Citometría de fluxo

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Equipamento

FACSAria IIu sorter

A Unidade compleméntase con cabinas de fluxo laminar, incubadoras, centrífugas, microscopía de fluorescencia e confocal, o que permite ós usuarios realizar dentro da Unidade a maioría dos seus experimentos, evitando problemáticas de viabilidade celular no caso de sorting.

Descrición

A plataforma de citometría-sorter do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), é unha infraestrutura científico-tecnolóxica singular que da servizo a tódolos grupos de investigación do IDIS, así como ás universidades galegas e ó sector biotecnolóxico rexional.

  • A citometría de fluxo é unha técnica de análise de células que permite medir as características de dispersión da luz e a fluorescencia que teñen as células cando pasan a través dun raio de luz. Os principais obxectivos desta plataforma son:
  • Asesorar aos usuarios do IDIS sobre os principios e aplicacións da análise de citometría de fluxo e a clasificación de células.
  • Desenvolver, optimizar e realizar novas aplicacións analíticas demandadas polos investigadores e usuarios.
  • Facer aillamento celular a través da clasificación celular.
  • Cuantificar diferentes citoquinas solubles utilizando probas multiplex.
Servizos

A plataforma de citometría-sorting FACSAria IIu permite a análise de ata 9 parámetros de partículas entre 0.5 e 100 µm, cunha velocidae máxima de 70.000 eventos por segundo. Isto permite identificar diferentes poboacións celulares dentro dunha mesma mostra, determinar presencia de marcadores moleculares, medir aa cantidade de cada un destes marcadores, cuantificar células totais, de poboacións e de subpoboacións; tamén permite recoñecer micropartículas como microvesículas e incluso nanopartículas. Asimesmo, a función de sorting posibilita a separación física de poboacións en función dos 9 parámetros, obtendo así células ou clons purificados ben para cultivos celulares, estudos de expresión proteómica/xénica ou terapia celular.

As características da plataforma permiten que sexa unha ferramenta idónea para a obtención dunha gran cantidade de información nas áreas de bioloxía molecular e celular, patologxía, inmunoloxía, inflamación, xenética, oncoloxía, hematoloxía, cardioloxía, neurociencias, entre outras.

Tarifas
Tarifa interna IDIS Tarifa externa organismos públicos Tarifa externa organismos privados
Caracterización sen CDU 43,29 € 56,28 € 90,04 €
Caracterización con CDU 45,84 € 59,20 € 95,36 €
Análise de datos / Informado / Consultoría 16,81 € 21,85 € 34,96 €

Tarifas sen IVE.

Contacto

Pablo Hervella Lorenzo

Pablo.Hervella.Lorenzo@sergas.es