{"id":32235,"date":"2024-02-09T15:33:01","date_gmt":"2024-02-09T14:33:01","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=32235"},"modified":"2024-02-09T15:33:01","modified_gmt":"2024-02-09T14:33:01","slug":"o-idis-celebra-o-dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-cun-acto-no-que-participan-cientificas-dos-tres-institutos-de-investigacion-sanitaria-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-celebra-o-dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia-cun-acto-no-que-participan-cientificas-dos-tres-institutos-de-investigacion-sanitaria-de-galicia\/","title":{"rendered":"O IDIS celebra o D\u00eda da Muller e a Nena na Ciencia cun acto no que participan cient\u00edficas dos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024<\/strong>.- O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) acolleu esta ma\u00f1\u00e1 un acto para conmemorar o D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora cada ano, o 11 de febreiro. Esta \u00e9 unha data proclamada pola Asemblea Xeral das Naci\u00f3ns Unidas para po\u00f1er en valor o traballo realizado polas mulleres que traballan no \u00e1mbito\u00a0 cient\u00edfico.<\/p>\n<p>Como este ano coincide en domingo, o IDIS adiantou a celebraci\u00f3n a este venres e organizou unha xornada de divulgaci\u00f3n na que quixo visibilizar o traballo das investigadoras galegas, para o que reuniu persoal dos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria. de Galicia: o Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica da Coru\u00f1a (INIBIC), o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur (IISGS) e o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), no que m\u00e1is da metade do persoal adscrito son mulleres (56%) e o 33% son l\u00edderes de grupo.<\/p>\n<p>No acto asistiron as directoras cient\u00edficas dos tres centros, M.\u00aa Luz Couce Pico, Mar Castellanos Rodrigo e Eva P\u00f3veda L\u00f3pez, as\u00ed como a xerente do Servizo Galego de Sa\u00fade, Estrella L\u00f3pez-Pardo, e a xerente da \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbaza, Elo\u00edna N\u00fa\u00f1ez Masid.<\/p>\n<p>L\u00f3pez-Pardo destacou a importancia que ten a investigaci\u00f3n na nova \u201cmedicina preventiva personalizada e participativa na que o traballo da investigaci\u00f3n \u00e9 fundamental\u201d. O xerente do Sergas aposta por \u201cseguir aplicando li\u00f1as de excelencia con proxectos innovadores como os que se puxeron en marcha nos \u00faltimos meses e que supor\u00e1n un cambio de paradigma na sanidade\u201d. Destacou o incremento anual do 10% que a Xunta dedica \u00e1 investigaci\u00f3n e avogou por &#8220;continuar o apoio para seguir avanzando. Non hai l\u00edmites para o futuro da ciencia e da medicina. A investigaci\u00f3n responsable promove unha ciencia m\u00e1is aberta, inclusiva e igualitaria&#8221;.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Elo\u00edna N\u00fa\u00f1ez quixo destacar \u201ca posici\u00f3n vantaxosa que ten agora Galicia, onde o persoal investigador pode consolidar a s\u00faa posici\u00f3n e estabilizarse\u201d. Nesta cuesti\u00f3n tam\u00e9n incidiu a directora cient\u00edfica do IDIS, Mar\u00eda Luz Couce, quen asegurou que \u201ctemos unha oportunidade laboral que ata agora non exist\u00eda e que sit\u00faa a Galicia \u00e1 vangarda do Estado para desenvolver unha carreira cient\u00edfica\u201d.<\/p>\n<p>As directoras cient\u00edficas do Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica da Coru\u00f1a (INIBIC) e do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur (IISGS) agradeceron a organizaci\u00f3n do evento conxunto que demostra a boa relaci\u00f3n e, sobre todo, a cooperaci\u00f3n entre os tres institutos, que resulta no seu bo funcionamento e na propia sa\u00fade.<\/p>\n<p><strong>Di\u00e1logo cient\u00edfico e obradoiros<\/strong><br \/>\nA continuaci\u00f3n, participaron varias mulleres biom\u00e9dicas dos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria de Galicia, como Luisa M.\u00aa Seoane Camino, Laura Muinelo Romay, Rosaura Pic\u00e1ns Leis e Alana Arag\u00f3n Herrera, do IDIS; Mar\u00eda del Mar Tom\u00e1s Carmona, Carmen N\u00fa\u00f1ez Carro e Ux\u00eda Nogueira Recalde, do INIBIC; e Ana Concheiro Guis\u00e1n, M.\u00aa Luisa Torres Dur\u00e1n, Mar\u00eda Gallardo G\u00f3mez e Sara Mart\u00ednez Ramos, do IISGS.<br \/>\nNeste \u201cdi\u00e1logo\u201d p\u00faxose de manifesto o importante papel que as investigadoras te\u00f1en na actualidade, na sociedade en xeral e na nosa comunidade aut\u00f3noma en particular, unha contribuci\u00f3n imprescindible para o funcionamento dunha actividade de m\u00e1xima relevancia para a sociedade.<\/p>\n<p>A xornada rematou cunha actividade para o alumnado de bacharelato do IES Xuli\u00e1n Magari\u00f1os de Negreira. Obradoiros cient\u00edficos dirixidos a &#8220;co\u00f1ecer de primeira man a actividade que desenvolven os cient\u00edficos do noso instituto&#8221;, segundo explicou a directora cient\u00edfica do IDIS.<\/p>\n<p><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre IDIS<\/strong><\/p>\n<p>O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) naceu en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III dende o ano 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1.213 profesionais, 106 grupos de investigaci\u00f3n, 43,5 M\u20ac de fondos recadados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu traballo ao incremento do co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O acto foi presentado polas persoas responsables do Servizo Galego de Sa\u00fade e da \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, e contou coa participaci\u00f3n das directoras cient\u00edficas do IDIS, INIBIC e IISGS.<\/p>\n<p>O alumnado de bacharelato do IES Xuli\u00e1n Magari\u00f1os de Negreira participou en obradoiros cient\u00edficos destinados a co\u00f1ecer a actividade que realizan as cient\u00edficas do IDIS.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":32233,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-32235","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32235","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32235"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32235\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":32246,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32235\/revisions\/32246"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/32233"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32235"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32235"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32235"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}