{"id":35052,"date":"2024-07-08T08:45:42","date_gmt":"2024-07-08T06:45:42","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=35052"},"modified":"2024-07-08T08:49:58","modified_gmt":"2024-07-08T06:49:58","slug":"o-idis-participa-nun-consorcio-para-investigar-o-cancro-de-pulmon-microcitico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-participa-nun-consorcio-para-investigar-o-cancro-de-pulmon-microcitico\/","title":{"rendered":"O IDIS participa nun consorcio para investigar o cancro de pulm\u00f3n microc\u00edtico"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024.- <\/strong>O cancro de pulm\u00f3n de c\u00e9lulas pequenas (CPCP) \u00e9 un dos tipos de cancro m\u00e1is agresivos e de maior letalidade que existen. Co fin de mellorar a superviviencia e calidade de vida dos doentes, presentouse en Madrid o proxecto SOSCLC \u201cCancro de pulm\u00f3n microc\u00edtico: das redes biol\u00f3xicas \u00e1 terapia a medida\u201d financiado pola Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola Contra o Cancro e no que participa o IDIS, e que conseguiu unha das maiores adxudicaci\u00f3ns de axudas en cancro de baixa superviviencia por 9 mill\u00f3ns de euros. O proxecto est\u00e1 liderado por Luis Paz Ares, do Hospital 12 de outubro, e Marcos Malumbres, do Hospital Vall d\u2019Hebr\u00f3n.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun dos dous proxectos financiados na convocatoria Reto 70 %, dirixida a tumores con baixa supervivencia co obxectivo de mellorala e superar esa porcentaxe a medio prazo. O proxecto no que participan m\u00e1is de 20 hospitais espa\u00f1ois e 200 investigadores, est\u00e1 dirixido a cancro de pulm\u00f3n de c\u00e9lula pequena ou microc\u00edtico e estrut\u00farase en cinco \u00e1reas de traballo, unha delas centrada en epidemiolox\u00eda, distribuci\u00f3n e factores de risco deste tumor.<\/p>\n<p>Esta primeira li\u00f1a de traballo est\u00e1 liderada polo investigador do IDIS e catedr\u00e1tico da USC, Alberto Ruano, e polo Xefe de Servizo de Oncolox\u00eda de Porta de Hierro, Mariano Provencio Pulla. O proxecto pretende co\u00f1ecer a distribuci\u00f3n, tendencias e carga deste tumor a nivel nacional e analizar o efecto de diversos factores de risco como a ocupaci\u00f3n ou a exposici\u00f3n a radon neste tumor. \u201cTr\u00e1tase da convocatoria m\u00e1is ambiciosa que houbo en Espa\u00f1a para a investigaci\u00f3n en cancro, cun financiamento de 9 mill\u00f3ns de euros no pr\u00f3ximos cinco anos para dous proxectos de investigaci\u00f3n en convocatoria competitiva, este \u00e9 un de eles\u201d, explica o investigador e catedr\u00e1tico Alberto Ruano.<\/p>\n<p><strong>O cancro de pulm\u00f3n microc\u00edtico<\/strong><\/p>\n<p>O cancro de pulm\u00f3n de c\u00e9lulas pequenas (CPCP) \u00e9 un dos tipos m\u00e1is agresivos e mortais de cancro. Medra rapidamente, disem\u00ednase moi pronto e responde mal aos tratamentos. \u201cNa maior parte dos casos diagnost\u00edcase cando xa est\u00e1 estendido e nese caso, s\u00f3 o 3 % dos doentes vive m\u00e1is de cinco anos. A\u00ednda que o tabaquismo \u00e9 o principal factor de risco, hai outros posibles factores ambientais e ocupacionais a\u00ednda pouco estudados\u201d, explica o investigador do IDIS.<\/p>\n<p>Alberto Ruano dirixiu previamente un proxecto do Instituto de Sa\u00fade Carlos III espec\u00edfico sobre cancro microc\u00edtico, concedido ao IDIS, e que ademais foi o primeiro realizado sobre cancro de pulm\u00f3n microc\u00edtico con colocaci\u00f3n de detectores de radon no domicilio dos pacientes. Adicionalmente, neste estudo previo realizouse o primeiro estudo de asociaci\u00f3n xen\u00f3mica completa, realizado polo CEGEN. Deste estudo deriv\u00e1ronse numerosas publicaci\u00f3ns en revistas internacionais.<\/p>\n<p><strong>Consorcio SOSCLC <\/strong><\/p>\n<p>Por primeira vez en Espa\u00f1a, creouse un consorcio chamado SOSCLC composto por m\u00e1is de 200 investigadores e coordinado por Luis Paz Ares, xefe de servizo de Oncolox\u00eda M\u00e9dica do Hospital 12 de Outubro, e Marcos Malumbres, do Instituto de Oncolox\u00eda (VHIO) do Hospital Vall d\u2019Hebron.<\/p>\n<p>Este consorcio incl\u00fae a investigadores nacionais e internacionais, ademais de diversas asociaci\u00f3ns e empresas dedicadas \u00e1 investigaci\u00f3n do cancro de pulm\u00f3n. O principal obxectivo \u00e9 mellorar a supervivencia e a calidade de vida dos pacientes estudando a distribuci\u00f3n e os factores de risco do CPCP en Espa\u00f1a, analizar as alteraci\u00f3ns celulares e como os tumores evaden o sistema inmunitario co fin de desenvolver novas estratexias terap\u00e9uticas.<\/p>\n<p>O traballo tam\u00e9n pretende involucrar aos pacientes na investigaci\u00f3n e aumentar a concienciaci\u00f3n social sobre a enfermidade. Co apoio da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola Contra o Cancro, este consorcio pretende mellorar o co\u00f1ecemento e tratamento do CPCP, as\u00ed como incrementar a participaci\u00f3n dos pacientes na investigaci\u00f3n e a s\u00faa visibilidade social.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O obxectivo \u00e9 mellorar a supervivencia e a calidade de vida dos doentes, as\u00ed como analizar alg\u00fans factores de risco como a exposici\u00f3n ao radon.<br \/>\nParticipan m\u00e1is de 20 hospitais espa\u00f1ois e 200 investigadores.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":35055,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-35052","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35052","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=35052"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35052\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":35057,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35052\/revisions\/35057"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35055"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=35052"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=35052"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=35052"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}