{"id":34928,"date":"2024-07-01T09:44:17","date_gmt":"2024-07-01T07:44:17","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=34928"},"modified":"2024-07-01T09:50:57","modified_gmt":"2024-07-01T07:50:57","slug":"a-musica-terapeutica-de-sensogenoma22-galardoada-na-convocatoria-de-investigacion-e-innovacion-responsable-en-saude-do-isciii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/a-musica-terapeutica-de-sensogenoma22-galardoada-na-convocatoria-de-investigacion-e-innovacion-responsable-en-saude-do-isciii\/","title":{"rendered":"A m\u00fasica terap\u00e9utica de \u201cSensogenoma22\u201d galardoada na convocatoria de Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade do ISCIII"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 28 de xu\u00f1o de 2024.-<\/strong> O proxecto \u2018Sensogenoma22\u2019 \u00e9 unha das propostas ga\u00f1adoras da convocatoria de Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade que deu a co\u00f1ecer o Instituto de Sa\u00fade Carlos III (ISCIII). Esta iniciativa ten como obxetivo reco\u00f1ecer, apoiar e fomentar o traballo que realizan os Institutos de Investigaci\u00f3n Sanitaria (IIS) acreditados para integrar na s\u00faa actividade os principios de RRI.<\/p>\n<p>Como iniciativa de participaci\u00f3n cidad\u00e1, a comisi\u00f3n reco\u00f1eceu &#8216;Sensogenoma22: na vangarda cient\u00edfica e cultural&#8217; vinculada a un proxecto innovador de investigaci\u00f3n en m\u00fasica e sa\u00fade do IDIS. \u201cNo proxecto organiz\u00e1ronse concertos onde o p\u00fablico participou en estudos xen\u00f3micos, fomentando a divulgaci\u00f3n e participaci\u00f3n cidad\u00e1 para mellorar a calidade de vida de pacientes con enfermidades cr\u00f3nicas\u201d, sinala a comisi\u00f3n.<\/p>\n<p>Desde Sensogenomics aseguran estar moi felices polo reco\u00f1ecemento. \u201cHay moit\u00edsimo esforzo detr\u00e1s e m\u00e1is ilusi\u00f3n se cabe. Doulles o parab\u00e9n a todos os que nos acompa\u00f1aron e s\u00e9guennos acompa\u00f1ando nesta fermosa aventura, con especial agarimo \u00e1 Real Filharmon\u00eda de Galicia e a todas as asociaci\u00f3ns de pacientes que colaboran\u201d, sinalou Antonio Salas, un dos investigadores principais do proxecto.<\/p>\n<p><strong>Mellora do deterioro cognitivo<\/strong><\/p>\n<p>A trav\u00e9s de mostras biol\u00f3xicas recollidas antes y despois dos concertos, o proxecto \u2018Sensogenoma22\u2019, analizou o impacto da m\u00fasica en distintas patolox\u00edas, como o alzh\u00e9imer, o cancro ou o autismo. Para iso, levaron a cabo concertos musicais experimentais cos que investigaron \u201cas bases xen\u00e9ticas do est\u00edmulo musical e o seu potencial terap\u00e9utico na loita contra a enfermidade, en li\u00f1a coas novas tendencias cara \u00e1 medicina personalizada&#8221;, en palabras do equipo investigador.<\/p>\n<p>Os resultados puideron ser contrastados cos xenes que est\u00e1n expresados de maneira alterada nos pacientes con deterioro cognitivo, e para iso se meta-analizou a m\u00e1is de 1.200 pacientes con deterioro cognitivo leve e alzh\u00e9imer. Un dos resultados m\u00e1is rechamantes do estudo \u00e9 que os pacientes con demencia te\u00f1en unha maior sensibilidade \u00e1 m\u00fasica, \u00e9 dicir, unha maior cantidade de xenes que modifican a s\u00faa expresi\u00f3n co est\u00edmulo musical se o comparamos con persoas sas.<\/p>\n<p>Antonio Salas subli\u00f1a que \u201ca m\u00fasica modifica a expresi\u00f3n de m\u00e1is do dobre de xenes que nas persoas sen patolox\u00eda diagnosticada, e moitos destes xenes est\u00e1n relacionados con procesos neurodexenerativos; \u00e9 intuitivo pensar que o efecto da m\u00fasica ten un efecto compensatorio nos xenes.<\/p>\n<p>Neste proxecto comprobouse que polo menos o 93 % dos estudos sobre os efectos da m\u00fasica na demencia reportan resultados positivos relacionados coa memoria e melloras cognitivas, entre outros aspectos. Ademais, o traballo proporciona as primeiras evidencias de que, no caso do alzh\u00e9imer, prod\u00facense alteraci\u00f3ns na maneira na que se expresan xenes relacionados coa m\u00fasica\u201d. Federico Martin\u00f3n indica que \u201c\u00e9 nas enfermidades neurodexenerativas, na par\u00e1lise cerebral, no trastorno do espectro autista, onde temos cada vez m\u00e1is evidencias que apuntan aos beneficios da m\u00fasica na enfermidade\u201d.<\/p>\n<p><strong>Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade<\/strong><\/p>\n<p>Os catro proxectos reco\u00f1ecidos nesta terceira convocatoria corresponden a unha iniciativa de participaci\u00f3n cidad\u00e1 do IDIS (Sensogenoma22), dous iniciativas sobre ciencia aberta, do Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica de M\u00e1laga-Plataforma en Nanomedicina (IBIMA-BIONAND) e do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria e Biom\u00e9dica de Alacante (ISABIAL); e unha iniciativa de igualdade de x\u00e9nero do Instituto de Investigaci\u00f3ns Biom\u00e9dicas August Pi i Sunyer (IDIBAPS).<\/p>\n<p>A CEE considerou que todas as propostas presentadas, e especialmente os catro proxectos galardoados, \u201cimplican un gran esforzo por parte dos IIS acreditados por incorporar de maneira efectiva os diferentes principios RRI, e marcan un cami\u00f1o que deben de seguir os Institutos neste \u00e1mbito&#8221;.<\/p>\n<p>A Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable (RRI, das siglas en ingl\u00e9s Responsible Research and Innovation) \u00e9 un concepto que promulga a participaci\u00f3n activa da sociedade en ciencia e innovaci\u00f3n desde as fases m\u00e1is temper\u00e1s dos proxectos, con idea de que os futuros resultados estean o m\u00e1is ali\u00f1ados posible cos valores da sociedade. \u00c9 tam\u00e9n un t\u00e9rmino amplo que aglutina diferentes aspectos da relaci\u00f3n entre investigaci\u00f3n, innovaci\u00f3n e sociedade: acceso aberto, participaci\u00f3n cidad\u00e1, igualdade de x\u00e9nero, educaci\u00f3n cient\u00edfica, \u00e9tica e gobernanza.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto analiza a resposta xen\u00e9tica da m\u00fasica en persoas con enfermidades neurodexenerativas <\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":34931,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-34928","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34928","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34928"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34928\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":34935,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34928\/revisions\/34935"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/34931"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34928"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=34928"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=34928"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}