{"id":32548,"date":"2024-03-18T15:57:32","date_gmt":"2024-03-18T14:57:32","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=32548"},"modified":"2024-03-19T14:13:51","modified_gmt":"2024-03-19T13:13:51","slug":"un-estudo-sinala-os-lipidos-en-sangue-como-potenciais-biomarcadores-de-covid-persistente","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/un-estudo-sinala-os-lipidos-en-sangue-como-potenciais-biomarcadores-de-covid-persistente\/","title":{"rendered":"Un estudo sinala os l\u00edpidos en sangue como potenciais biomarcadores de COVID persistente"},"content":{"rendered":"<div class=\"news-item-datetime\"><strong><time datetime=\"2024-03-18T13:50:25Z\"><time datetime=\"2024-03-18T13:50:25Z\">Santiago de Compostela, l<\/time>uns, 18 de marzo de 2024. <\/time><\/strong>A\u00ednda que a pandemia orixinada polo SARS-CoV-2 ficou atr\u00e1s, o seu eco persiste e a\u00ednda son moitas as inc\u00f3gnitas que a ciencia tenta despexar. Hoxe en d\u00eda s\u00e1bese que para moitos pacientes de COVID-19, o final da etapa aguda da infecci\u00f3n \u00e9 s\u00f3 o comezo doutra experiencia dif\u00edcil: a post-COVID. Durante a denominada COVID persistente ou long COVID, estas persoas desenvolven unha am\u00e1lgama de s\u00edntomas prolongados que poden inclu\u00edr dificultade respiratoria, fatiga, tose ou perda de olfacto, entre outros. Agora, un novo estudo liderado polo investigador do IDIS Emilio Rodr\u00edguez, xunto con persoal do Centro Singular de Investigaci\u00f3n en Qu\u00edmica Biol\u00f3xica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), lanza luz sobre os cambios nos l\u00edpidos sangu\u00edneos de pacientes con COVID persistente. A investigaci\u00f3n sup\u00f3n un avance na comprensi\u00f3n destas secuelas e abre a porta para mellorar o seu tratamento.<\/div>\n<p>Os expertos analizaron o plasma de 147 pacientes con COVID persistente. Utilizando t\u00e9cnicas de lipid\u00f3mica, estudaron un espectro de case 400 l\u00edpidos polares distintos. A partir de a\u00ed, recorreron a t\u00e9cnicas avanzadas de miner\u00eda de datos e aprendizaxe autom\u00e1tica para desenvolver modelos de clasificaci\u00f3n precisos que distinguen entre pacientes sintom\u00e1ticos e asintom\u00e1ticos de COVID persistente. A an\u00e1lise revelou alteraci\u00f3ns espec\u00edficas relacionadas coa inflamaci\u00f3n e a resposta inmunol\u00f3xica continua, ofrecendo unha nova perspectiva sobre a natureza persistente do COVID. Ademais, alg\u00fans destes l\u00edpidos foron identificados como potenciais biomarcadores, o que permitir\u00eda levar a cabo diagn\u00f3sticos m\u00e1is precisos e desenvolver tratamentos espec\u00edficos para esta enfermidade.<\/p>\n<p>Ata o de agora, os estudos apuntaban a unha disfunci\u00f3n inmune, outros sinalaban unha inflamaci\u00f3n persistente, pero o mecanismo fundamental da COVID persistente a\u00ednda non ficaba claro. Unha abafadora maior\u00eda de investigaci\u00f3ns centrouse na etapa aguda desta afecci\u00f3n, polo que se fai precisa a informaci\u00f3n sobre determinadas alteraci\u00f3ns que te\u00f1en lugar nas \u00faltimas fases da enfermidade, relatan dende o equipo investigador.<\/p>\n<p class=\"at-title is-subhead\"><strong>T\u00e9cnicas computacionais<\/strong><\/p>\n<p>O achado, publicado recentemente en\u00a0<a href=\"https:\/\/www.sciencedirect.com\/science\/article\/pii\/S1876034124000236?via%3Dihub\">Journal of Infection and Public Health<\/a>, foi posible grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n entre persoal m\u00e9dico e investigador de distintos perf\u00eds. O proxecto reuniu expertos do IDIS, CiQUS, a Facultade de F\u00edsica da USC, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), a Universidade de C\u00f3rdoba e a Universidade do Pa\u00eds Vasco. A loita contra as infecci\u00f3ns v\u00edricas, como a provocada polo SARS-CoV-2, a trav\u00e9s do descubrimento de novas estratexias de diagn\u00f3stico constit\u00fae unha das prioridades cient\u00edficas do CiQUS. O equipo da doutora Garc\u00eda Fandi\u00f1o est\u00e1 especializado en aplicar t\u00e9cnicas computacionais para explorar a estrutura e a funci\u00f3n das membranas lip\u00eddicas, como diana de interacci\u00f3n con biomol\u00e9culas.<\/p>\n<p>&#8220;Esta investigaci\u00f3n complementa os achados recentes no campo da prote\u00f3mica, onde se relacionou o COVID persistente con alteraci\u00f3ns a nivel proteico&#8221;, sinala a investigadora principal do CiQUS. Ambos os enfoques, prote\u00f3mico e lipid\u00f3mico, son fundamentais para unha comprensi\u00f3n integral da enfermidade, destacando a importancia dunha visi\u00f3n multifac\u00e9tica na investigaci\u00f3n m\u00e9dica. Garc\u00eda Fandi\u00f1o destaca que o presente traballo &#8220;non s\u00f3 engade unha peza crucial ao crebacabezas da COVID persistente sen\u00f3n que tam\u00e9n recalca a necesidade de explorar diversos cami\u00f1os cient\u00edficos para desentra\u00f1ar os mecanismos detr\u00e1s das secuelas virais. Con estes avances, estamos un paso m\u00e1is preto de desenvolver terapias m\u00e1is eficaces e personalizadas, mellorando as\u00ed a calidade de vida de quen enfronta os efectos prolongados da COVID-19&#8221;.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A investigaci\u00f3n na que interv\u00e9n persoal do IDIS, do CiQUS e da Facultade de F\u00edsica da USC  sup\u00f3n un avance na comprensi\u00f3n das secuelas desta patolox\u00eda e abre a porta para mellorar o seu tratamento.<\/p>\n<p>O achado, publicado recentemente en &#8216;Journal of Infection and Public Health&#8217;, foi posible grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n entre persoal m\u00e9dico e investigador de distintos perf\u00eds.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,523,531],"tags":[],"class_list":["post-32548","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-ingles-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32548","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=32548"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32548\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":32574,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/32548\/revisions\/32574"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=32548"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=32548"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=32548"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}