPIES) \u00e9 un tipo de alerxia alimentaria potencialmente moi grave que afecta a 1 de cada 15 nenos. Un dos problemas asociados a esta patolox\u00eda \u00e9 que ten unha presentaci\u00f3n cl\u00ednica inespec\u00edfica e impredicible, que pode ir desde v\u00f3mitos profusos e letargia ata producir hipotensi\u00f3n e shock, e cuxo diagn\u00f3stico \u00e9 dif\u00edcil e por exclusi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">O proxecto\u00a0<strong>Bio-FPIES<\/strong>\u00a0busca desenvolver unha proba diagn\u00f3stica e progn\u00f3stica para FPIES empregando unha abordaxe nova e \u00fanica que poder\u00eda revolucionar o diagn\u00f3stico e tratamento desta enfermidade al\u00e9rxica. Isto ter\u00eda como principal obxectivo minimizar o risco aos que est\u00e1n sometidos estes pacientes permitindo non s\u00f3 un reco\u00f1ecemento temper\u00e1n da enfermidade, sen\u00f3n tam\u00e9n axudando a evitar episodios recorrentes. Segundo o investigador G\u00f3mez Carballa, \u201ceste proxecto permitiranos non s\u00f3 diagnosticar e entender mellor como funciona esta patolox\u00eda a nivel molecular, sen\u00f3n que tam\u00e9n mellorar\u00eda de forma considerable a calidade de vida dos pacientes e as s\u00faas familias, ademais de reducir o gasto de recursos materiais e humanos asociados ao m\u00e9todo diagn\u00f3stico actual.\u201d Para este proxecto creouse especificamente unha rede cl\u00ednica para o recrutamento de pacientes e mostras que incl\u00fae 10 hospitais nacionais e 3 internacionais. Esta rede est\u00e1 coordinada polo grupo de investigaci\u00f3n GENVIP desde o Hospital Cl\u00ednico Universitario de Santiago de Compostela en colaboraci\u00f3n con investigadores do Imperial College de Londres.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">O proxecto\u00a0<strong>ReSVi-omics<\/strong>, coordinado polo dr. Salas est\u00e1 relacionado co virus respiratorio sincitial (VRS), causante da infecci\u00f3n respiratoria m\u00e1is frecuente en nenos e que provoca unha morte infantil cada cinco minutos en todo o mundo. Actualmente o VRS sup\u00f3n unha prioridade de investigaci\u00f3n en sa\u00fade p\u00fablica a nivel mundial. M\u00e1is do 70% dos nenos menores de 2 anos que requiren hospitalizaci\u00f3n por enfermidade grave por VSR son nenos que aparentemente non te\u00f1en afecci\u00f3ns m\u00e9dicas subxacentes ou factores de risco, polo que se desco\u00f1ece a causa das diferenzas no curso da enfermidade nos pacientes. Segundo Salas, \u201centender a interacci\u00f3n virus-h\u00f3spede ser\u00e1 crucial para o desenvolvemento de vacinas e novas terapias antivirais personalizadas que permitan o desenvolvemento de medicamentos novos para a s\u00faa aplicaci\u00f3n terap\u00e9utica na infecci\u00f3n polo VRS, xa que, hoxe en d\u00eda, ning\u00fan tratamento ou vacina demostrou ser \u00fatil\u201d. ReSVi- omics exp\u00f3n un enfoque novo ao estudo da infecci\u00f3n por VRS que implica o estudo da enfermidade desde as diferentes perspectivas da xen\u00f3mica en mostras non invasivas, as\u00ed como o uso de diferentes ferramentas bioinform\u00e1ticas para constru\u00edr modelos que axuden a predicir as interacci\u00f3ns complexas do sistema pat\u00f3xeno-h\u00f3spede. Salas comenta que \u201cisto conducir\u00e1 ao desenvolvemento de ferramentas que permitan non s\u00f3 diagnosticar, sen\u00f3n tam\u00e9n predicir o progn\u00f3stico e a evoluci\u00f3n dun paciente infectado por VRS. Este enfoque servir\u00e1 para abrir novas li\u00f1as para o tratamento personalizado da enfermidade, o reco\u00f1ecemento temper\u00e1n ou a prevenci\u00f3n e o tratamento selectivos dos nenos infectados\u201d. Neste proxecto est\u00e1n involucrados 26 hospitais nacionais e 15 centros de atenci\u00f3n primaria.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">Finalmente, o proxecto\u00a0<strong>ENTEROGEN<\/strong>, liderado polo dr. Martin\u00f3n, estuda as infecci\u00f3ns por enterovirus (EV), a causa principal da meninxite \u201csupostamente benigna\u201d, frecuentes en todo o mundo e que afectan a individuos de diferentes rangos de idade, pero xeralmente os nenos se ven afectados con maior frecuencia. Os enterovirus representan a causa de case o 50% de t\u00f3dalas hospitalizaci\u00f3ns de nenos con febre sen foco, podendo chegar a ser mortal, principalmente en recentemente nados, nenos pequenos e pacientes inmunocomprometidos. Martin\u00f3n indica que \u201cas infecci\u00f3ns por EV aumentaron nos \u00faltimos anos, provocando brotes en todo o mundo debido a variantes emerxentes do virus, como EV71 ou EV68, que causaron un aumento no n\u00famero de secuelas neurol\u00f3xicas graves nos pacientes. En Espa\u00f1a, produciuse un brote importante en 2016 con m\u00e1is de 200 casos confirmados de encefalitis, alg\u00fans deles moi graves producidos pola cepa EV71.\u201d Os s\u00edntomas da enfermidade poden ir desde unha afectaci\u00f3n leve, como unha s\u00edndrome febril simple, arrefriado ou erupci\u00f3n cut\u00e1nea, ata outros m\u00e1is graves, como meninxite, encefalite, afectaci\u00f3n neurol\u00f3xica, miocardite ou sepsis neonatal. En case o 50% dos casos, o EV manif\u00e9stase como febre sen foco e \/ ou como unha s\u00edndrome similar \u00e1 sepse nos nenos pequenos, o que conduce en ocasi\u00f3ns ao uso innecesario de antibi\u00f3ticos contribu\u00edndo \u00e1 aparici\u00f3n de multi-resistencias. Martin\u00f3n manifesta que \u201ccremos que a variabilidade na susceptibilidade e as respostas \u00e1 infecci\u00f3n por EV entre individuos non \u00e9 aleatoria, sen\u00f3n que responde a factores xen\u00e9ticos, e tanto o xenoma do h\u00f3spede como o pat\u00f3xeno contrib\u00faen ao resultado da interacci\u00f3n. O estudo de posibles factores xen\u00e9ticos nos nenos infectados \u00e9 crucial para previr os brotes e tratar aos pacientes, especialmente no que respecta a enfermidades neurol\u00f3xicas en nenos pequenos\u201d. ENTEROGEN utilizar\u00e1 tecnolox\u00edas innovadoras para abordar un problema de crecente importancia no campo das enfermidades infecciosas pedi\u00e1tricas, e os resultados axudar\u00e1n a identificar novos biomarcadores de susceptibilidade e progn\u00f3stico ademais de mellor diagn\u00f3stico da enfermidade.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\"><strong>Sobre GENVIP<\/strong><\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">O grupo de investigaci\u00f3n traslacional de Xen\u00e9tica, Vacinas, Infecci\u00f3ns e Pediatr\u00eda (GENVIP) nace no ano 2008 co reto de avanzar no co\u00f1ecemento das causas e bases xen\u00e9ticas das infecci\u00f3ns pedi\u00e1tricas, facilitando o desenvolvemento de novas abordaxes diagn\u00f3sticas e terap\u00e9uticas, vacinas e estratexias personalizadas de prevenci\u00f3n. Int\u00e9grase na secci\u00f3n de Pediatr\u00eda Cl\u00ednica, Infectol\u00f3xica e Traslacional do Hospital Cl\u00ednico Universitario de Santiago. \u00c1 cabeza de GENVIP at\u00f3panse o dr. Federico Martin\u00f3n Torres, pediatra con gran experiencia cl\u00ednica e cient\u00edfica no campo das enfermidades infecciosas e Xefe do Servizo de Pediatr\u00eda do Hospital Cl\u00ednico Universitario de Santiago, que xunto co dr. Antonio Salas Ellacuriaga, profesor da Facultade de Medicina e xenetista de reco\u00f1ecido prestixio internacional, achegan ao grupo un factor impacto acumulado superior a 2000 ( JCR 2017). GENVIP conta con equipo novo e multidisciplinar integrado por pediatras, xenetistas, inmun\u00f3logos, bionform\u00e1ticos, matem\u00e1ticos, farmac\u00e9uticos, e enfermeiras de investigaci\u00f3n, entre outros.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">GENVIP, \u00e9 un grupo de investigaci\u00f3n centrado fundamentalmente en enfermidades infecciosas e vacinas, que tenta desde unha perspectiva traslacional unha aproximaci\u00f3n nova, integral e transversal, denominada &#8220;wholeomics\u201d, \u00e9 dicir, aplicaci\u00f3n de todas as &#8220;\u00f3micas&#8221; de forma integrada na abordaxe do problema cl\u00ednico.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">GENVIP disp\u00f3n dunha unidade de ensaios cl\u00ednicos pedi\u00e1tricos profesionalizada e competitiva a nivel internacional, que centraliza unha importante proporci\u00f3n dos ensaios de vacinas pedi\u00e1tricos de fase 1 a 3 en Espa\u00f1a e Europa. Coordina ademais a rede espa\u00f1ola de ensaios cl\u00ednicos pedi\u00e1tricos (<a href=\"http:\/\/www.reclip.org\">RECLIP<\/a>). Ademais, colabora con diferentes promotores no dese\u00f1o de programas de desenvolvemento cl\u00ednico de distintos candidatos vacinais e antiinfecciosos. Esta unidade participa ademais en diferentes proxectos independentes europeos.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">GENVIP estableceu e lidera diversas redes e consorcios cli\u0301nicos nacionais e internacionais de investigaci\u00f3n fundamentalmente de pacientes pedi\u00e1tricos con patolox\u00eda infecciosa e ensaios cl\u00ednicos, e participa en 7 macro-proxectos de financiamento europeo.<\/p>\n<p style=\"font-weight: 400;\">Destacan entre outros <a href=\"http:\/\/www.euclids-project.eu\">EUCLIDS<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.prepare-europe.eu\">PREPARE<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.esigem.org\">ESIGEM<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.gendres.org\">GENDRES<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.resvinet.org\">RESVINET<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.poc-id.eu\">POCID<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.mendicos.org\">MENDICOS<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.regalip.org\">REGALIP<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.peform2020.eu\">PERFORM<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.zikaction.org\">ZIKACTION<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.resc-eu.org\">RESCEU\u00a0<\/a>\u00a0o <a href=\"http:\/\/www.connect4children.org\">C4C<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Investigadores do\u00a0Instituto de Investigaci\u00f3n de Santiago\u00a0(IDIS), do grupo GENVIP, coordinado por Federico Martin\u00f3n-Torres, e do grupo GenPoB, dirixido por Antonio Salas, lograron 3 novos proxectos FIS (do Instituto de Salud [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":1742,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[136,137,138,139,140],"class_list":["post-1741","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias","tag-federico-martinon-torres","tag-antonio-salas","tag-isciii","tag-genvip","tag-genpob"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1741","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1741"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1741\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1744,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1741\/revisions\/1744"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1742"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1741"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1741"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1741"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}