{"id":36432,"date":"2024-10-02T14:19:47","date_gmt":"2024-10-02T12:19:47","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=36432"},"modified":"2024-10-02T22:34:37","modified_gmt":"2024-10-02T20:34:37","slug":"o-idis-recolle-a-medalla-pardo-bazan-pola-defensa-en-igualdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-recolle-a-medalla-pardo-bazan-pola-defensa-en-igualdade\/","title":{"rendered":"O IDIS recolle a Medalla Pardo Baz\u00e1n pola defensa en igualdade"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024.- <\/strong>O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS) recolleu esta ma\u00f1\u00e1 a Medalla Emilia Pardo Baz\u00e1n que entrega a Xunta de Galicia aos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria galegos. A directora cient\u00edfica, M\u00aa Luz Couce Pico, foi a encargada de recoller o galard\u00f3n honor\u00edfico no Museo de Belas Artes da Coru\u00f1a xunto coas directoras do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur e Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica da Coru\u00f1a, en reco\u00f1ecemento ao seu compromiso, traballo e defensa da igualdade entre x\u00e9neros.<\/p>\n<p>Durante o seu discurso, a directora cient\u00edfica quixo agradecer este reco\u00f1ecemento en representaci\u00f3n \u201cdo traballo de todo o persoal investigador que nos conforma\u201d e puxo de manifesto a importancia do liderado feminino no \u00e1mbito cient\u00edfico e investigador. \u201cNo IDIS entendemos que a igualdade non \u00e9 s\u00f3 un principio \u00e9tico, sen\u00f3n unha necesidade para o progreso de toda a sociedade; e co fin de conseguilo traballamos para constru\u00edr un entorno onde se valore e respecte a diversidade\u201d, nas s\u00faas palabras. Tam\u00e9n puxo de manifesto\u00a0 o compromiso do Instituto coa igualdade, \u201cnon s\u00f3 como pol\u00edtica interna, sen\u00f3n como valor fundamental nas nosas acci\u00f3ns\u201d, sinalou M\u00aa Luz Couce.<\/p>\n<p>O xurado do galard\u00f3n reco\u00f1ece ao Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) \u201cpor ser un exemplo da incorporaci\u00f3n das mulleres ao mundo da ciencia; os tres institutos est\u00e1n dirixidos por mulleres e isto converte a Galicia nun referente neste \u00e1mbito\u201d, sinalaron durante a cerimonia. Actualmente, s\u00f3 10 dos 32 institutos do sector sanitario que est\u00e1n en funcionamento en Espa\u00f1a at\u00f3panse dirixidos por mulleres, \u201cpolo que o IDIS constit\u00fae un exemplo de incorporaci\u00f3n da perspectiva de x\u00e9nero \u00e1 investigaci\u00f3n sanitaria\u201d, sinalaron.<\/p>\n<p>O acto estivo presidido pola conselleira de Pol\u00edtica Social e Igualdade, Fabiola Garc\u00eda; a Directora Xeral de Promoci\u00f3n da Igualdade, Mar\u00eda Quintiana; e a alcaldesa da Coru\u00f1a, In\u00e9s Rey; entre outras personalidades. Ademais dos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria de Galicia, as Medallas Emilia Pardo Baz\u00e1n foron concedidas \u00e1 Asociaci\u00f3n de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e a Rosa Celia Otero Gra\u00f1a, presidenta da Asociaci\u00f3n Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p><strong>Unha precursora do feminismo<\/strong><\/p>\n<p>Emilia Pardo Baz\u00e1n foi precursora na defensa dos dereitos das mulleres e do feminismo, as\u00ed como do acceso \u00e1 educaci\u00f3n das mulleres, ideas que trasladou \u00e1 s\u00faa obra literaria. A directora cient\u00edfica do IDIS, M\u00aa Luz Couce Pico, quixo reco\u00f1ecer o labor da autora galega polo seu traballo e pensamento que tiveron \u201cun gran impacto na loita pola igualdade entre homes e mulleres, desafiando as convecciones sociais da \u00e9poca e abrindo un cami\u00f1o para o feminismo\u201d, sinalou.<\/p>\n<p>\u201cA inferioridade do sexo feminino \u00e9 un feito universal e lamentable, pero temporal; esta frase reflicte a esperanza da escritora en que a situaci\u00f3n de inferioridade das mulleres do seu momento non durar\u00eda por sempre, sendo algo que se superar\u00eda co tempo e o esforzo. Quizais se non f\u00f3ra por todo o seu empe\u00f1o, hoxe non estariamos a falar de centros de investigaci\u00f3n biom\u00e9dica punteiros con participaci\u00f3n igualitaria entre mulleres e homes e con liderado feminino\u201d, conclu\u00edu a directora cient\u00edfica.<\/p>\n<p><strong>O IDIS, eixo da investigaci\u00f3n sanitaria<\/strong><\/p>\n<p>O IDIS consol\u00eddase como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega e un dos grandes institutos de investigaci\u00f3n biom\u00e9dica de Espa\u00f1a acreditados polo Instituto de Sa\u00fade Carlos III desde 2010, que aproveita as sinerxias entre a \u00e1rea sanitaria de Santiago e Barbanza, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela. Durante o seu discurso, a directora cient\u00edfica salientou o enorme poder competitivo do Instituto, que conta con m\u00e1is de 1300 profesionais integrados en 112 grupos de investigaci\u00f3n. \u201cO noso Instituto \u00e9 unha referencia internacional no seu \u00e1mbito, pola crecente captaci\u00f3n de recursos e produci\u00f3n cient\u00edfica\u201d, en palabras da Dra. Couce.<\/p>\n<p>Segundo os datos presentados na \u00faltima memoria anual, o IDIS obtivo unha captaci\u00f3n de fondos que supera os 50 mill\u00f3ns de euros (52.309.190\u20ac) en actividades de investigaci\u00f3n. \u201cSeguimos nun per\u00edodo de crecemento no que pretendemos potenciar a investigaci\u00f3n traslacional, fomentando a colaboraci\u00f3n entre investigadores para poder levar a cabo unha ciencia excelente e tendo en conta a cooperaci\u00f3n; porque somos conscientes de que o \u00e9xito nunca pertence a unha soa persoa, \u00e9 un equipo de profesionais que traballan con ilusi\u00f3n e af\u00e1n de mellora\u201d, sinalou a directora.<\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o IDIS <\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor a incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta reco\u00f1ece aos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria galegos. Actualmente, s\u00f3 10 dos 32 institutos do sector sanitario que est\u00e1n en funcionamento en Espa\u00f1a est\u00e1n dirixidos por mulleres.<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":36440,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-36432","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36432","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=36432"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36432\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":36434,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36432\/revisions\/36434"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/36440"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=36432"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=36432"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=36432"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}