{"id":36267,"date":"2024-09-20T16:10:29","date_gmt":"2024-09-20T14:10:29","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=36267"},"modified":"2024-09-26T16:12:21","modified_gmt":"2024-09-26T14:12:21","slug":"o-idis-co-organiza-as-4a-xornadas-de-cardio-onco-hematoloxia-un-so-camino-na-mellora-da-atencion-aos-doentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-co-organiza-as-4a-xornadas-de-cardio-onco-hematoloxia-un-so-camino-na-mellora-da-atencion-aos-doentes\/","title":{"rendered":"O IDIS co-organiza as 4\u00aa Xornadas de Cardio-Onco-Hematolox\u00eda: &#8220;Un s\u00f3 cami\u00f1o&#8221; na mellora da atenci\u00f3n aos doentes"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>Re\u00fane aos principais profesionais de diferentes especialidades e contar\u00e1 na s\u00faa conferencia inaugural coa m\u00e1xima responsable da Sociedade Europea de Cardiolox\u00eda <\/strong><\/li>\n<li><strong>A consulta de cardio-oncohematolox\u00eda compostel\u00e1 atendeu a preto de 2.000 doentes<\/strong><\/li>\n<li><strong>Presentarase o estudo Cardiotox, que busca predicir o risco de cardiotoxicidade inducido ou secundario a diferentes tratamentos antitumorais, de tal maneira que se poida prever, e sobre todo evitar, a aparici\u00f3n de efectos secundarios cardiovasculares de forma personalizada<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024.-<\/strong> O servizo de Cardiolox\u00eda da \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza organiza, por cuarto ano, o encontro Cardio-Onco-Hematol\u00f3xico no sal\u00f3n de actos 1 do Hospital Cl\u00ednico para debater e presentar as \u00faltimas novidades na asistencia e na investigaci\u00f3n neste eido.<\/p>\n<p>A xuntanza inaug\u00farase esta tarde polo persoal investigador do IDIS, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Juanatey, Rafael L\u00f3pez e Milagros Pedreira. Contar\u00e1 ademais coa presidenta do \u201ccouncil\u201c de Cardio-Oncolox\u00eda da Sociedade Europea de Cardiolox\u00eda, Teresa L\u00f3pez, referente internacional neste eido, que impartir\u00e1 a conferencia inaugural \u201cCardio-oncolox\u00eda 2024: Perspectiva desde a Sociedade Europea de Cardiolox\u00eda\u201d.<\/p>\n<p>Preto de 2.000 doentes te\u00f1en sido atendidos na consulta de Cardio-onco-hematolox\u00eda compostel\u00e1 desde a s\u00faa posta en marcha en 2018. Tr\u00e1tase dunha \u201cunidade que agrupa a todos os profesionais implicados nos coidados destes pacientes, coa finalidade de mellorar a evoluci\u00f3n e evitar as complicaci\u00f3ns cardiovasculares que poden aparecer co tratamento oncohematol\u00f3xico e tam\u00e9n para dar a atenci\u00f3n adecuada aos enfermos con cardiopat\u00eda que desenvolven un problema oncohematol\u00f3xico.<\/p>\n<p>\u201cSon dous problemas que se interrelacionan entre si e que a d\u00eda de hoxe son as principais causas de mortalidade no noso medio: a enfermidade cardiovascular e a enfermidade oncohematol\u00f3xica, pero sabemos ademais que ambas poden interactuar e que co diagn\u00f3stico e tratamento adecuados poden evitarse moitas desas complicaci\u00f3ns e modificarse o progn\u00f3stico\u201d abundou a doutora Pedreira.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, para acadar este obxectivo, a sanidade p\u00fablica compostel\u00e1 conta cun Proceso elaborado polos profesionais que interve\u00f1en nos coidados destes pacientes e que representa a atenci\u00f3n transversal para mellorar a supervivencia e calidade de vida dos doentes. A doutora Pedreira, coordinadora da unidade, destaca especialmente o papel da enfermer\u00eda \u201cque \u00e9 crucial na atenci\u00f3n e xesti\u00f3n destes pacientes\u201d e sinala o apoio de todas as \u00e1reas do servizo da cardiolox\u00eda con esta unidade.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, tam\u00e9n est\u00e1n implicados neste proceso os profesionais de Atenci\u00f3n Primaria, que asumen o seguimento a longo prazo dos pacientes estabilizados cunha estreita relaci\u00f3n que permite unha atenci\u00f3n \u00e1xil.<\/p>\n<p>\u201cSen d\u00fabida un esforzo grande por parte de todos: Hemat\u00f3logos, Onc\u00f3logos M\u00e9dicos e Onc\u00f3logos Radioter\u00e1picos, especialistas en Medicina Nuclear, Cardi\u00f3logos, e persoal de enfermer\u00eda especializada que son o motor para que este proceso leve a cabo con \u00e9xito\u201d, destaca o coordinador da \u00e1rea de oncolox\u00eda do IDIS e xefe do Servizo de Oncolox\u00eda M\u00e9dica da \u00e1rea compostel\u00e1, Rafael L\u00f3pez.<\/p>\n<p>A atenci\u00f3n compl\u00e9tase cunha \u00e1rea especial que \u00e9 a da rehabilitaci\u00f3n en cardiooncolox\u00eda (RECO) coordinado por fisioterapeutas e coa supervisi\u00f3n de m\u00e9dicos rehabilitadores. Tam\u00e9n conta coa participaci\u00f3n de persoal de enfermer\u00eda, psicolox\u00eda, nutricionista, e coordinado por cardiolox\u00eda coa finalidade de mellorar a calidade de vida destes pacientes.<\/p>\n<p>Neste 4\u00ba encontro vanse tratar m\u00faltiples temas da cardiooncohematolox\u00eda e ach\u00e9gase a experiencia tanto na organizaci\u00f3n como no diagn\u00f3stico e o tratamento das complicaci\u00f3ns co obxectivo final de ampliar o co\u00f1ecemento e contribu\u00edr a unha mellor atenci\u00f3n aos pacientes.<\/p>\n<p><strong>Estudo Cardiotox PMP<\/strong><\/p>\n<p>Entre os temas a abordar neste encontro, est\u00e1 o Estudo Cardiotox PMP, que busca predicir o risco de cardiotoxicidade inducido ou secundario a diferentes tratamentos antitumorais, de tal maneira que se poida predicir, e sobre todo evitar, a aparici\u00f3n de efectos secundarios cardiovasculares de forma personalizada, xa que a toma de decisi\u00f3ns adecuada nesta situaci\u00f3n vai ser de gran transcendencia para o paciente.<\/p>\n<p>Analiza unha serie de variables cl\u00ednicas, de laboratorio, como son os biomacardores cl\u00e1sicos e novos biomarcadores, que xunto coas t\u00e9cnicas de imaxe, e o estudo xen\u00e9tico, permitar\u00e1n detectar e previr esa posible cardiotoxicidade Tr\u00e1tase dun estudo multic\u00e9ntrico, nacional, coa participaci\u00f3n de diferentes hospitais que contan con proceso de Cardio-Oncolox\u00eda e con grupos de investigaci\u00f3n, liderados polo servizo de Cardiolox\u00eda compostel\u00e1n e dirixido por Jos\u00e9 Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez-Juanatey e, na \u00e1rea da xen\u00e9tica, por Mar\u00eda Bri\u00f3n coa colaboraci\u00f3n dos servizos de Oncolox\u00eda e Hematolox\u00eda da \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e o grupo de investigaci\u00f3n en Cardiolox\u00eda do IDIS.<\/p>\n<p>A incorporaci\u00f3n de pacientes finalizar\u00e1 en marzo 2025 e, posteriormente, a an\u00e1lise de todas as variables e caracter\u00edsticas permitir\u00e1 identificar aos pacientes con risco de cardiotoxicidade, o que implicar\u00e1 que se poidan aplicar medidas terap\u00e9uticas de xeito personalizado. Polo de agora, o equipo santiagu\u00e9s \u00e9 o que ten incorporado maior n\u00famero de pacientes, 70 dun total de 100. A media de idade deste grupo \u00e9 de 60 anos, 40% de homes e 60% de mulleres, cuxos factores de risco m\u00e1is frecuentes son hipertensi\u00f3n e hipercolesterolemia (compartidos, como se sabe, coas enfermidade cardiovasculares). Un terzo estaban xa diagnosticados de enfermidade cardiovascular previa e por tanto era unha poboaci\u00f3n de alto risco. Os tumores m\u00e1is frecuentes son Ca mama (38%) , Ca colorectal (12%) e en terceiro lugar linfomas (9%). Ata a data a incidencia de cardiotoxicidade foi baixa ( 3.2%) pero tr\u00e1tase de resultados preliminares que requiren maiores an\u00e1lises para sacar conclusi\u00f3ns definitivas. Este estudo esta financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n, Subdirecci\u00f3n Xeral de Avaliaci\u00f3n e Fomento da Investigaci\u00f3n e pola Uni\u00f3n Europea<\/p>\n<p>\u201cSen d\u00fabida tr\u00e1tase dun proxecto moi ambicioso, que representa \u00e1 perfecci\u00f3n as vantaxes do traballo en equipo: cl\u00ednicos, investigadores, expertos en imaxe, xen\u00e9tica, e estat\u00edsticos, entre outros, cuxos resultados permitirannos aplicar diferentes algoritmos e puntuaci\u00f3ns de risco que poden representar un paso de xigante no tratamento destes pacientes\u201d, destaca a doutora Pedreira.<\/p>\n<p>Ademais, neste 4\u00ba encontro de Cardio-Onco-Hematolox\u00eda presentaranse novos tratamentos en cancro de mama e outras patolox\u00edas, a protonterapia e as novas t\u00e9cnicas de imaxe para estudo de cardiotoxidade mediante a imaxe card\u00edaca avanzada e a imaxe molecular. Tam\u00e9n haber\u00e1 espazo para a revisi\u00f3n e an\u00e1lise dunha patolox\u00eda cada vez m\u00e1is prevalente no noso medio como \u00e9 a amiloidose e a aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica das Gu\u00edas Europeas de Cardio-Oncolox\u00eda. Mostrarase tam\u00e9n a an\u00e1lise de diferentes estudos de prevenci\u00f3n de cardiotoxicidade actualmente conclu\u00eddos cunha posta ao dia da investigaci\u00f3n neste campo e revisar\u00e1nse casos clinicos de alta complexidade coas diferentes alternativas diagn\u00f3sticas e terap\u00e9uticas.<\/p>\n<p>\u201cEste 4 \u00ba encontro permitiranos unha vez mais un gran intercambio de co\u00f1ecementos e experiencias das distintas disciplinas que interve\u00f1en no tratamento destes pacientes, intercambio que resulta moi enriquecedor, e que representa o que sup\u00f3n a medicina e o traballo en equipo de forma transversal co \u00fanico obxectivo de mellorar a atenci\u00f3n aos nosos pacientes\u201d, subli\u00f1a Gonz\u00e1lez- Juanatey.<\/p>\n<p><strong><span style=\"color: #808080;\">M\u00e1s informaci\u00f3n sobre o IDIS<\/span><\/strong><\/p>\n<p><span style=\"color: #808080;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00e1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Sa\u00fade Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor para incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Re\u00fane aos principais profesionais de diferentes especialidades e contar\u00e1 na s\u00faa conferencia inaugural coa m\u00e1xima responsable da Sociedade Europea de Cardiolox\u00eda A consulta de cardio-oncohematolox\u00eda compostel\u00e1 atendeu a preto de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":36268,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-36267","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36267","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=36267"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36267\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":36271,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36267\/revisions\/36271"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/36268"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=36267"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=36267"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=36267"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}