{"id":1512,"date":"2019-07-08T12:50:25","date_gmt":"2019-07-08T11:50:25","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=1512"},"modified":"2020-03-03T13:00:55","modified_gmt":"2020-03-03T12:00:55","slug":"primeira-investigadora-idis-marie-sklodowska-curie","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/primeira-investigadora-idis-marie-sklodowska-curie\/","title":{"rendered":"O IDIS recibe a Araceli Gago, a primeira investigadora que acada unha Marie Sk\u0142odowska-Curie"},"content":{"rendered":"<h5><strong>Araceli Gago desenvolver\u00e1 un proxecto de investigaci\u00f3n focalizado no desenvolvemento da radioterapia metab\u00f3lica, unha prometedora estratexia terap\u00e9utica contra certos tipos de cancro.<\/strong><\/h5>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/\">Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago<\/a> incorpora por primeira vez a unha investigadora financiada polo prestixioso programa <a href=\"https:\/\/ec.europa.eu\/research\/mariecurieactions\/node_en\">Marie Sk\u0142odowska-Curie Individual Fellowships<\/a> da Comisi\u00f3n Europea, tr\u00e1tase de Araceli Gago. Este programa, establecido en 1996 para honrar \u00e1 primeira muller que obtivo o premio Nobel, financia aos investigadores postdoctorais m\u00e1is destacados nos seus campos para incorporarse a centros de investigaci\u00f3n europeos.<\/p>\n<p>Araceli Gago incorp\u00f3rase ao Grupo de F\u00edsica M\u00e9dica e Biomatem\u00e1ticas do IDIS, baixo a direcci\u00f3n de Juan Pardo Montero (investigador Miguel Servet), e desenvolver\u00e1 un proxecto de investigaci\u00f3n focalizado no desenvolvemento da radioterapia metab\u00f3lica, unha prometedora estratexia terap\u00e9utica contra certos tipos de cancro.<\/p>\n<blockquote><p>Desde o Grupo de F\u00edsica M\u00e9dica e Biomatem\u00e1ticas do IDIS, no Hospital Cl\u00ednico, traballar\u00e1 para afondar na determinaci\u00f3n da dose exacta subministrada a cada paciente na radioterapia metab\u00f3lica, buscando potenciar a eficacia do tratamento e limitar a s\u00faa toxicidade<\/p><\/blockquote>\n<p>Na radioterapia metab\u00f3lica admin\u00edstrase ao paciente un f\u00e1rmaco marcado cun radionucleido. Este f\u00e1rmaco presenta afinidade por determinados receptores das c\u00e9lulas tumorais, e por tanto depos\u00edtase preferentemente no tumor, administrando unha dose t\u00f3xica de radiaci\u00f3n, co obxectivo de controlar o tumor.<\/p>\n<p>Este tipo de terapia presenta importantes puntos fortes: se a especificidade do f\u00e1rmaco polo tumor \u00e9 moi alta, a deposici\u00f3n de dose pode ser moi localizada; c\u00e9lulas tumorais que non conte\u00f1an os receptores do f\u00e1rmaco poden ser eliminadas igualmente debido ao alcance da radiaci\u00f3n; esta terapia pode eliminar non s\u00f3 o tumor primario, se non tam\u00e9n met\u00e1stases, inclu\u00edndo poboaci\u00f3ns de c\u00e9lulas que non son detectables mediante imaxe diagn\u00f3stica.<\/p>\n<p>En Europa real\u00edzanse cada ano m\u00e1is de cen mil de terapias metab\u00f3licas. Existen multitude de radionucleidos aprobados para terapia e moitos m\u00e1is en desenvolvemento, inclu\u00edndo vectores moi espec\u00edficos a determinados receptores tumorais. Dentro dos f\u00e1rmacos dispo\u00f1ibles podemos destacar, polo seu uso, os seguintes: o ioduro s\u00f3dico marcado co radiois\u00f3topo I-131 \u00e9 utilizado tanto en tratamentos de cancro de tiroides e met\u00e1stases; o MIBG marcado I-131 utilizado para o tratamento de neuroblastomas; o Lu-177, que se utiliza no tratamento de certos linfomas e outros tumores neuroendocrinos mediante ligadura a un p\u00e9ptido con afinidade polas c\u00e9lulas tumorais; o cloruro de radio, marcado con Ra-223 util\u00edzase en tratamentos de met\u00e1stases \u00f3seas.<\/p>\n<p>En radioterapia externa a dose de radiaci\u00f3n depositada no paciente (tanto no tumor como nos \u00f3rganos\/tecidos circundantes) co\u00f1\u00e9cese con moita precisi\u00f3n, e \u00e9 o factor cr\u00edtico \u00e1 hora de dese\u00f1ar o tratamento, buscando unha alta eficacia terap\u00e9utica e unha baixa toxicidade. Isto non sucede nas radioterapias metab\u00f3licas, onde a dosimetr\u00eda interna en paciente est\u00e1 suxeita a moitas m\u00e1is incertezas, e a administraci\u00f3n do tratamento se gu\u00eda por criterios emp\u00edricos que establecen a cantidade de f\u00e1rmaco a administrar. Isto \u00e9 debido a que se trata dunha terapia sist\u00e9mica, con radionucleidos que tardan varios d\u00edas en desintegrarse.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dunha das limitaci\u00f3ns m\u00e1is importantes da radioterapia metab\u00f3lica, as\u00ed reco\u00f1ecida por numerosos expertos. Esta limitaci\u00f3n imposibilita realizar unha planificaci\u00f3n de tratamentos personalizada baseada en m\u00e9todos exactos, que potencie a eficacia do tratamento e limite a s\u00faa toxicidade. O desenvolvemento de m\u00e9todos e algoritmos para dosimetr\u00eda de radiaci\u00f3ns de alta precisi\u00f3n en radioterapia metab\u00f3lica \u00e9 unha li\u00f1a prioritaria do Grupo de F\u00edsica M\u00e9dica e Biomatem\u00e1ticas.<\/p>\n<p>O proxecto de Araceli Gago contribuir\u00e1 a esta li\u00f1a de investigaci\u00f3n, inclu\u00edndo: o desenvolvemento de modelos biocin\u00e9ticos para describir a biodistribuci\u00f3n do f\u00e1rmaco; m\u00e9todos de c\u00e1lculo de dose 4D para determinar a distribuci\u00f3n de dose en pacientes tratados con radioterapia metab\u00f3lica; e a incorporaci\u00f3n de modelos radiobiol\u00f3xicos para avaliar e optimizar a eficacia\/toxicidade do tratamento administrado.<\/p>\n<h4>Programa Marie Curie<\/h4>\n<p>O<a href=\"https:\/\/ec.europa.eu\/research\/mariecurieactions\/node_en\"> programa comunitario Marie Curie<\/a> enm\u00e1rcase no <a href=\"https:\/\/eshorizonte2020.es\/\">Programa Horizonte 2020<\/a> da Uni\u00f3n Europea e financia o desenvolvemento profesional do persoal investigador a trav\u00e9s de varias li\u00f1as de axudas: unhas para centros e organismos e outras dirixidas individualmente a investigadores. A iniciativa pretende, entre outros obxectivos, animar aos cient\u00edficos europeos que traballan f\u00f3ra das fronteiras da UE para volver a Europa, retendo a denominada &#8220;fuga de cerebros&#8221;, as\u00ed como atraer a mozos investigadores doutros continentes para que realicen os seus proxectos en centros europeos.<\/p>\n<p>Os contratos <a href=\"https:\/\/ec.europa.eu\/research\/mariecurieactions\/actions\/individual-fellowships_en\">Marie Sk\u0142 odowska- Curie Individual Fellowships<\/a>, caracter\u00edzanse por ser altamente competitivas, tanto pola calidade como polo n\u00famero de propostas presentadas. As\u00ed na convocatoria 2018 present\u00e1ronse un total de 9.676 solicitudes e s\u00f3 1.351 (13,96%) foron seleccionadas, sendo a nota media de corte do 91,83%.<\/p>\n<p>Araceli Gago Arias (Lugo, 1985), licenciada en F\u00edsica, presentou a s\u00faa tese doutoral en F\u00edsica M\u00e9dica na Universidade de Santiago de Compostela en 2013. Durante o \u00faltimos cinco anos traballou na Pontificia Universidade Cat\u00f3lica de Chile, onde chegou como investigadora postdoutoral financiada polo programa ePLANET, obtendo despois unha praza como profesora asistente. Nestes anos compaxinou labores docentes e de investigaci\u00f3n, centrada nas aplicaci\u00f3ns m\u00e9dicas da f\u00edsica e as matem\u00e1ticas, especialmente no tratamento do cancro e a radioterapia.<\/p>\n<p>Na convocatoria do exercicio 2018 adem\u00e1is da aprobaci\u00f3n do proxecto de Araceli Gago, o <a href=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/\">IDIS <\/a>obtivo o selo \u201cSeal of Excelence\u201d para a segunda das solicitudes presentadas, que reco\u00f1ece os proxectos non aprobados pero que conseguiron unha puntaci\u00f3n superior ao 85% no proceso de avaliaci\u00f3n. Sinalar que para 2019, a convocatoria das Individuals Fellowships xa est\u00e1 aberta, sendo a data de peche o 11 de setembro \u00e1s 17:00 horas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Araceli Gago desenvolver\u00e1 un proxecto de investigaci\u00f3n focalizado no desenvolvemento da radioterapia metab\u00f3lica, unha prometedora estratexia terap\u00e9utica contra certos tipos de cancro.<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":1513,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[90,117,118,119],"class_list":["post-1512","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias","tag-investigacion","tag-marie-sklodowska-curie","tag-araceli-gago","tag-horizonte-2020"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1512","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1512"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1512\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1528,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1512\/revisions\/1528"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1513"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1512"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1512"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1512"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}