{"id":32440,"date":"2024-03-04T12:01:09","date_gmt":"2024-03-04T11:01:09","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=32440"},"modified":"2024-03-01T16:04:15","modified_gmt":"2024-03-01T15:04:15","slug":"a-dieta-atlantica-reduciria-significativamente-o-risco-de-sufrir-sindrome-metabolica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/a-dieta-atlantica-reduciria-significativamente-o-risco-de-sufrir-sindrome-metabolica\/","title":{"rendered":"A dieta atl\u00e1ntica reducir\u00eda significativamente o risco de sufrir s\u00edndrome metab\u00f3lica"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024.-<\/strong> A dieta atl\u00e1ntica, presente na maior\u00eda de fogares galegos e do norte de Portugal, reducir\u00eda significativamente a incidencia da s\u00edndrome metab\u00f3lica e, con iso, o risco de sufrir enfermidades como a diabetes ou a cardiopat\u00eda coronaria. \u00c9 a principal conclusi\u00f3n dun novo estudo que acaba de ser publicado na revista cient\u00edfica <em>JAMA Network<\/em> e que est\u00e1 a ter unha gran repercusi\u00f3n en todo o mundo, especialmente nos EUA, onde o <em>Washington Post<\/em> interesouse por este traballo e entrevistou a investigadora principal, a doutora Mar Calvo Malvar, do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela.<\/p>\n<p>Xunto con ela, forman parte do equipo os doutores Francisco Gude Sampedro, Alfonso Javier Beni\u0301tez Est\u00e9vez, Mari\u0301a Rosaura Leis Trabazo e Juan Jose\u0301 Sa\u0301nchez Castro, da \u00c1rea de Xestio\u0301n Integrada de Santiago de Compostela, as\u00ed como os profesionais do Centro de Atenci\u00f3n Primaria da Estrada, que colaboraron no estudo achegando as 250 familias participantes.<\/p>\n<p>As familias divid\u00edronse en dous grupos: un continuou cos seus men\u00fas habituais (grupo control) e no outro levouse a cabo unha intervenci\u00f3n para modificar h\u00e1bitos nutricionais (grupo intervenci\u00f3n). As familias deste grupo recibiron sesi\u00f3ns educativas sobre nutrici\u00f3n, participaron nunha clase de coci\u00f1a dirixida por un chef local e recibiron material de apoio, ademais de cestas de alimentos que conti\u00f1an unha variedade de produtos de orixe local t\u00edpicos da dieta tradicional atl\u00e1ntica.<\/p>\n<p>Durante seis meses avali\u00e1ronse diversas variables, para ver os efectos dunha intervenci\u00f3n nutricional baseada na dieta atl\u00e1ntica tradicional desde unha dobre perspectiva: a sa\u00fade metab\u00f3lica e a planetaria. &#8220;Estudamos como un cambio cara a un patr\u00f3n diet\u00e9tico tradicional, saudable e de orixe local poder\u00eda afectar as enfermidades relacionadas coa sa\u00fade metab\u00f3lica e se ese cambio poder\u00eda alterar a produci\u00f3n de gases de efecto invernadoiro&#8221;, explica a Dra. Calvo Malvar.<\/p>\n<p><strong>Sustentabilidade ambiental<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 importante destacar que os estudos previos sobre o impacto ambiental das dietas realiz\u00e1ranse desde unha perspectiva exclusivamente te\u00f3rica, non con datos de consumo de alimentos de persoas nun contexto de vida real. &#8220;O noso traballo \u00e9 o primeiro que aval\u00eda o consumo real de alimentos das 250 familias participantes no estudo, e faio mediante un ensaio cl\u00ednico controlado, \u00e9 dicir, o dese\u00f1o experimental que proporciona o maior grao de evidencia cient\u00edfica en humanos. Isto non se fixo at\u00e9 a data, de a\u00ed a importante implicaci\u00f3n dos resultados do noso traballo&#8221;, explica a investigadora.<\/p>\n<p>No c\u00e1lculo da pegada de carbono dos alimentos consumidos polas familias colaborou o CRETUS Centre, da Universidade de Santiago de Compostela, que conta cunha ampla traxectoria na investigaci\u00f3n do impacto ambiental do sector agroalimentario. Foi o persoal deste centro quen analizou \u00a0a pegada de carbono de t\u00f3dolos alimentos consumidos polos participantes no estudo. A pesar da reduci\u00f3n detectada, a mostra non permite alcanzar &#8220;significaci\u00f3n estat\u00edstica&#8221;, pero abre novas v\u00edas de investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Unha s\u00edndrome que afecta ao 25% da poboaci\u00f3n adulta <\/strong><\/p>\n<p>Na sa\u00fade metab\u00f3lica, en cambio, si se constatou un risco &#8220;significativamente menor&#8221; de desenvolver s\u00edndrome metab\u00f3lica, e menos compo\u00f1entes da s\u00edndrome metab\u00f3lica, no grupo de intervenci\u00f3n con respecto ao de control.<\/p>\n<p>A s\u00edndrome metab\u00f3lica \u00e9 un grupo de afecci\u00f3ns que, en conxunto, aumentan o risco de sufrir cardiopat\u00eda coronaria, diabetes, accidente cerebrovascular e outros problemas de sa\u00fade graves. Actualmente afecta a unha cuarta parte da poboaci\u00f3n adulta no mundo, o cal sup\u00f3n un grave problema de sa\u00fade, pero tam\u00e9n social.<\/p>\n<p>De a\u00ed a relevancia deste estudo, que demostrou o efecto positivo da dieta atl\u00e1ntica sobre a incidencia de novos casos de s\u00edndrome metab\u00f3lica. &#8220;Identificamos que a ali\u00f1aci\u00f3n cun patr\u00f3n diet\u00e9tico saudable rexional, a dieta atl\u00e1ntica, as\u00f3ciase con menores factores de risco estreitamente asociados \u00e1 sa\u00fade metab\u00f3lica, como a obesidade central ou os niveis de colesterol&#8221;, explica a Dra. Mar Calvo.<\/p>\n<p><strong>Que \u00e9 a dieta atl\u00e1ntica<\/strong><\/p>\n<p>As dietas tradicionais bas\u00e9anse en ingredientes frescos, de tempada, adaptados aos gustos e estilos de vida rexionais. No caso da dieta atl\u00e1ntica \u00e9 importante a s\u00faa preparaci\u00f3n, mediante m\u00e9todos como coci\u00f1ar ao vapor e ferver, en lugar de fritir. O peixe e o marisco son alimentos b\u00e1sicos que se consumen con frecuencia e os produtos l\u00e1cteos ocupan un lugar destacado, do mesmo xeito que o aceite de oliva, a principal fonte de graxa. Tam\u00e9n destaca o consumo diario de froitas e hortalizas, en particular de <em>Brassica<\/em> (grelo, nabo, nabiza, repolo etc.), rica en glucosinolatos e con reco\u00f1ecidos beneficios na prevenci\u00f3n de diversas enfermidades.<\/p>\n<p>&#8220;Desde unha perspectiva de sa\u00fade, os nosos achados subli\u00f1an o papel crucial da dieta como un dos factores de risco modificables m\u00e1is importantes para as enfermidades cardiovasculares e outras enfermidades cr\u00f3nicas&#8221;, sinala o equipo investigador. &#8220;Os cambios na dieta representan unha estratexia clave para previr mill\u00f3ns de mortes en todo o mundo cada ano&#8221;, asegura Mar Calvo.<\/p>\n<p>Con todo, alterar os h\u00e1bitos alimentarios exp\u00f3n un desaf\u00edo considerable debido \u00e1 complexa interacci\u00f3n de factores sociais e individuais, inclu\u00eddas as influencias culturais, a accesibilidade econ\u00f3mica dos alimentos, as conexi\u00f3ns sociais e a contorna comunitaria. &#8220;Supor que as persoas substituir\u00e1n facilmente os compo\u00f1entes diet\u00e9ticos non saudables base\u00e1ndose na nova evidencia cient\u00edfica \u00e9 demasiado optimista&#8221;, explica a investigadora do IDIS.<\/p>\n<p><strong>Involucrar a toda a sociedade no cambio de h\u00e1bitos <\/strong><\/p>\n<p>De a\u00ed a necesidade dunha actuaci\u00f3n comunitaria que aborde os principais determinantes individuais e sociais que afectan a sa\u00fade alimentaria. &#8220;Propomos un cambio de paradigma para previr a obesidade e enfermidades relacionadas, cun enfoque de ambiente total, que involucre e active comunidades e barrios enteiros&#8221;, explica a Dra. Calvo.<\/p>\n<p>Foi necesario implicar \u00e1 administraci\u00f3n sanitaria, instituci\u00f3ns pol\u00edticas, varios grupos de investigaci\u00f3n do CSIC, industria da alimentaci\u00f3n, empresas locais, medios de comunicaci\u00f3n, etc. &#8220;E, por suposto, \u00e1s familias, sen as que este estudo non ser\u00eda posible. Fix\u00e9molo respectando a herdanza cultural e gastron\u00f3mica de Galicia, a dieta atl\u00e1ntica&#8221;, concl\u00fae a Dra. Calvo.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><strong>Informaci\u00f3n adicional<\/strong><\/p>\n<p>A data de hoxe, o artigo, publicado o 7 de febreiro de 2024, tivo m\u00e1is dun centenar de impactos na prensa estranxeira, inclu\u00edndo o <em>Washington Post<\/em>, <em>Forbes<\/em>, <em>National Geographic, ABC News<\/em>, as\u00ed como nas principais canles web dos Estados Unidos, como CNN, MSN, Yahoo etc. Segundo Almetric (un indicador da cantidade de atenci\u00f3n que recibe un artigo en medios de comunicaci\u00f3n), at\u00f3pase no 5% superior de todos os resultados de investigaci\u00f3n clasificados.<\/p>\n<p><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre IDIS<\/strong><\/p>\n<p>O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) naceu en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III dende o ano 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1.213 profesionais, 106 grupos de investigaci\u00f3n, 43,5 M\u20ac de fondos recadados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu traballo ao incremento do co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un estudo realizado por investigadores do IDIS e publicado na revista cient\u00edfica JAMA Network constata os beneficios da dieta atl\u00e1ntica para reducir a s\u00edndrome metab\u00f3lica que afecta ao 25% da poboaci\u00f3n adulta.<\/p>\n<p>Os cambios na dieta representan unha estratexia clave para previr mill\u00f3ns de mortes en todo o mundo cada ano.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":32438,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,523,531],"tags":[],"class_list":["post-32440","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-ingles-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32440","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32440"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32440\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":32442,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32440\/revisions\/32442"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/32438"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32440"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32440"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32440"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}