Uso das Tecnoloxías Facilitadoras Chave (TFCs), para o Impulso da Innovación nas Pemes do Sector MedTech.

Uso das Tecnoloxías Facilitadoras Chave (TFCs), para o Impulso da Innovación nas Pemes do Sector MedTech.

O proxecto Atlantic KET MED é un proxecto realizado en marco do Programa INTERREG Atlantic Area, co obxectivo de apoiar ás PEMES e ás start-ups no uso das Tecnoloxías Facilitadoras Chave (TFC) para producir dispositivos médicos da nova xeración de tectnoloxía médica- MedTech, potenciando as novas capacidades de produción piloto de alta tecnoloxía no Espazo Atlántico da Unión Europea.

O proxecto está a ser desenvolto por sete socios internacionais e no evento que celebraremos os días 6 e 7 de outubro de 2021, presentaranse resultados clave e as perspectivas das empresas relevantes tanto para o Espazo Atlántico como para todo o sector MedTech.

O programa, que abarca dúas medias xornadas (as mañás do 6 e 7 de outubro), abordará os temas da especialización intelixente, a innovación escalable, as necesidades de educación e formación no sector da tecnoloxía médica, os estudos de casos de proxectos e unha visión xeral do ecosistema de fabricación piloto de Atlantic KET Med, un modelo para o desenvolvemento da produción piloto transnacional. Tamén se presentará a nova técnica da análise da cadea de valor e introducirase o sistema único de GMP (Regulación de boas prácticas de fabricación de produtos médicos) do proxecto no contexto da fabricación piloto.

Socios AKM