{"id":35172,"date":"2024-09-06T12:37:03","date_gmt":"2024-09-06T10:37:03","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=35172"},"modified":"2024-09-06T12:37:03","modified_gmt":"2024-09-06T10:37:03","slug":"sensoxenoma-2024-mostra-o-efecto-compensatorio-da-musica-en-enfermidades-neurodexenerativas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/sensoxenoma-2024-mostra-o-efecto-compensatorio-da-musica-en-enfermidades-neurodexenerativas\/","title":{"rendered":"\u2018Sensoxenoma 2024\u2019 mostra o efecto compensatorio da m\u00fasica en enfermidades neurodexenerativas"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2024.-<\/strong> A m\u00fasica e a investigaci\u00f3n sanitaria regresan un ano m\u00e1is co proxecto Sensogenoma 2024. O anfiteatro do IDIS acolleu a presentaci\u00f3n dos resultados da investigaci\u00f3n liderada pola \u00e1rea de Infectolog\u00eda, Inflamaci\u00f3n e Vacinas \u00a0do IDIS (grupos GenPoB e GenViP), en colaboraci\u00f3n coa Real Filharmon\u00eda de Galicia e a Federaci\u00f3n Galega de Alzh\u00e9imer (AGADEA), entre outras asociaci\u00f3ns. Entre as novidades desta edici\u00f3n, haber\u00e1 unha colaboraci\u00f3n especial coa Banda Municipal de Santiago de Compostela e o repertorio musical estar\u00e1 enfocado na m\u00fasica do cinema.<\/p>\n<p>Os promotores do proxecto e investigadores, Laura Navarro, Federico Martin\u00f3n e Antonio Salgas foron os encargados de presentar os resultados. Segundo os doutores, este estudo analizou o universo de mol\u00e9culas que se expresan a partir do ADN dunha persoa como responde a un est\u00edmulo musical, o que se co\u00f1ece como o transcriptoma. Os primeiros datos analizados mostraron o efecto compensatorio da m\u00fasica nos enfermos de Alzheimer e outras demencias.<\/p>\n<p>Un dos achados m\u00e1is relevantes corrobora a tese dos resultados presentados o ano pasado. \u201cA mu\u0301sica parece compensar a expresio\u0301n de xenes e v\u00edas que esta\u0301n disfuncionais nos pacientes con deterioraci\u00f3n cognitiva, suxerindo un efecto beneficioso na sa\u00fade cerebral\u201d, sinalou o investigador do IDIS, o Dr. Antonio Salgas.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s da recollida de mostras biol\u00f3xicas antes, durante e despois de concertos musicais, o proxecto Sensogenoma, pretende estudar o impacto da m\u00fasica en distintas patolox\u00edas, como o alzh\u00e9imer ou o autismo. Para iso levan a cabo unha serie de concertos musicais experimentais &#8220;para investigar as bases xen\u00e9ticas do est\u00edmulo musical e estudar o seu potencial terap\u00e9utico na loita contra a enfermidade, en li\u00f1a coas novas tendencias cara \u00e1 medicina personalizada&#8221;, sinalan os investigadores.<\/p>\n<p><strong>Recollida de mostras<\/strong><\/p>\n<p>Ademais da mostra de sangue e de saliva, este ano tomaranse mostras de b\u00e1goas, e usaranse 200 sensores inala\u0301mbricos grazas a unha colaboraci\u00f3n coa facultade de Psicolox\u00eda da Universidade do Minho. \u201cA trave\u0301s dos sensores que levar\u00e1n os doantes nas s\u00faas mans durante o concerto poderemos monitorizar a actividade electrode\u0301rmica e o ritmo card\u00edaco, un novo evento musical experimental xamais realizado\u201d, explicaba Antonio Salgas. A recollida farase grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n de 200 doantes voluntarios e maiores de 18 anos que xa poden reservar praza na web de Sensogenomics.<\/p>\n<p>\u201cOs resultados son sorprendentes e esperanzadores, e apuntan a que a mu\u0301sica, unha vez procesada de maneira holi\u0301stica polas principais a\u0301reas anato\u0301mico do ence\u0301falo, \u00e9 un esti\u0301mulo activador de elementos importantes da resposta inmune, cuxo eco ecoa na cavidade bucal (saliva) dos doantes. Satisfainos pensar que estes estudos poder\u00edan guiarnos na bu\u0301squeda de roteiros e dianas terape\u0301uticas na enfermidade\u201d, sinalaron os investigadores.<\/p>\n<p>Nesta edicio\u0301n, igual que nas anteriores, recolleranse mostras de persoas con enfermidades neurodegenerativas e con dano cerebral, grazas \u00e1 colaboracio\u0301n con Agadea, Sarela e o Servizo de Neurolox\u00eda do Hospital Cli\u0301nico Universitario de Santiago de Compostela.<\/p>\n<p><strong>M\u00fasica, cinema e investigaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Por primeira vez no proxecto, Sensogenoma 2024 contar\u00e1 coa intervencio\u0301n e colaboracio\u0301n da Banda de Mu\u0301sica de Santiago de Compostela. Tr\u00e1tase dun concerto experimental \u00fanico na historia que se celebrar\u00e1 o 27 de setembro e que ter\u00e1 dous partes musicais de 30 minutos nas que se recoller\u00e1n as mostras de doantes voluntarios antes, durante e despois do concerto para poder comparar os resultados de dous impulsos musicais.<\/p>\n<p>Esta nova edicio\u0301n presenta moitas novidades, \u201co repertorio do concerto esta\u0301 dedicado \u00e1 mu\u0301sica de cinema e asociado a d\u00faas emoci\u00f3ns diferentes, para poder estudar o efecto da mu\u0301sica na nosa biolox\u00eda humana, desde a expresio\u0301n dos nosos xenes ata a psicofisiolog\u00eda\u201d, indicou a investigadora e music\u00f3loga Laura Navarro.<\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #808080;\">M\u00e1s informaci\u00f3n sobre o IDIS<\/span><\/strong><\/p>\n<p><span style=\"color: #808080;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00e1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Sa\u00fade Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor para incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O repertorio musical desta nova edici\u00f3n rende homenaxe \u00e1s bandas sonoras do cinema. Ser\u00e1 o 27 de setembro no Auditorio de Galicia<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":35666,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-35172","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35172","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=35172"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35172\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":35668,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35172\/revisions\/35668"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35666"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=35172"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=35172"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=35172"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}