{"id":31781,"date":"2024-01-12T15:22:09","date_gmt":"2024-01-12T14:22:09","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=31781"},"modified":"2024-01-17T19:15:18","modified_gmt":"2024-01-17T18:15:18","slug":"o-idis-incorpora-o-primeiro-microscopio-multifoton-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-incorpora-o-primeiro-microscopio-multifoton-de-galicia\/","title":{"rendered":"O IDIS incorpora o primeiro microscopio multifot\u00f3n de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024.- <\/strong>O IDIS presentou esta ma\u00f1\u00e1 a s\u00faa \u00faltima incorporaci\u00f3n tecnol\u00f3xica: un microscopio multifot\u00f3n. Tr\u00e1tase do primeiro equipo de imaxe con estas caracter\u00edsticas instalado en Galicia, e un dos poucos equipos que hai na Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, que dar\u00e1 servizo ao persoal investigador do IDIS, as\u00ed como ao resto de grupos que apoiaron esta solicitude pertencentes ao Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica INIBIC (A Coru\u00f1a) e IIS Galicia Sur (Vigo), en territorio galego; as\u00ed como ISPA (Asturias), IBSAL (Salamanca) e IDIPAZ (Madrid) no resto de comunidades.<\/p>\n<p>O acto celebrado no Anfiteatro do IDIS, estivo presidido por Elo\u00edna N\u00fa\u00f1ez Masid, xerente da \u00e1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, e M\u00aa Luz Couce Pico, directora cient\u00edfica do IDIS, e no que participou Pablo Hervella, responsable do manexo desta plataforma. \u201cA adquisici\u00f3n desta nova infraestrutura \u00e9, sen d\u00fabida, para o IDIS e os demais centros participantes, unha iniciativa estrat\u00e9xica que axudar\u00e1 a consolidarse como entidades de referencia internacional en investigaci\u00f3n, posibilitando que se contin\u00fae desenvolvendo o puxante sector biotecnol\u00f3xico da rexi\u00f3n\u201d, sinalaba M\u00aa Luz Couce.<\/p>\n<p>A adquisici\u00f3n do microscopio multifot\u00f3n foi impulsada a iniciativa de Jos\u00e9 Castillo, director cient\u00edfico do IDIS no momento da solicitude da proposta, e foi adquirida grazas \u00e1 obtenci\u00f3n dunha axuda na convocatoria competitiva de infraestruturas do Instituto de Sa\u00fade Carlos III, que o financiou con 1.150.000 \u20ac, con cargo aos fondos europeos Next Generation. Na proposta participaron os seis institutos de investigaci\u00f3n sanitaria mencionados, pertencentes a catro comunidades aut\u00f3nomas diferentes. O equipo instalouse nos Laboratorios de Investigaci\u00f3n en Neurociencias Cl\u00ednicas do IDIS, sendo unha plataforma que permitir\u00e1 a visualizaci\u00f3n de tecidos, c\u00e9lulas e outras mostras biol\u00f3xicas de tama\u00f1o submicrom\u00e9tricos, tanto en condici\u00f3ns in vitro como in vivo.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o responsable do manexo do microscopio multifot\u00f3n, Pablo Hervella, quixo agradecer o traballo dos tres institutos que participaron na proposta e a todos os que impulsaron a incorporaci\u00f3n desta nova infraestrutura, \u201csen ese labor tan complicado non ser\u00eda posible\u201d, sinalou o investigador. Tam\u00e9n a xerente da \u00e1rea sanitaria, Elo\u00edna N\u00fa\u00f1ez, resaltou a xenerosidade dos institutos que colaboraron na proposta \u201cpara gozar dunha tecnolox\u00eda como esta que, evidentemente, \u00e9 dif\u00edcil conseguir e que axudar\u00e1 a ampliar o persoal investigador, ao mesmo tempo que fortalecer\u00e1 as nosas relaci\u00f3ns con outros centros, non s\u00f3 a nivel nacional, sen\u00f3n tam\u00e9n internacional\u201d, conclu\u00edu a xerente.<\/p>\n<p>A plataforma conta cun equipo de imaxe moi vers\u00e1til que ser\u00e1 utilizado en diversas \u00e1reas de investigaci\u00f3n como neurociencias, oncolox\u00eda, cardiolox\u00eda, endocrinolox\u00eda ou enfermidades raras, \u201cpotenciando de maneira relevante a investigaci\u00f3n traslacional, repercutindo de forma directa na calidade de vida dos pacientes e na optimizaci\u00f3n de recursos do sistema sanitario\u201d, sinalou Elo\u00edna N\u00fa\u00f1ez Masid. O novo microscopio multifot\u00f3n permitir\u00e1 aos grupos de investigaci\u00f3n incrementar de forma relevante a s\u00faa participaci\u00f3n en proxectos e consorcios europeos, as\u00ed como as s\u00faas relaci\u00f3ns coa industria farmac\u00e9utica e biotecnol\u00f3xica, ao aumentar con esta adquisici\u00f3n a capacidade tecnol\u00f3xica. Ademais, este novo equipamento favorecer\u00e1 a incorporaci\u00f3n de investigadores que desenvolvan estudos precl\u00ednicos nos centros, como paso previo ao desenvolvemento de diferentes ensaios cl\u00ednicos.<\/p>\n<p>O acto de presentaci\u00f3n contou coa asistencia do persoal investigador do IDIS, as\u00ed como os representantes doutros centros que participaron na proposta da adquisici\u00f3n da infraestrutura: Mar Castellanos, directora do INIBIC; Francisco Blanco, exdirector cient\u00edfico do INIBIC; Jos\u00e9 Ram\u00f3n Fern\u00e1ndez Lorenzo, exdirector cient\u00edfico do IISGS; e \u00c1ngeles Almeida Parra, subdirectora cient\u00edfica do Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica de Salamanca.<\/p>\n<p><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre IDIS<\/strong><\/p>\n<p>O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) naceu en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III dende o ano 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1.213 profesionais, 106 grupos de investigaci\u00f3n, 43,5 M\u20ac de fondos recadados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu traballo ao incremento do co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A infraestrutura dar\u00e1 servizo ao persoal dos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria galegos e permitir\u00e1 visualizar mostras biol\u00f3xicas submicrom\u00e9tricas tanto in vitro como in vivo.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":31785,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-31781","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31781","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=31781"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31781\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31789,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/31781\/revisions\/31789"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/31785"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=31781"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=31781"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=31781"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}