{"id":26513,"date":"2023-01-23T10:57:48","date_gmt":"2023-01-23T09:57:48","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=26513"},"modified":"2023-01-23T10:57:48","modified_gmt":"2023-01-23T09:57:48","slug":"o-bullying-na-infancia-e-na-adolescencia-pode-ter-una-impacto-sobre-a-saude-na-idade-adulta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-bullying-na-infancia-e-na-adolescencia-pode-ter-una-impacto-sobre-a-saude-na-idade-adulta\/","title":{"rendered":"O bullying na infancia e na adolescencia pode ter una impacto sobre a sa\u00fade na idade adulta"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 13 de xaneiro 2023<\/strong>.- O impacto que ten sobre a sa\u00fade na idade adulta o ter sufrido bullying na infancia centrou un estudo recentemente publicado na prestixiosa revista <em>International Journal Traslational Medicine<\/em> no que colaborou o investigador do IDIS Roberto Carlos Agis Balboa.<\/p>\n<p>Condutas tales como insultos, ameazas, alcumes, rexeitamento e mesmo agresi\u00f3ns f\u00edsicas por parte de pares non \u00e9 unha circunstancia illada. Cando se sofre tal tipo de experiencia repetidamente e\/ou durante prolongados per\u00edodos, f\u00e1lase de acoso escolar ou bullying. Os estudos sobre o acoso demostraron que \u00e9 unha situaci\u00f3n extremadamente dif\u00edcil con ramificaci\u00f3ns negativas sobre a sa\u00fade mental xa non s\u00f3 no contexto da s\u00faa ocorrencia sen\u00f3n tam\u00e9n a longo prazo.<\/p>\n<p>Por exemplo, hai evidencia de que aqueles que sufriron acoso escolar \u00e9 m\u00e1is probable que presenten problemas psicol\u00f3xicos como depresi\u00f3n e ansiedade na s\u00faa vida adulta. O impacto do acoso escolar pode explicarse polo feito de que sup\u00f3n unha ameaza \u00e1 necesidade b\u00e1sica de ser aceptado e sentirse integrado no c\u00edrculo social. Ao longo de todo o ciclo vital a conexi\u00f3n social positiva \u00e9 importante para o benestar, pero durante os anos formativos poder\u00edao ser a\u00ednda m\u00e1is.<\/p>\n<p>As\u00ed, non \u00e9 sorprendente que te\u00f1a un impacto non s\u00f3 na propia autopercepci\u00f3n ou identidade sen\u00f3n tam\u00e9n nas relaci\u00f3ns sociais e mesmo a nivel neurobiol\u00f3xico.<\/p>\n<p>Por outra banda, o acoso escolar poder\u00eda concibirse como unha clase de estr\u00e9s t\u00f3xico sobre os sistemas neurobiol\u00f3xicos de resposta ao estr\u00e9s con implicaci\u00f3ns a longo prazo en aspectos como a reactividade psicofisiol\u00f3xica e\/o maior proclividade a sufrir s\u00edntomas f\u00edsicos diversos.<\/p>\n<p>A\u00ednda que hai evidencia clara sobre a relaci\u00f3n entre acoso escolar e problemas emocionais a longo prazo, apenas hai estudos que explorasen a s\u00faa posible asociaci\u00f3n cos problemas da personalidade salvo alg\u00fans que suxiren a s\u00faa asociaci\u00f3n co denominado trastorno l\u00edmite da personalidade. No traballo pregunt\u00e1monos se, \u201centre pacientes adultos, sufrir acoso escolar na infancia\/adolescencia as\u00f3ciase con trazos da personalidade disfuncionais ou problem\u00e1ticos a longo prazo como os que conforman os distintos trastornos da personalidade reco\u00f1ecidos nas clasificaci\u00f3ns psicopatol\u00f3xicas. Estes trazos consid\u00e9ranse disfuncionais por comprometer a adaptaci\u00f3n e benestar\u201d indica Roberto Carlos Agis Balboa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para responder a esta cuesti\u00f3n form\u00e1ronse dous grupos de pacientes segundo referisen ou non sufrir acoso escolar. A trav\u00e9s dun cuestionario e entrevista cl\u00ednica comparouse a presenza de trazos disfuncionais da personalidade diversos en ambos os grupos.<\/p>\n<p>O principal resultado do estudo foi que aqueles con antecedentes na s\u00faa infancia\/adolescencia de acoso escolar era significativamente m\u00e1is probable que cumprisen os criterios que se empregan para o diagn\u00f3stico de tres dos trastornos da personalidade: o evitativo, o depresivo e o paranoide.<\/p>\n<p>De modo resumido, estes pacientes tend\u00edan a presentar maiores niveis de ansiedade social e anticipaci\u00f3ns de rexeitamento, unha percepci\u00f3n m\u00e1is devaluada de si mesmos, sentimentos de infelicidade cr\u00f3nicos e acusada tendencia \u00e1 desconfianza nas relaci\u00f3ns cos demais. Os resultados poden interpretarse como reflexo do papel do acoso no inicio de pautas de conduta e actitudes disfuncionais que poden prolongarse ao longo da vida e que comprometen o benestar. \u00c9 importante destacar que por definici\u00f3n as persoas que participaron no estudo sufr\u00edan de problemas psicol\u00f3xicos para os que buscaran atenci\u00f3n en sa\u00fade mental. As conclusi\u00f3ns, por tanto, non poden xeneralizarse \u00e1 poboaci\u00f3n xeral.<\/p>\n<p>\u00c9 dicir, os pacientes con historia de acoso escolar do estudo probablemente ter\u00edan unha traxectoria problem\u00e1tica ao longo da s\u00faa vida na que hipoteticamente o acoso puido xogar un papel relevante.<\/p>\n<p>Con todo, \u00e9 probable que moitas persoas que pasan por este tipo de circunstancia te\u00f1an traxectorias vitais moi diferentes e que mostren resiliencia fronte a esta adversidade. Por outra banda, a\u00ednda que se conciba como unha circunstancia de especial relevancia polo sinalado, non deixa de formar parte dun contexto no que pode haber outras moitas influencias importantes que poden mediar ou moderar o seu impacto: hai m\u00faltiples v\u00edas que levan a puntos finais de adaptaci\u00f3n ou desadaptaci\u00f3n e o impacto do acoso variar\u00e1 dentro do propio contexto xunto con outras condici\u00f3ns.<\/p>\n<p>Ao longo dos anos houbo unha preocupaci\u00f3n crecente por esta problem\u00e1tica con diversas investigaci\u00f3ns que non s\u00f3 documentan a s\u00faa relevancia para os trastornos psicol\u00f3xicos, sen\u00f3n tam\u00e9n centradas na eficacia das intervenci\u00f3ns preventivas. Non en balde o acoso escolar consid\u00e9rase como unha prioridade nas pol\u00edticas de sa\u00fade p\u00fablica e hai evidencia da eficacia dos programas dirixidos a previr este tipo de condutas.<\/p>\n<p>Traballo de investigaci\u00f3n sobre bullying realizado por <strong>Rafael Fern\u00e1ndez y Roberto Ag\u00eds<\/strong>, do IISGS e do IDIS, respectivamente: <a href=\"https:\/\/www.mdpi.com\/2673-8937\/3\/1\/2\">https:\/\/www.mdpi.com\/2673-8937\/3\/1\/2<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ven de ser publicado na prestixiosa revista International Journal Translational Medicine <\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-26513","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26513","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=26513"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26513\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":26751,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/26513\/revisions\/26751"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=26513"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=26513"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=26513"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}