{"id":34851,"date":"2024-06-28T09:00:19","date_gmt":"2024-06-28T07:00:19","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=34851"},"modified":"2024-06-28T09:13:36","modified_gmt":"2024-06-28T07:13:36","slug":"o-laboratorio-de-neurociencias-do-idis-celebra-o-seu-20o-aniversario","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-laboratorio-de-neurociencias-do-idis-celebra-o-seu-20o-aniversario\/","title":{"rendered":"O Laboratorio de Neurociencias do IDIS celebra o seu 20\u00ba aniversario"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 27 de xu\u00f1o de 2024.-<\/strong> No ano 2004, o Laboratorio de Investigaci\u00f3n en Neurociencias Cl\u00ednicas (LINC) do IDIS nac\u00eda co obxectivo de estudar as enfermidades neurol\u00f3xicas que afectan a unha parte considerable da poboaci\u00f3n galega. Con motivo do seu 20\u00ba aniversario, o persoal acad\u00e9mico e investigador local e nacional reuniuse nun acto de celebraci\u00f3n para repasar a traxectoria do LINC e os retos que afronta o laboratorio.<\/p>\n<p>O acto de presentaci\u00f3n correu a cargo do coordinador cient\u00edfico do LINC, Tom\u00e1s Sobrino Moreiras, acompa\u00f1ado doutras autoridades acad\u00e9micas e representantes dos grandes centros de investigaci\u00f3n de Santiago. Unha delas foi a directora cient\u00edfica do IDIS, M\u00aa Luz Couce Pico, que interveu para po\u00f1er de manifesto a importancia do diagn\u00f3stico precoz e as novas terapias en enfermidades metab\u00f3licas hereditarios.<\/p>\n<p>Ao aniversario tam\u00e9n asistiu o director cient\u00edfico do CIQUS, Jose Luis Mascare\u00f1as Cid, que conversou sobre a cat\u00e1lise artificial en c\u00e9lulas no campo da biomedicina. Pola s\u00faa banda, a directora do CIMUS, Mabel Loza, manifestou a necesidade de colaborar no desenvolvemento de f\u00e1rmacos para avanzar no diagn\u00f3stico, tratamento e estudo das enfermidades neurodexenerativas que levan a cabo desde o LINC a trav\u00e9s da medicina de precisi\u00f3n.<\/p>\n<p>En representaci\u00f3n do Museo Nacional de Ciencias Naturais (CSIC) e do Centro de Investigaci\u00f3n en Enfermidades Neurol\u00f3xicas de Madrid, o investigador de ra\u00edces italianas Emiliano Bruner ofreceu unha conferencia sobre prehistoria e neurociencia, co fin de explicar o desenvolvemento do cerebro desde as primeiras especies primitivas ata o homo sapiens e o nacemento da medicina, explorando as fronteiras entre a evoluci\u00f3n e medicina.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o catedr\u00e1tico de Neurolox\u00eda da Universidade de Santiago e cofundador do LINC, Jos\u00e9 Castillo S\u00e1nchez, foi o encargado de repasar a traxectoria do Laboratorio de Investigaci\u00f3n en Neurociencias Cl\u00ednicas (LINC) que dirixiu ata hai dous anos. \u201c\u00c9 un motivo de satisfacci\u00f3n ver que como o Laboratorio contin\u00faa crecendo e como os grupos de investigaci\u00f3n traballan de forma coordinada. Cando empezamos s\u00f3 eramos tres persoas, quen de n\u00f3s pensar\u00eda que chegariamos ata aqu\u00ed\u201d, sinalou o catedr\u00e1tico.<\/p>\n<p>O evento tam\u00e9n contou coa intervenci\u00f3n de investigadores nacionais cos que colabora actualmente o LINC como \u00c1ngeles Almeida (Salamanca), Juan Bola\u00f1os (Salamanca), Exuperio D\u00edez-Tejedor (Madrid), Mar\u00eda Guti\u00e9rrez (Madrid), Ignacio Lizasoa\u00edn (Madrid), Joan Mart\u00ed (Barcelona), M\u00aa \u00c1ngeles Mouro (Madrid), Joaqu\u00edn Serena (Girona) e Jos\u00e9 Vivancos (Madrid).<\/p>\n<p><strong>O LINC a trav\u00e9s dos anos<\/strong><\/p>\n<p>Dada a prevalencia de enfermidades neurol\u00f3xicas sen tratamento e con gran mortalidade, no ano 2004, un grupo de tres investigadores formado por Jos\u00e9 Castillo, Miguel Blanco e Tom\u00e1s Sobrino decide po\u00f1er en marcha o Laboratorio de Investigaci\u00f3n en Neurociencias Cl\u00ednicas (LINC) do IDIS. Situados nos laboratorios do Hospital Cl\u00ednico de Santiago de Compostela, al\u00ed desempe\u00f1an o seu traballo actualmente un total de 45 investigadores.<\/p>\n<p>Pouco a pouco, o laboratorio foi incrementando a s\u00faa masa investigadora, chegando a formar un total de 110 investigadores desde a s\u00faa creaci\u00f3n. \u201cCunha aposta moi grande pola tecnolox\u00eda, o LINC tivo a primeira resonancia magn\u00e9tica para experimentaci\u00f3n de toda Espa\u00f1a, tres veces m\u00e1is potente que as utilizadas en cl\u00ednica\u201d, explica o excoordinador do LINC, Jos\u00e9 Castillo, as\u00ed como unha citometr\u00eda moi novidosa. A \u00faltima incorporaci\u00f3n foi o primeiro <a href=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/el-idis-incorpora-el-primer-microscopio-multifoton-de-galicia\/\">microscopio multifot\u00f3n<\/a> de toda Galicia que se presentou este ano no laboratorio para prestar servizo aos tres institutos galegos.<\/p>\n<p>\u201cA produci\u00f3n cient\u00edfica foi inmensa nestes anos, excede as 600 publicaci\u00f3ns en revistas de primeiro decil e cuartil\u201d, sinala Castillo, cunha captaci\u00f3n de recursos de 1 mill\u00f3n de euros por ano aproximadamente para o Laboratorio. O obxectivo principal \u00e9 tratar as enfermidades neurol\u00f3xicas que son a primeira causa de morte en mulleres e a segunda en homes en Galicia, asociadas ao envellecemento da poboaci\u00f3n, como o Alzh\u00e9imer e as demencias, ou as patolox\u00edas vaculares e cerebrais, como o ictus.<\/p>\n<p><strong>Li\u00f1as de investigaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Actualmente traballan un total de 4 grupos no LINC do IDIS con diversos proxectos: Tom\u00e1s Sobrino dirixe o grupo de Neuroenvellecemento; Francisco Campos lidera o grupo de Enfermidades Vasculares Cerebrais e Ictus Traslacional; Ram\u00f3n Iglesias os avances en Neuroimaxe e Biotecnolox\u00eda con resonancia magn\u00e9tica e nanomedicina; e, por \u00faltimo, Isabel Lema coordina o grupo de Neurodexeneraci\u00f3n Corneal.<\/p>\n<p>Estas li\u00f1as de investigaci\u00f3n contrib\u00faen a comprender os mecanismos capaces de desenvolver crises de xaqueca, especialmente a trav\u00e9s do papel das plaquetas, a inmunidade ou o almacenamento de ferro. Pola outra banda, tam\u00e9n tratan de avanzar no diagn\u00f3stico da enfermidade de Alzheimer antes de que se presenten s\u00edntomas, e implementar novas dianas terap\u00e9uticas que, polo menos, consigan deter a progresi\u00f3n do deterioro intelectual.<\/p>\n<p>No ictus isqu\u00e9mico, as innovaci\u00f3ns desenvolvidas en LINC foron decisivas, e reco\u00f1ecidas internacionalmente. Ill\u00e1ronse por primeira vez c\u00e9lulas proxenitoras endoteliais e demostraron a s\u00faa capacidade rexenerativa. Ademais conseguiuse levar \u00e1 cl\u00ednica un novo tipo de tratamento neuroprotector, chamado captadores de glutamato.<\/p>\n<p>Con alg\u00fans destes resultados, o LINC obtivo 10 patentes internacionais e crearon a spin-off LINCBiotech. O traballo en nanomedicina e vectorizaci\u00f3n c\u00e9ntrase en conseguir que moitos f\u00e1rmacos cheguen ao cerebro en maior concentraci\u00f3n e de forma m\u00e1is segura, e no desenvolvemento de nanosondas para detectar e localizar alteraci\u00f3ns no cerebro que poidan corrixirse precozmente. Pola s\u00faa banda, a li\u00f1a de traballo en ectasia corneal, permitiu identificar mecanismos que detectan a progresi\u00f3n da lesi\u00f3n, obter unha patente, licenciala e participar no desenvolvemento dun prototipo diagn\u00f3stico.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As enfermidades neurol\u00f3xicas, como a demencia ou o ictus, son a primeira causa de morte en mulleres e a segunda en homes en Galicia<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":34858,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-34851","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34851","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34851"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34851\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":34859,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34851\/revisions\/34859"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/34858"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34851"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=34851"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=34851"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}