{"id":36978,"date":"2024-10-30T12:27:28","date_gmt":"2024-10-30T11:27:28","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=36978"},"modified":"2024-10-30T12:27:28","modified_gmt":"2024-10-30T11:27:28","slug":"un-estudo-pioneiro-do-idis-utiliza-unha-proteina-do-sistema-nervioso-como-posible-biomarcador-da-depresion-maior","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/un-estudo-pioneiro-do-idis-utiliza-unha-proteina-do-sistema-nervioso-como-posible-biomarcador-da-depresion-maior\/","title":{"rendered":"Un estudo pioneiro do IDIS utiliza unha prote\u00edna do sistema nervioso como posible biomarcador da depresi\u00f3n maior"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2024.- <\/strong>A depresi\u00f3n \u00e9 un trastorno psiqui\u00e1trico complexo no que interve\u00f1en m\u00faltiples factores psicosociais, xen\u00e9ticos, epixen\u00e9ticos e biol\u00f3xicos. Co fin de atopar biomarcadores que faciliten o diagn\u00f3stico desta patolox\u00eda, o grupo de Investigaci\u00f3n Traslacional en Enfermidades Neurol\u00f3xicas (ITEN) do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS) publicou recentemente un estudo titulado \u201cNiveis plasm\u00e1ticos de cadea lixeira de neurofilamentos no trastorno depresivo maior: breve informe de investigaci\u00f3n\u201d na prestixiosa revista <em>Frontiers in Psychiatry<\/em>.<\/p>\n<p>O estudo do IDIS est\u00e1 liderado polos investigadores Carlos Fern\u00e1ndez Pereira, Roberto Ag\u00eds Balboa e Jos\u00e9 Mar\u00eda Prieto, este \u00faltimo xefe do Servizo de Neurolox\u00eda do Hospital Cl\u00ednico de Santiago de Compostela. O obxectivo da investigaci\u00f3n \u00e9 detectar pequenas variaci\u00f3ns nos niveis de neurofilamento de cadea lixeira (NFL), unha prote\u00edna do sistema nervioso que pode ser indicativo de dano axonal e que se usar\u00eda como biomarcador para a detecci\u00f3n precoz de procesos depresivos. \u201cEste achado permitir\u00eda unha estimaci\u00f3n ou cuantificaci\u00f3n do potencial dano cerebral, a monitorizaci\u00f3n e resposta ao tratamento, facendo posible as\u00ed unha predici\u00f3n do curso cl\u00ednico no trastorno depresivo maior\u201d, sinala Roberto Ag\u00eds.<\/p>\n<p>Actualmente, o diagn\u00f3stico da depresi\u00f3n e doutras condici\u00f3ns psiqui\u00e1tricas bas\u00e9ase nunha serie de escalas subxectivas que aval\u00edan a sintomatolox\u00eda dos pacientes. \u201cEn cambio, esta investigaci\u00f3n ap\u00f3iase nos biomarcadores perif\u00e9ricos (mol\u00e9culas, xenes, prote\u00ednas) que poden ser medibles de forma obxectiva para reflectir un estado fisiol\u00f3xico alterado ou patol\u00f3xico, neste caso, o biomarcador que escollemos \u00e9 o neurofilamento lixeiro\u201d, explica o primeiro autor do traballo, Carlos Fern\u00e1ndez.<\/p>\n<p>Esta investigaci\u00f3n \u00fanese \u00e1 avaliaci\u00f3n doutras prote\u00ednas que pos\u00faen potencial como biomarcadores na depresi\u00f3n, como a hormona do factor de crecemento da insulina IGF-2. \u201cNo mesmo contexto, varios proxectos en marcha do grupo ITEN est\u00e1n a usar a tecnolox\u00eda SIMOA para o estudo das demencias e da esclerose m\u00faltiple, agardamos resultados prometedores nun futuro non moi afastado\u201d, apuntan os investigadores.<\/p>\n<p><strong>Niveis de neurofilamento lixeiro (NFL)<\/strong><\/p>\n<p>Os niveis de NfL atop\u00e1ronse alterados en enfermidades neurodexenerativas como a enfermidade de Alzheimer, P\u00e1rkinson ou a esclerose m\u00faltiple, tanto en l\u00edquido cefalorraqu\u00eddeo como en sangue. Con todo, o estudo do NfL perif\u00e9rico en trastornos psiqui\u00e1tricos a\u00ednda non \u00e9 suficientemente co\u00f1ecido. \u201cNeste caso, centr\u00e1monos no estudo de doentes con trastorno depresivo maior, base\u00e1ndonos non s\u00f3 en que sup\u00f3n un potencial factor de risco para outras enfermidades neurol\u00f3xicas, sen\u00f3n tam\u00e9n pola relaci\u00f3n existente coa funci\u00f3n cognitiva\u201d, explican.<\/p>\n<p>\u201cNo presente estudo, non detectamos unha alteraci\u00f3n estatisticamente significativa nos niveis de NFL nos pacientes con diagn\u00f3stico de depresi\u00f3n maior, a pesar dunha clara tendencia \u00e1 alza con respecto ao grupo control\u201d, apuntan desde o equipo investigador. Na literatura cient\u00edfica atop\u00e1ronse resultados dispares, sendo que alg\u00fans estudos mostran niveis elevados de NFL en depresi\u00f3n comparado con controis sans, mentres que noutros non se viron cambios. En ning\u00fan caso se atoparon niveis reducidos. Alg\u00fans motivos que poden explicar estas diferenzas son o tama\u00f1o mostral, o tipo de t\u00e9cnica experimental empregada, aspectos demogr\u00e1ficos como a idade, a distribuci\u00f3n de sexos ou o \u00edndice de masa corporal, as\u00ed como o estadio ou a severidade sintomatol\u00f3xica da depresi\u00f3n.<\/p>\n<p>O tratamento farmacol\u00f3xico sup\u00f3n tam\u00e9n un aspecto fundamental no estudo de biomarcadores nos trastornos psiqui\u00e1tricos, por exemplo, como no caso de antipsic\u00f3ticos no estudo de esquizofrenia. \u201cAspectos como o tipo de tratamento antidepresivo, a dose ou a combinaci\u00f3n con outros f\u00e1rmacos como os antipsic\u00f3ticos ou as benzodiacepinas, \u00e9 de vital importancia \u00e1 hora de analizar a s\u00faa potencial influencia nos niveis perif\u00e9ricos de NFL\u201d, explican.<\/p>\n<p><strong>T\u00e9cnica SIMOA<\/strong><\/p>\n<p>Dado que o neurofilamento lixeiro se atopa unhas corenta veces m\u00e1is dilu\u00eddo en sangue, inicialmente tom\u00e1banse mostras do liquido cefalorraquideo. O proceso de obtenci\u00f3n da mostra requir\u00eda dun procedemento denominado punci\u00f3n lumbar, un m\u00e9todo altamente invasivo e inc\u00f3modo para o paciente. Neste contexto, e grazas \u00e1 t\u00e9cnica SIMOA, \u201c\u00e9 posible medir a concentraci\u00f3n do neurofilamento lixeiro de maneira precisa en tecidos perif\u00e9ricos como o soro ou o plasma, simplemente a trav\u00e9s dunha extracci\u00f3n de sangue\u201d, explican. Esta metodolox\u00eda de adquisici\u00f3n da mostra \u00e9 moito m\u00e1is r\u00e1pida, barata e notablemente menos invasiva para os pacientes.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase do primeiro estudo realizado en Espa\u00f1a en medir os niveis perif\u00e9ricos de neurofilamento lixeiro en pacientes con depresi\u00f3n, empregando a tecnolox\u00eda SIMOA. O Grupo ITEN do IDIS xestiona o SIMOA HD-XTM Automated Immunoassay Analyzer, o \u00fanico equipo automatizado de Galicia e Noroeste. Deste tipo, s\u00f3 existen seis instalados en Espa\u00f1a\u00a0 e agora pret\u00e9ndese crear unha Plataforma SIMOA para dar servizo \u00e1 demanda do IDIS, doutros centros de investigaci\u00f3n e, mesmo, das empresas.<\/p>\n<p><em>Referencia ao artigo publicado en Frontiers in Psychiatry <\/em><a href=\"https:\/\/www.frontiersin.org\/journals\/psychiatry\/articles\/10.3389\/fpsyt.2024.1476248\/abstract\"><em>https:\/\/www.frontiersin.org\/journals\/psychiatry\/articles\/10.3389\/fpsyt.2024.1476248\/abstract<\/em><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o IDIS <\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor a incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 a primeira investigaci\u00f3n en Espa\u00f1a que mide os niveis perif\u00e9ricos de neurofilamento lixeiro en doentes con depresi\u00f3n a trav\u00e9s da t\u00e9cnica SIMOA <\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":36976,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-36978","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36978","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=36978"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36978\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":36985,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36978\/revisions\/36985"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/36976"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=36978"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=36978"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=36978"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}