{"id":31631,"date":"2024-01-03T12:40:44","date_gmt":"2024-01-03T11:40:44","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=31631"},"modified":"2024-01-03T12:40:44","modified_gmt":"2024-01-03T11:40:44","slug":"o-idis-participa-nun-proxecto-europeo-que-conseguiu-mellorar-o-tratamento-trombolitico-da-fase-aguda-do-ictus","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-participa-nun-proxecto-europeo-que-conseguiu-mellorar-o-tratamento-trombolitico-da-fase-aguda-do-ictus\/","title":{"rendered":"O IDIS participa nun proxecto europeo que conseguiu mellorar o tratamento trombol\u00edtico da fase aguda do ictus"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2024.- <\/strong>O\u00a0ictus isqu\u00e9mico \u00e9 unha das principais causas de mortalidade e discapacidade actualmente. Ao longo de tres anos, os investigadores do grupo Ictus Traslacional do IDIS (TREAT) e do grupo Bionanotools do CIQUS (USC) conseguiron optimizar o \u00fanico tratamento farmacol\u00f3xico existente para a fase\u00a0 aguda da enfermidade a trav\u00e9s de nanopart\u00edculas.<\/p>\n<p>O estudo titulado &#8220;Terapia trombol\u00edtica a base de nanotransportadores liofilizados derivados de plaquetas para o ictus isqu\u00e9mico\u201d acaba de ser publicado no Journal of Nanobiotechnology, unha revista de alto impacto cient\u00edfico. Esta investigaci\u00f3n foi coordinada polos investigadores do IDIS Francisco Campos e Clara Correa; e Pablo Pino, Beatriz Pelaz e Ester Polo dende a USC. O traballo tam\u00e9n se desenvolveu como parte da tese doutoral da investigadora do CIQUS, Martina Migliavacca, unha das autoras principais.<\/p>\n<p>O ictus isqu\u00e9mico orix\u00ednase pola presenza dun trombo que impide o fluxo sangu\u00edneo cerebral. O \u00fanico tratamento farmacol\u00f3xico na fase aguda \u00e9 o activador do plasmin\u00f3geno tisular (rtPA), que desfai o trombo. \u201cO problema deste tratamento \u00e9 que s\u00f3 pode administrarse nas primeiras horas tras o inicio dos s\u00edntomas do ictus, ademais ten unha vida media curta, \u00e9 dicir, degr\u00e1dase rapidamente e nalgunhas circunstancias pode causar hemorraxias\u201d, sinala a investigadora Clara Correa.<\/p>\n<p>Neste traballo utilizouse a nanomedicina para evitar os efectos secundarios do rtPA, xa que as nanopart\u00edculas poden protexer ao f\u00e1rmaco da s\u00faa degradaci\u00f3n e dirixir o tratamento ao trombo, onde o tratamento ten que facer efecto. Para iso utilizaron unhas novas nanopart\u00edculas, denominadas biomim\u00e9ticas, formadas unicamente por membranas de plaquetas. As\u00ed as part\u00edculas encapsulan o rtPA e cam\u00faflano no sangue, evitando que se degrade e chegue ao trombo con maior facilidade.<\/p>\n<p>&#8220;Mediante a encapsulaci\u00f3n do f\u00e1rmaco conseguiuse protexer a s\u00faa actividade, aumentar a s\u00faa eficacia terap\u00e9utica e reducir os efectos adversos que causa\u201d, sinala a investigadora Clara Correa. Ademais, levouse a cabo un proceso de liofilizaci\u00f3n destas nanopart\u00edculas, conseguindo que poidan conservarse e almacenarse a longo prazo, superando con \u00e9xito uno dos principais obst\u00e1culos para a aplicaci\u00f3n e comercializaci\u00f3n de medicamentos.<\/p>\n<p><strong>Referencias<\/strong><\/p>\n<p>En colaboraci\u00f3n con laboratorios de Francia e Canad\u00e1, o grupo Ictus Traslacional do IDIS e o grupo Bionanotools do CIQUS (USC) acaban de publicar este artigo no contexto do Proxecto Europeo PLATMED, da Convocatoria Euronanomed, no que traballaron desde hai 3 anos.<\/p>\n<p>Link para consulta do artigo:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/link.springer.com\/article\/10.1186\/s12951-023-02206-5?utm_source=rct_congratemailt&amp;utm_medium=email&amp;utm_campaign=oa_20240103&amp;utm_content=10.1186\/s12951-023-02206-5\">https:\/\/link.springer.com\/article\/10.1186\/s12951-023-02206-5?utm_source=rct_congratemailt&amp;utm_medium=email&amp;utm_campaign=oa_20240103&amp;utm_content=10.1186\/s12951-023-02206-5<\/a><\/p>\n<p><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre IDIS<\/strong><\/p>\n<p>O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) naceu en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III dende o ano 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1.213 profesionais, 106 grupos de investigaci\u00f3n, 43,5 M\u20ac de fondos recadados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu traballo ao incremento do co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O traballo est\u00e1 coordinado por investigadores do CIQUS e do IDIS co obxectivo de evitar a degradaci\u00f3n do f\u00e1rmaco rtPA a trav\u00e9s de nanopart\u00edculas<\/p>\n","protected":false},"author":15,"featured_media":31634,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-31631","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31631","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/15"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31631"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31631\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31636,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31631\/revisions\/31636"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31634"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31631"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31631"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31631"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}