Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
investigación transformadora
para curar a túa saúde
A003 – Endocrinoloxía
Coordinador de Área:
Felipe Casanueva Freijo
Obxectivos de investigación
A actividade científica da área de Endocrinoloxía estuda a obesidade desde diferentes vertentes coa participación de grupos do ámbito clínico e básico de forma sinérxica. A súa actividade céntrase no tratamento da obesidade dada a importancia económico-sanitaria que representa actualmente e no futuro.
Na área de Endocrinoloxía converxen grupos consolidados de brillante traxectoria xunto con grupos emerxentes dirixidos por novos doutores cun alto potencial. Estes grupos non só estudan as bases moleculares da obesidade, senón que tamén desenvolven diferentes terapias contra a obesidade e as súas patoloxías asociadas adaptándoa ás singularidades de cada unha das súas liñas de investigación ademais de formar parte de importantes consorcios nacionais e internacionais.
