{"id":34872,"date":"2024-06-28T12:11:22","date_gmt":"2024-06-28T10:11:22","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=34872"},"modified":"2024-06-28T12:11:22","modified_gmt":"2024-06-28T10:11:22","slug":"presentacion-do-plan-complementario-de-biotecnoloxia-aplicada-a-saude-de-galicia-dentro-do-perte-para-a-saude-de-vangarda","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/presentacion-do-plan-complementario-de-biotecnoloxia-aplicada-a-saude-de-galicia-dentro-do-perte-para-a-saude-de-vangarda\/","title":{"rendered":"Presentaci\u00f3n do Plan Complementario de Biotecnolox\u00eda Aplicada \u00e1 Sa\u00fade de Galicia dentro do PERTE para a Sa\u00fade de Vangarda"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 28 de xu\u00f1o de 2024.-<\/strong> O desenvolvemento de ferramentas para diagn\u00f3stico, progn\u00f3stico e terapias avanzadas ou dirixidas en <strong>medicina personalizada<\/strong> \u00e9 o obxectivo principal do Plan Complementario de Biotecnolox\u00eda Aplicada \u00e1 Sa\u00fade (PCBAS) en Galicia, que lidera a Fundaci\u00f3n Kaertor. Tr\u00e1tase dun conxunto de iniciativas agrupadas en seis grandes li\u00f1as de actuaci\u00f3n, promovido polo Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades dentro do PERTE para a Sa\u00fade de Vangarda, e financiado pola Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, Ciencia, Universidades e Formaci\u00f3n Profesional a trav\u00e9s da Axencia Galega de Innovaci\u00f3n (GAIN).<\/p>\n<p>As tres universidades galegas de Santiago de Compostela, A Coru\u00f1a e Vigo (USC, UDC e UVigo) e os tres institutos de investigaci\u00f3n sanitarios (Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela -IDIS-, Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica da Coru\u00f1a, -INIBIC- e Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur \u2013IISGS-) participan como socios, no Plan con 15 proxectos disruptivos sobre descubrimento de f\u00e1rmacos, nanotecnolox\u00eda, terapia celular e aplicaci\u00f3n biom\u00e9dica das Tecnolox\u00edas da Informaci\u00f3n e a Comunicaci\u00f3n (TIC) e Intelixencia Artificial (IA).<\/p>\n<p>Os proxectos presentados por investigadores do IDIS foron tres: Jes\u00fas Mateos (INMUNOMACS-PROL), Ram\u00f3n Iglesias (Proxecto TromboImagen) e Jos\u00e9 Victor \u00c1lvarez (Proxecto ML-II_Vectores ARNm). O programa en Galicia ten un orzamento \u00e9 de 3 mill\u00f3ns de euros, dos cales 1.950.000 prove\u00f1en do Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades, e 1.050.000 son da Xunta de Galicia.<\/p>\n<p><strong>Proxectos con selo galego<\/strong><\/p>\n<p>A finalidade dos diferentes proxectos con \u201cselo galego\u201d e vocaci\u00f3n colaborativa interterritorial, \u00e9 incrementar o co\u00f1ecemento mediante a identificaci\u00f3n e validaci\u00f3n de novos mecanismos para curar, o desenvolvemento de modelos de estudo in vitro e a optimizaci\u00f3n de ferramentas inform\u00e1ticas e de intelixencia artificial para o desenvolvemento de f\u00e1rmacos. Isto incl\u00fae novos f\u00e1rmacos personalizados e dirixidos para unha medicina de precisi\u00f3n. Coord\u00ednanse coa metodolox\u00eda de aceleraci\u00f3n no descubrimento de f\u00e1rmacos a Fundaci\u00f3n Kaertor, para \u201cdesfragmentar\u201d as capacidades investigadoras de Galicia no \u00e1mbito, conectando en cada proxecto a ciencia das universidades e dos institutos sanitarios<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>\n<strong>Cribado de f\u00e1rmacos para identificaci\u00f3n de novas dianas e desenvolvemento de medicamentos personalizados<\/strong><\/h3>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O Plan Complementario de Biotecnolox\u00eda Aplicada \u00e1 Sa\u00fade (PCBAS) en Galicia incl\u00fae seis grandes li\u00f1as de actuaci\u00f3n dirixidas a cubrir diferentes enfoques en medicina personalizada. Mabel Louza, a coordinadora do programa para Galicia, tam\u00e9n lidera, para o conxunto de Espa\u00f1a, a li\u00f1a 3 sobre \u201cPlataforma de cribado de f\u00e1rmacos e an\u00e1lises interacci\u00f3ns f\u00e1rmaco-diana\u201d.<\/p>\n<p>Esta li\u00f1a contrib\u00fae \u00e1 identificaci\u00f3n de novas dianas terap\u00e9uticas e ao desenvolvemento de f\u00e1rmacos espec\u00edficos personalizados que maximicen o seu potencial terap\u00e9utico minimizando os efectos adversos. Tam\u00e9n \u00e9 de especial atenci\u00f3n neste programa a reutilizaci\u00f3n de f\u00e1rmacos para outras indicaci\u00f3ns terap\u00e9uticas (reposicionamiento de f\u00e1rmacos).<\/p>\n<p>Os proxectos colaborativos foron expostos en catro mesas redondas durante o evento: 1. Plataforma de cribado de f\u00e1rmacos e an\u00e1lises de interacci\u00f3ns f\u00e1rmaco-diana e desenvolvemento de modelos biol\u00f3xicos para cribado e estudo da actividade de mol\u00e9culas terap\u00e9uticas. 2. Desenvolvemento de nanof\u00e1rmacos, biodistribuci\u00f3n, toxicidade e acci\u00f3ns terap\u00e9uticas en modelos de patolox\u00eda. 3. Implementaci\u00f3n e an\u00e1lise de bases de datos en medicina de precisi\u00f3n. 4. T\u00e9cnicas e procesos para terapias avanzadas e dirixidas, formaci\u00f3n cir\u00farxica e rob\u00f3tica m\u00e9dica.<\/p>\n<p><strong>Quimioteca p\u00fablica en Espa\u00f1a, unha realidade?<\/strong><\/p>\n<p>A xornada de presentaci\u00f3n serviu ademais para presentar o piloto para a construci\u00f3n dunha quimioteca p\u00fablica en Espa\u00f1a grazas a unha acci\u00f3n conxunta entre a iniciativa PCBAS e a Rede Estrat\u00e9xica \u201cSinerxias en descubrimento temper\u00e1n de f\u00e1rmacos en Espa\u00f1a\u201d, \u00c9-OPENSCREEN. Coordinada por Mabel Louza, participan os representantes da A3 de todas as CCAA do PCBAS, os catro representantes dos nodos espa\u00f1ois de EU-OPENSCREEN, o coordinador da quimioteca do CSIC, e representantes de EU-VOS de Portugal.<\/p>\n<p>A quimioteca ou librer\u00eda qu\u00edmica \u00e9 unha colecci\u00f3n de compostos de orixe qu\u00edmica ou illadas de extractos naturais, almacenadas, catalogadas e caracterizadas segundo a s\u00faa estrutura e par\u00e1metros de actividade. Con mostras cunha rastrexabilidade total, tanto da procedencia como dos usos posteriores nos diferentes ensaios farmacol\u00f3xicos e serven para marcar a pegada qu\u00edmica nos procesos celulares na sa\u00fade e a enfermidade. Permite\u00a0fomentar a colaboraci\u00f3n cient\u00edfica\u00a0entre grupos de investigaci\u00f3n e empresas dos diferentes \u00e1mbitos, axilizando o proceso o<strong>\u00a0descubrimento de novos f\u00e1rmacos.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Fundaci\u00f3n Kaertor, o mellor aliado en descubrimento de f\u00e1rmacos<\/strong><\/p>\n<p>A misi\u00f3n da Fundaci\u00f3n Kaertor \u00e9 xerar, promover e executar programas de descubrimento de medicamentos e a econom\u00eda social e produtiva deste sector. Pioneira en innovaci\u00f3n aberta e codesarrollo p\u00fablico-privado en Galicia, dirixe as s\u00faas actividades \u00e1 transferencia rec\u00edproca de resultados de investigaci\u00f3n no contexto actual da innovaci\u00f3n aberta no descubrimento de f\u00e1rmacos. \u00c9 unha iniciativa global que d\u00e1 continuidade aos resultados do proxecto Innopharma da USC e \u00e1 s\u00faa sustentabilidade, e est\u00e1 liderada polos coordinadores da Plataforma Innopharma \u00c1ngel Carracedo e Mabel Louza.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Liderado pola Fundaci\u00f3n Kaertor, incl\u00fae innovadores proxectos dos socios de investigaci\u00f3n, as tres universidades galegas e os tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria, e est\u00e1 financiado pola Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, Ciencia, Universidades e Formaci\u00f3n Profesional a trav\u00e9s de GAIN<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":34878,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-34872","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34872","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34872"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34872\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":34888,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34872\/revisions\/34888"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/34878"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34872"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=34872"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=34872"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}