{"id":35930,"date":"2024-09-20T23:46:54","date_gmt":"2024-09-20T21:46:54","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=35930"},"modified":"2024-09-20T23:46:54","modified_gmt":"2024-09-20T21:46:54","slug":"o-proxecto-cognisance-inicia-a-fase-de-recrutamiento-de-personas-maiores-para-investigar-o-deterioro-cognitivo-no-alzheimer","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-proxecto-cognisance-inicia-a-fase-de-recrutamiento-de-personas-maiores-para-investigar-o-deterioro-cognitivo-no-alzheimer\/","title":{"rendered":"O proxecto \u201cCOGNISANCE\u201d inicia a fase de recrutamiento de personas maiores para investigar o deterioro cognitivo no alzh\u00e9imer"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024.- <\/strong>O proxecto \u201cCOGNISANCE\u201d impulsado polo IDIS e o IIS Galicia Sur arrinca a fase de recrutamento de residentes en Santiago de Compostela. O pasado 12 de setembro tivo lugar unha reuni\u00f3n na residencia de maiores Fundaci\u00f3n Jos\u00e9 Otero &#8211; Carmela Mart\u00ednez, xestionada por Domus Vin en Santiago, para iniciar a selecci\u00f3n de participantes. O estudo est\u00e1 coordinado polo o Dr. Roberto Ag\u00eds do grupo de Investigaci\u00f3n Traslacional en Enfermidades Neurol\u00f3xicas (ITEN) do IDIS, xunto aos investigadores do IIS Galicia Sur e o Servizo de Neurolox\u00eda do CHUS que lidera o doutor Jos\u00e9 Mar\u00eda Prieto Gonz\u00e1lez.<\/p>\n<p>Despois de conseguir a aprobaci\u00f3n por parte do Comit\u00e9 de \u00e9tica da investigaci\u00f3n de Santiago-Lugo e o consentimento das persoas residentes, o equipo do proxecto comezar\u00e1 a incorporalas en diferentes grupos: \u201cun grupo de persoas maiores sen deterioro cognitivo, un grupo con deterioro cognitivo leve e un grupo con deterioro cognitivo m\u00e1is severo ou demencia\u201d, sinala o investigador Roberto Ag\u00eds. A trav\u00e9s da recollida de mostras de sangue e as gravaci\u00f3ns de voz, a residencia de Santiago de Compostela ser\u00e1 a primeira de DomusVi que participar\u00e1 no proxecto que, posteriormente, expandirase a outros centros residenciais da compa\u00f1\u00eda como San L\u00e1zaro, Lal\u00edn, Noia ou Ribeira.<\/p>\n<p>O estudo \u201c<em>Avaliaci\u00f3n da deterioraci\u00f3n cognitiva (screening e progresi\u00f3n) usando intelixencia artificial e biomarcadores epigen\u00f3micos en poboaci\u00f3n de anci\u00e1ns<\/em>\u201d pretende valorar se os cambios no estilo de vida dunha persoa poder\u00edan ser detectados como cambios de expresi\u00f3n moleculares e\/o nos niveis de certas prote\u00ednas relevantes. O obxectivo principal \u00e9 descubrir se esta correlaci\u00f3n existe e se eses elementos poder\u00edan servir como biomarcadores para estratificar doentes con deterioro cognitivo en diferentes fases: presintom\u00e1tica, deterioro cognitivo leve e demencia.<\/p>\n<p>Crese que o deterioro cognitivo en pacientes con alzh\u00e9imer poder\u00eda predicirse anos ou d\u00e9cadas antes da aparici\u00f3n dos s\u00edntomas cl\u00ednicos da demencia, o que permitir\u00eda tomar medidas con moita antelaci\u00f3n e evitar o avance da enfermidade. \u201cAs firmas fisiol\u00f3xicas e moleculares, que se manifestan a trav\u00e9s de cambios nos niveis de biomarcadores dos flu\u00eddos corporais, como o sangue e o tecido cerebral, por exemplo, poder\u00edan proporcionar pistas suficientes de alteraci\u00f3ns cognitivas antes da aparici\u00f3n do deterioro cognitivo asociado ao envellecemento\u201d, explica o Dr. Roberto Ag\u00eds.<\/p>\n<p><strong>Biomarcadores e intelixencia artificial<\/strong><\/p>\n<p>Os investigadores de COGNISANCE traballan en dous subproyectos, un dirixido desde o IDIS por Roberto Ag\u00eds Balboa, e outro desde o IIS Galicia Sur, por C\u00e9sar Veiga. O primeiro est\u00e1 baseado en biomarcadores en sangue para detectar alteraci\u00f3ns cognitivas antes de que aparezan os s\u00edntomas; mentres que o segundo emprega datos e intelixencia artificial (IA) co fin de mellorar a precisi\u00f3n no diagn\u00f3stico e progn\u00f3stico destas patolox\u00edas.<\/p>\n<p>O estudo desenv\u00f3lvese mediante unha novidosa t\u00e9cnica denominada SIMOA\u2122 (Single-Molecule Array) para estudar os posibles biomarcadores relacionados co deterioro cognitivo en sangue pois xa hai datos robustos de biomarcadores en l\u00edquido cefalorraqu\u00eddeo &#8211; LCR (ex. amiloide, tau\u2026). \u201cO SIMOA perm\u00edtenos detectar tan s\u00f3 0,1 pg\/mL de prote\u00edna en flu\u00eddos corporais como o sangue, permitindo diagn\u00f3sticos m\u00e1is temper\u00e1ns e r\u00e1pidos; avaliar a resposta aos tratamentos e automatizar as determinaci\u00f3ns, entre outros aspectos\u201d, indica Jos\u00e9 M\u00aa Prieto, xefe do Servizo de Neurolox\u00eda do Hospital Cl\u00ednico de Santiago de Compostela.<\/p>\n<p>\u201cCon estes datos, os algoritmos de IA poder\u00edan ser usados para identificar e estratificar a deterioraci\u00f3n cognitiva en pacientes para intervenci\u00f3ns cl\u00ednicas personalizadas a cada persoa, medicina de precisi\u00f3n, segundo as s\u00faas condici\u00f3ns particulares\u201d, sinala C\u00e9sar Veiga. Ademais, o proxecto contempla a aprendizaxe en continuo para engadir en tempo real datos e mellorar continuamente a predici\u00f3n do modelo.<\/p>\n<p>Desta maneira, este traballo non s\u00f3 responder\u00e1 a unha pregunta fundamental, contribu\u00edndo as\u00ed \u00e1 investigaci\u00f3n b\u00e1sica sobre a enfermidade de Alzheimer, \u201csen\u00f3n que tam\u00e9n proporcionar\u00e1 unha valiosa ferramenta de diagn\u00f3stico para o tratamento de pacientes con deterioro cognitivo durante a vellez\u201d, sinalan os investigadores.<\/p>\n<p><strong>Para m\u00e1is informaci\u00f3n e\/ou entrevistas:<\/strong><\/p>\n<p>Roberto Ag\u00eds (IDIS) <a href=\"mailto:roberto.carlos.agis.balboa@hotmail.com\">roberto.carlos.agis.balboa@hotmail.com<\/a><\/p>\n<p>Jos\u00e9 Mar\u00eda Prieto (Servizo de Neurolox\u00eda do CHUS): <a href=\"mailto:josemaoscar.prieto@usc.es\">josemaoscar.prieto@usc.es<\/a><\/p>\n<p>C\u00e9sar Veiga (IIS Galicia Sur) <a href=\"mailto:cesar.veiga@iisgaliciasur.es\">cesar.veiga@iisgaliciasur.es<\/a><\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #808080;\">M\u00e1s informaci\u00f3n sobre o IDIS<\/span><\/strong><\/p>\n<p><span style=\"color: #808080;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00e1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Sa\u00fade Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor para incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A residencia que xestiona Domus Vi en Santiago de Compostela \u00e9 a primeira participante; o proxecto estenderase a outros centros da compa\u00f1\u00eda en San L\u00e1zaro, Lal\u00edn, Noia ou Ribeira.<br \/>\nO proxecto pretende obter biomarcadores para diagnosticar a persoas en fase presintom\u00e1tica de demencia a trav\u00e9s de IA e a t\u00e9cnica SIMOA.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":35933,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-35930","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35930","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=35930"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35930\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":35964,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35930\/revisions\/35964"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/35933"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=35930"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=35930"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=35930"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}