{"id":34284,"date":"2024-05-28T14:04:30","date_gmt":"2024-05-28T12:04:30","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=34284"},"modified":"2024-05-29T08:52:10","modified_gmt":"2024-05-29T06:52:10","slug":"preto-de-1-millon-de-euros-para-estudar-o-impacto-terapeutico-da-musica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/preto-de-1-millon-de-euros-para-estudar-o-impacto-terapeutico-da-musica\/","title":{"rendered":"Preto de 1 mill\u00f3n de euros para estudar o impacto terap\u00e9utico da m\u00fasica"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago, luns 27 de maio de 2024.-<\/strong> Chegar a comprender a relaci\u00f3n molecular que existe entre os xenes e os est\u00edmulos externos \u00e9 a base sobre a que se asenta o proxecto EUTERPE_adn, \u2018Rede transfronteiriza para o estudo da m\u00fasica como terapia nas enfermidades neuropsicomotoras e o envellecemento: unha aproximaci\u00f3n dende a expresi\u00f3n xen\u00e9tica e a neuropsicolox\u00eda\u2019. O proxecto acaba de recibir un mill\u00f3n de euros de financiamento a trav\u00e9s do programa Interreg POCTEP \u2014unha iniciativa de cooperaci\u00f3n entre Espa\u00f1a e Portugal apoiada pola UE\u2014, e ten como obxectivo principal explorar o impacto terap\u00e9utico da m\u00fasica en persoas maiores e nas que presentan deterioro cognitivo e dano cerebral.<\/p>\n<p>Esta ma\u00f1\u00e1 tivo lugar no Hospital Cl\u00ednico de Santiago, a reuni\u00f3n de inicio con todos os socios participantes, que foi inaugurada polo xerente da \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Angel Facio, o reitor da USC, Antonio L\u00f3pez e Luz Couce, directora cient\u00edfica do IDIS, coa asistencia de representantes dos concellos nos que se vai desenvolver e das asociaci\u00f3ns de doentes e instituci\u00f3ns participantes.<\/p>\n<p>EUTERPE_adn, acr\u00f3nimo que fai referencia tanto \u00e1 musa grega da m\u00fasica como \u00e1 xen\u00e9tica, acometer\u00e1 desaf\u00edos com\u00fans para Galicia e o Norte de Portugal como \u00e9 o caso do envellecemento, o despoboamento e a exclusi\u00f3n social. Ao aproveitar o poder terap\u00e9utico da m\u00fasica, o proxecto ten como obxectivo mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con demencia\/alzh\u00e9imer ou dano cerebral, as\u00ed como en persoas maiores. En colaboraci\u00f3n coa Universidade do Minho, o consorcio combina a experiencia en investigaci\u00f3n biom\u00e9dica coa terapia musical.<\/p>\n<p>A Casa da M\u00fasica do Porto e a Asociaci\u00f3n M\u00fasicos ao Vivo s\u00famanse ao proxecto xunto co traballo coordinado de asociaci\u00f3ns de pacientes como a Asociaci\u00f3n de Dano Cerebral de Compostela (SARELA), a Asociaci\u00f3n Galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzh\u00e9imer (AGADEA), a Santa Casa da Misericordia de Porto, e a Associa\u00e7\u00e3o Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzh\u00e9imer.<\/p>\n<p>EUTERPE_adn \u00e9 unha prolongaci\u00f3n de Sensoxenoma, o proxecto impulsado polo grupo GenPoB\/GenVip composto por medio cento de investigadores\/as e liderado por Antonio Salas Ellacuriaga e por Federico Martin\u00f3n Torres, do IDIS. Nos anos 2022 e 2023, o equipo organizou unha serie de concertos experimentais en colaboraci\u00f3n coa Real Filharmon\u00eda de Galicia (RFG) e coa participaci\u00f3n de centos de doantes e asociaci\u00f3ns de pacientes como SARELA, COGAMI, AGADEA, SARAIVA, ASPANAES, ASPERGA, ONCE, Asociaci\u00f3n de Persoas Xordas de Galicia, ou Down Compostela, entre outras.<\/p>\n<p>A bagaxe adquirida en Sensoxenoma ascende agora un novo chanzo a trav\u00e9s do financiamento outorgado a este equipo investigador a trav\u00e9s de EUTERPE_adn, proxecto no que se levar\u00e1n a cabo estudos detallados e exhaustivos que poder\u00edan cambiar a forma en que se aborda a terapia musical e o seu impacto na sa\u00fade. Durante os \u00faltimos dous anos, logr\u00e1ronse avances rese\u00f1ables que superaron todas as expectativas: capturouse o sinal xen\u00f3mico en resposta ao est\u00edmulo musical; se demostrou que os pacientes con deterioro cognitivo mostran unha resposta m\u00e1is intensa; e observouse unha expresi\u00f3n compensatoria dos xenes nestes pacientes en comparaci\u00f3n coa enfermidade de Alzh\u00e9imer. EUTERPE representa un importante pulo \u00e1 aposta cient\u00edfica de Sensoxenoma, un proxecto na fronteira do co\u00f1ecemento que busca entender a relaci\u00f3n molecular que existe entre os nosos xenes e algo tan trivial e coti\u00e1n como os est\u00edmulos externos e as emoci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Este proxecto non s\u00f3 busca fomentar a interacci\u00f3n social e a medicina personalizada a trav\u00e9s da terapia musical non farmacol\u00f3xica, sen\u00f3n que tam\u00e9n representa un esforzo pioneiro para abordar desaf\u00edos sociais mediante a xen\u00f3mica e a neuro-psicolox\u00eda xuntas. Tr\u00e1tase dun estudo lonxitudinal de m\u00e1is de 60 sesi\u00f3ns e con cinco recollidas de mostras biol\u00f3xicas e avaliaci\u00f3ns<br \/>\nneuropsicol\u00f3xicas.<\/p>\n<p>Cun enfoque interdisciplinario e unha dotaci\u00f3n financeira significativa, EUTERPE_adn perf\u00edlase como un proxecto que promete transformar a forma en que se abordan as enfermidades neuro-psicomotoras e o envellecemento en Galicia. Por primeira vez, realizaranse estudos lonxitudinais no marco de Sensoxenoma, inclu\u00edndo un ensaio cl\u00ednico aleatorio, o que permitir\u00e1 investigar o impacto dos est\u00edmulos a longo prazo e profundar nas bases moleculares que sustentan os beneficios da m\u00fasica no \u00e1mbito da sa\u00fade e a enfermidade. Os achados poder\u00edan ser relevantes para outros grupos vulnerables cos que o equipo tam\u00e9n est\u00e1 a traballar.<\/p>\n<p>Para iso, van levar a cabo talleres de m\u00fasica durante un curso completo, con m\u00fasicos profesionais e con experiencia en atenci\u00f3n \u00e1 diversidade, da Cooperativa de M\u00fasicos ao Vivo e a Casa da M\u00fasica do Porto. A intervenci\u00f3n musical estar\u00e1 baseada na escoita de diferentes tipos de m\u00fasica, a investigaci\u00f3n das m\u00fasicas da s\u00faa vida, o canto a trav\u00e9s dun coro, a improvisaci\u00f3n musical ou facer m\u00fasica en grupo. Un obxectivo que persegue este proxecto de investigaci\u00f3n lonxitudinal, \u00e9 poder estudar os beneficios de diferentes actividades musicais a diferentes niveis biom\u00e9dicos. Por iso realizaranse 5 avaliaci\u00f3ns, a primeira xa neste pr\u00f3ximo mes de xu\u00f1o, para estudar o impacto da m\u00fasica na sa\u00fade e o benestar das persoas.<\/p>\n<p>O grupo de investigaci\u00f3n neuropsicol\u00f3xica da Universidade do Minho realizar\u00e1n unha avaliaci\u00f3n da deterioraci\u00f3n cognitiva, psicomotor, a comunicaci\u00f3n, a calidade de vida ou o benestar emocional, entre outros, antes de que comece a intervenci\u00f3n musical e noutros catro momentos durante o pr\u00f3ximo curso escolar. Do mesmo xeito, os impulsores deste proxecto, o equipo Sensoxenoma do IDIS, liderado por Federico Martin\u00f3n, Antonio Salgas e Laura Navarro, levar\u00e1n a cabo a recollida de mostras biol\u00f3xicas (de sangue e saliva) para realizar un estudo do impacto da m\u00fasica a trav\u00e9s da expresi\u00f3n dos xenes.<\/p>\n<p>Tras o \u00e9xito dos concertos experimentais de Sensoxenoma, interpretados pola Real Filharmon\u00eda de Galicia no Auditorio de Galicia, EUTERPE_adn, sup\u00f3n o primeiro estudo lonxitudinal, no que os participantes van asistir a 60 sesi\u00f3ns musicais, marcando un antes e un despois na investigaci\u00f3n da m\u00fasica como terapia non farmacol\u00f3xica. M\u00e1s de douscentos pacientes distribu\u00eddos en sete centros van ser beneficiarios e \u00e1 vez protagonistas dun avance cient\u00edfico pioneiro en todo o mundo.<\/p>\n<p>Os talleres vanse desenvolver en tres centros da Asociaci\u00f3n Galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzh\u00e9imer (AGADEA) en Vedra, Rianxo e A Estrada, e na sede de Asociaci\u00f3n de Dano Cerebral de Compostela (SARELA) en Santiago de Compostela. En Portugal, realizaranse en d\u00faas residencias da Santa Casa da Misericordia do Porto e na casa d\u00e1 Memoria de Mim de Matosinhos (Associa\u00e7\u00e3o Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzh\u00e9imer).<\/p>\n<p>O proxecto ten unha duraci\u00f3n de tres anos, e tras a programaci\u00f3n musical e o dese\u00f1o dos protocolos biom\u00e9dicos, agora en xu\u00f1o comeza o recrutamento de participantes e a primeira avaliaci\u00f3n neurospicol\u00f3xica, as\u00ed como a primeira recollida das mostras biol\u00f3xicas (sangue a trav\u00e9s dunha pequena punci\u00f3n capilar nun dedo, e saliva a trav\u00e9s dun frotis bucodental). En outubro comezar\u00e1n os talleres de m\u00fasica nos sete centros, a raz\u00f3n de dous d\u00edas \u00e1 semana. O estudo culminar\u00e1 coa publicaci\u00f3n dos resultados, as\u00ed como os materiais utilizados, e un Libro Blanco.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Santiago, luns 27 de maio de 2024.- Chegar a comprender a relaci\u00f3n molecular que existe entre os xenes e os est\u00edmulos externos \u00e9 a base sobre a que se asenta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":34285,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-34284","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34284","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34284"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34284\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":34303,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34284\/revisions\/34303"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/34285"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34284"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=34284"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=34284"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}