{"id":33721,"date":"2024-04-24T13:09:47","date_gmt":"2024-04-24T11:09:47","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=33721"},"modified":"2024-04-24T14:20:01","modified_gmt":"2024-04-24T12:20:01","slug":"diversa-biotechnologies-pecha-a-sua-ampliacion-de-capital-con-semola-tech-ventures-sl-volsunga-sl-janus-projects-sl-e-unirisco","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/diversa-biotechnologies-pecha-a-sua-ampliacion-de-capital-con-semola-tech-ventures-sl-volsunga-sl-janus-projects-sl-e-unirisco\/","title":{"rendered":"DIVERSA Biotechnologies pecha a s\u00faa ampliaci\u00f3n de capital con S\u00e9mola Tech Ventures SL, Volsunga SL, Janus Projects SL e UNIRISCO."},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 24 de abril 2024<\/strong>.- DIVERSA Technologies SL, empresa que aspira a impactar en toda a cadea de valor no campo da biotecnolox\u00eda e a nanomedicina impulsando o desenvolvemento de medicamentos innovadores para dar resposta a necesidades m\u00e9dicas non cobertas, pecha a s\u00faa ampliaci\u00f3n de capital coa entrada de UNIRISCO, S\u00e9mola Tech Ventures SL., Volsunga SL e Janus Projects, SL.<\/p>\n<p>Dende a s\u00faa creaci\u00f3n o 17 de xaneiro de 2022, e como resultado de m\u00e1is de dez anos de investigaci\u00f3n en nanomedicina aplicada \u00e1 sa\u00fade liderada pola Dra. Mar\u00eda de la Fuente, a empresa xurde como unha spin-off biotecnol\u00f3xica do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o Servizo Galego de Sa\u00fade (SERGAS). O obxectivo \u00e9 impactar no desenvolvemento de terapias innovadoras resultado da aplicaci\u00f3n da nanotecnolox\u00eda, que melloren a calidade de vida das persoas a trav\u00e9s da medicina de precisi\u00f3n.<\/p>\n<p>DIVERSA \u00e9 unha empresa que xorde coa misi\u00f3n de mellorar a vida das persoas e impulsar o tecido socioecon\u00f3mico de Galicia xerando emprego cualificado e fomentando un modelo colaborativo con centros de investigaci\u00f3n e empresas da contorna, pero tam\u00e9n internacionais. DIVERSA conta cunha plataforma patentada de nanosistemas lip\u00eddicos, axeitada para encapsular e transportar a o seu lugar de acci\u00f3n diferentes tipos de mol\u00e9culas terap\u00e9uticas, incluindo ARN mensaxeiro, prote\u00ednas e p\u00e9ptidos terap\u00e9uticos, as\u00ed como f\u00e1rmacos con problemas de solubilidade. A tecnolox\u00eda DIVERSA aumenta a estabilidade das mol\u00e9culas encapsuladas, e ax\u00fadalles a superar barreiras biol\u00f3xicas que limitan o seu efecto terap\u00e9utico. Os nanosistemas de DIVERSA te\u00f1en demostrado o seu potencial en diferentes indicaci\u00f3ns, e como resultado do seu investimento en investigaci\u00f3n, a empresa est\u00e1 a avanzar no desenvolvemento de nanomedicamentos en oncolox\u00eda e enfermidades raras pedri\u00e1ticas.<\/p>\n<p>Estes avances son posibles grazas ao modelo colaborativo de DIVERSA, con centros e grupos de investigaci\u00f3n referentes nas devanditas doenzas. Pero, adem\u00e1is, DIVERSA pon a disposici\u00f3n de terceiros a s\u00faa tecnolox\u00eda na procura dun \u201cefecto bolboreta\u201d que resulte no desenvolvemento de nanomedicamentos innovadores para outras moitas indicaci\u00f3ns. Deste xeito, prop\u00f3n o establecemento de acordos con empresas biotecnol\u00f3xicas e farmac\u00e9uticas que contan com mol\u00e9culas con alto potencial terap\u00e9utico pero que precisan dunha formulaci\u00f3n eficaz, como \u00e9 a baseada nos nanosistemas lip\u00eddicos de DIVERSA, para poder aplicalas. Asimesmo, oferta a tecnolox\u00eda a todo o persoal investigador que traballa nas primeiras fases do proceso de desenvolvemento de f\u00e1rmacos. Isto \u00e9 posible grazas \u00e1 venda da tecnolox\u00eda \u201cempaquetada\u201d en formato de reactivo, sinxela de formular coas mol\u00e9culas de interese, para poder as\u00ed testalas nos seus modelos de estudo. Deste xeito, DIVERSA busca causar impacto a trav\u00e9s de m\u00faltiples v\u00edas e contribu\u00edr significativamente \u00e1 xeraci\u00f3n de avances terap\u00e9uticos para distintas enfermidades.<\/p>\n<p>Adem\u00e1is do seu modelo de negocio, DIVERSA tam\u00e9n busca ter un impacto social e econ\u00f3mico positivo. A trav\u00e9s da s\u00faa actividade de investigaci\u00f3n e desenvolvemento, as\u00ed como da s\u00faa colaboraci\u00f3n con outras empresas e instituci\u00f3ns, a empresa crea emprego cualificado e fomenta a innovaci\u00f3n no sector da sa\u00fade. As s\u00faas colaboraci\u00f3ns e alianzas estrat\u00e9xicas permiten establecer unha rede de apoio que impulsa o crecemento e o \u00e9xito da empresa, contribu\u00edndo ao desenvolvemento econ\u00f3mico e tecnol\u00f3xico de Galicia.<\/p>\n<p>Co peche desta ronda, tr\u00e1tase de expandir o modelo de negocio e potenciar a internacionalizaci\u00f3n da empresa.<\/p>\n<p><strong>Principais productos ou servizos que presta<\/strong><\/p>\n<p>DIVERSA Technologies S.L. \u00e9 moito m\u00e1is que unha empresa biotecnol\u00f3xica. \u00c9 unha entidade comprometida coa innovaci\u00f3n, a excelencia cient\u00edfica e o benestar das persoas. A trav\u00e9s da s\u00faa plataforma nanotecnol\u00f3xica e do seu enfoque na investigaci\u00f3n, desenvolvemento e comercializaci\u00f3n de terapias avanzadas, a empresa busca deixar unha pegada duradeira na industria da sa\u00fade e na sociedade en xeral.<\/p>\n<p>DIVERSA Technologies S.L. non s\u00f3 est\u00e1 comprometida coa innovaci\u00f3n e a excelencia cient\u00edfica sen\u00f3n que ofrece unha tecnolox\u00eda revolucionaria e altamente transversal para desenvolver, na s\u00faa l\u00ednea de I+D ou a trav\u00e9s de colaboraci\u00f3ns co sector biotecnol\u00f3xico e farmac\u00e9utico e centros de investigaci\u00f3n, medicamentos innovadores. A nanotecnolox\u00eda de vangarda abre novas v\u00edas de posibilidades e oportunidades de negocio, adapt\u00e1ndose \u00e1 demanda e \u00e1s necesidades cambiantes de diversos mercados e, principalmente, \u00e1s necesidades terap\u00e9uticas que xurden no eido sanitario.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A spin-off do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o SERGAS, especializada en nanomedicina, aspira a impactar no desenvolvemento de medicamentos innovadores, espec\u00edficamente nas \u00e1reas de oncolox\u00eda e enfermidades raras, pero tam\u00e9n en moitas outras debido a o seu modelo de negocio colaborativo.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":33714,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,523,531],"tags":[],"class_list":["post-33721","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-ingles-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33721","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=33721"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33721\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":33726,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/33721\/revisions\/33726"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/33714"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=33721"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=33721"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=33721"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}