{"id":34936,"date":"2024-07-02T14:06:57","date_gmt":"2024-07-02T12:06:57","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=34936"},"modified":"2024-07-02T14:17:59","modified_gmt":"2024-07-02T12:17:59","slug":"o-idis-obten-unha-captacion-de-fondos-superior-aos-50-me-e-bate-un-novo-record-segundo-os-datos-da-memoria-anual-2023","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-obten-unha-captacion-de-fondos-superior-aos-50-me-e-bate-un-novo-record-segundo-os-datos-da-memoria-anual-2023\/","title":{"rendered":"O IDIS obt\u00e9n unha captaci\u00f3n de fondos superior aos 50 M\u20ac e bate un novo r\u00e9cord, segundo os datos da memoria anual 2023"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024.-<\/strong> O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS) presentou os resultados da memoria anual do ano 2023 que volven bater un r\u00e9cord hist\u00f3rico para a entidade. A directora cient\u00edfica do IDIS, M\u00aa Luz Couce, foi a encargada de dar a co\u00f1ecer os avances obtidos no \u00faltimo ano que consolidan ao centro como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega e biom\u00e9dica de Espa\u00f1a, cun crecente nivel na captaci\u00f3n de recursos e produci\u00f3n cient\u00edfica.<\/p>\n<p>Segundo os datos presentados, o IDIS obtivo unha captaci\u00f3n de fondos que supera os 50 mill\u00f3ns de euros (52.309.190\u20ac) en actividades de investigaci\u00f3n, dos cales m\u00e1is do 60 % corresponden a proxectos de investigaci\u00f3n competitivos. Durante o acto, a directora cient\u00edfica quixo reco\u00f1ecer o traballo realizado por todos os profesionais. \u201cEsta memoria non \u00e9 m\u00e1is que o relato das vosas excelentes achegas ao Instituto;\u00a0 volvemos bater r\u00e9cords nos nosos indicadores. Grazas polo voso entusiasmo e dedicaci\u00f3n diaria cun claro obxectivo: mellorar a sa\u00fade das persoas\u201d, nas s\u00faas palabras.<\/p>\n<p>Os fondos foron obtidos en 120 proxectos de \u00e1mbito nacional e internacional, 81 axudas de recursos humanos competitivas, as\u00ed como 277 estudos cl\u00ednicos e 411 contratos e servizos asinados con outras entidades. Os datos tam\u00e9n reflicten un total de 16 <em>spin-offs<\/em> activas, 7 marcas rexistradas e 47 solicitudes de patentes. No que respecta \u00e1 produci\u00f3n cient\u00edfica, o Instituto publicou un total de 1008 artigos, editoriais e revisi\u00f3ns o pasado ano.<\/p>\n<p>A directora cient\u00edfica aproveitou para p\u00f3r de relevo a necesidade dun edificio propio para o Instituto. \u201cVemos que os recursos crecen, a masa cr\u00edtica tam\u00e9n, pero necesitamos un espazo e novas instalaci\u00f3ns. Esperamos que pronto o te\u00f1amos dispo\u00f1ible para poder desenvolver a investigaci\u00f3n dunha forma \u00f3ptima\u201d, sinalou M\u00aa Luz Couce Pico, quen asegurou \u201cseguir traballando para desenvolver ferramentas innovadoras e promover pol\u00edticas que melloren a sa\u00fade das persoas\u201d. Neste senso, a entidade est\u00e1 pr\u00f3xima a solicitar a reacreditaci\u00f3n como Instituto ao ISCIII. \u201cSabemos que \u00e9 unha carreira de fondo e este ano t\u00f3canos o sprint final, por iso solicitamos o voso apoio\u201d, sinalou.<\/p>\n<p>Ao acto de presentaci\u00f3n asistiron o conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o; o xerente da \u00e1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, \u00c1ngel Facio Villanueva; o reitor da USC, Antonio L\u00f3pez;\u00a0 e a directora cient\u00edfica do IDIS, Mar\u00eda Luz Couce Pico, quen deu a co\u00f1ecer os resultados da memoria.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft  wp-image-34942\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/DSC_0381-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"291\" height=\"194\" \/><strong>Proxecci\u00f3n internacional<\/strong><\/p>\n<p>O alcance internacional do Instituto consol\u00eddase coa participacio\u0301n en 21 novos proxectos europeos. \u201cA captaci\u00f3n en proxectos internacionais supera os 7,2 mill\u00f3ns de euros; ademais o 45 % dos nosos traballos cient\u00edficos xorden da colaboraci\u00f3n internacional\u201d, sinalou M\u00aa Luz Couce Pico durante a s\u00faa intervenci\u00f3n. Un total de 453 artigos foron publicados coa colaboraci\u00f3n de grupos f\u00f3ra de Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s do Plan Estrat\u00e9xico 2023-2027, o IDIS estableceu unha folla de ruta para os pr\u00f3ximos cinco anos co obxectivo de impulsar a actividade do Instituto, \u201cpotenciando o progreso de terapias avanzadas, favorecendo a nosa posici\u00f3n en estruturas cooperativas a nivel nacional e internacional; as\u00ed como optimizando os recursos e procesos de xesti\u00f3n estimulando unha cultura innovadora que facilite a translaci\u00f3n de resultados \u00e1 nosa sociedade\u201d, sinalou Couce.<\/p>\n<p><strong>Captar e reter talento<\/strong><\/p>\n<p>No 2023, o IDIS estivo composto dun total de 1338 persoas que se integran en 105 grupos de investigaci\u00f3n, organizados en 7 \u00e1reas cient\u00edficas: Oncolox\u00eda; Xen\u00e9tica e Biolox\u00eda de Sistemas; Endocrinolox\u00eda, Nutrici\u00f3n e Metabolismo; Neurociencias; Plataformas e Metodolox\u00eda; Cardiovascular; e Infectolox\u00eda, Inflamaci\u00f3n e Vacinas.<\/p>\n<p>Durante a presentaci\u00f3n de resultados, resaltaron o incremento do capital humano dende a creaci\u00f3n do Instituto no ano 2008. O pasado ano, obtiv\u00e9ronse 81 novos contratos de persoal procedentes de axudas competitivas, ademais present\u00e1ronse 90 teses doutorais, o que reflicte o incremento na masa de investigadores da entidade e a relevancia da instituci\u00f3n no \u00e1mbito acad\u00e9mico.<\/p>\n<p>Non podemos esquecer que temos unha responsabilidade na captaci\u00f3n e retenci\u00f3n de talento. \u201cDebemos proporcionar unha actividade formativa para as novas xeraci\u00f3ns, por iso levamos a cabo un intenso labor mediante a organizaci\u00f3n de cursos, seminarios, congresos e actividades orientadas ao co\u00f1ecemento\u201d, explicou. Ademais, a directora puxo de relevo a importancia de difundir o noso traballo \u00e1 sociedade a trav\u00e9s de campa\u00f1as de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Instituto galego consolida a s\u00faa presenza internacional coa participaci\u00f3n en 21 novos proxectos europeos.<br \/>\nM\u00e1is de 1.000 artigos cient\u00edficos publicados no \u00faltimo ano.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":34945,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-34936","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34936","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34936"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34936\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":34954,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34936\/revisions\/34954"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/34945"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34936"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=34936"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=34936"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}