{"id":37154,"date":"2024-11-07T12:56:58","date_gmt":"2024-11-07T11:56:58","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=37154"},"modified":"2024-11-07T12:56:58","modified_gmt":"2024-11-07T11:56:58","slug":"a-musica-de-sensoxenoma-ganadora-da-convocatoria-de-investigacion-e-innovacion-responsable-en-saude-do-isciii","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/a-musica-de-sensoxenoma-ganadora-da-convocatoria-de-investigacion-e-innovacion-responsable-en-saude-do-isciii\/","title":{"rendered":"A m\u00fasica de Sensoxenoma ga\u00f1adora da convocatoria de Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade do ISCIII"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2024.- <\/strong>A iniciativa musical e cient\u00edfica \u201cSensoxenoma\u201d \u00e9 unha das propostas premiadas na convocatoria de Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade (RRI) que impulsa o Instituto de Sa\u00fade Carlos III (ISCIII).\u00a0 A cerimonia de entrega de galard\u00f3ns tivo lugar en Madrid e contou coa presenza da directora cient\u00edfica do IDIS, M\u00aa Luz Couce Pico; a investigadora Laura Navarro Ram\u00f3n, e o investigador principal do proxecto, Antonio Salas Ellacuriaga, tam\u00e9n catedr\u00e1tico da Facultade de Medicina da USC e investigador do IDIS; as\u00ed como o resto de autoridades do ISCIII e os responsables doutros proxectos galardoados.<\/p>\n<p>A Comisi\u00f3n outorgou este reco\u00f1ecemento a \u201cSensoxenoma22, na vangarda cient\u00edfica e cultural\u201d como iniciativa de participaci\u00f3n cidad\u00e1 que destaca polo seu innovador enfoque en investigaci\u00f3n sobre m\u00fasica e sa\u00fade do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS). O proxecto liderado pola \u00e1rea de Infectolox\u00eda, Inflamaci\u00f3n e Vacinas do IDIS (grupos de investigaci\u00f3n GenPoB e GenViP), levou a cabo concertos \u201conde o p\u00fablico participou en investigaci\u00f3ns xen\u00f3micas, fomentando a divulgaci\u00f3n e a participaci\u00f3n cidad\u00e1 para mellorar a calidade de vida de pacientes con enfermidades cr\u00f3nicas\u201d, sinalaron desde a Comisi\u00f3n.<\/p>\n<p>Desde Sensogenomics aseguran estar moi contentos por este reco\u00f1ecemento. \u201cHai moit\u00edsimo esforzo detr\u00e1s e m\u00e1is ilusi\u00f3n se cabe. Doulles os parab\u00e9ns a todos os que nos acompa\u00f1aron e nos seguen acompa\u00f1ando nesta fermosa aventura, con especial agarimo \u00e1 Real Filharmon\u00eda de Galicia e a todas as asociaci\u00f3ns de doentes que colaboran\u201d, sinalou Antonio Salas, un dos investigadores principais do proxecto.<\/p>\n<p>A directora cient\u00edfica do IDIS, M\u00aa Luz Couce Pico, puxo de manifesto a importancia do reco\u00f1ecemento a este tipo de proxectos. \u201cA participaci\u00f3n cidad\u00e1 \u00e9 o motor que conecta a ciencia coa sociedade, garantindo que o co\u00f1ecemento xerado responda aos verdadeiros intereses e necesidades da comunidade, e este proxecto \u00e9 un gran exemplo desta conexi\u00f3n\u201d, sinalou durante a ceremonia.<\/p>\n<p>Tras unha conferencia sobre Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade, present\u00e1ronse os proxectos galadonados nas convocatorias ISCIII de RRI correspondentes aos anos 2020 a 2022. A cerimonia de entrega de certificados celebrou o traballo dos grupos de investigaci\u00f3n distinguidos dos Institutos de Investigaci\u00f3n Sanitaria, resaltando as s\u00faas achegas ao \u00e1mbito sanitario e investigador. Finalmente, Antonio Salas, como investigador principal de Sensoxenoma, compartiu unha breve presentaci\u00f3n do proxecto, que culminou nun coloquio para abordar os aspectos m\u00e1is innovadores e as perspectivas futuras desta iniciativa.<\/p>\n<p><strong>Pode a m\u00fasica modificar os nosos xenes?<\/strong><\/p>\n<p>Os resultados desta investigaci\u00f3n proporcionan as primeiras evidencias de que, no caso do alzh\u00e9imer, prod\u00facense alteraci\u00f3ns na maneira na que se expresan xenes relacionados coa m\u00fasica\u201d. O investigador do IDIS, Federico Martin\u00f3n, apunta que \u00e9 \u201cnas enfermidades neurodexenerativas, na par\u00e1lise cerebral, no trastorno do espectro autista, onde temos cada vez m\u00e1is evidencias que apuntan aos beneficios da m\u00fasica na enfermidade\u201d. Desta forma, comprobouse que polo menos o 93 % dos estudos sobre os efectos da m\u00fasica na demencia reportan resultados positivos relacionados coa memoria e melloras cognitivas.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s da recollida de mostras biol\u00f3xicas antes, durante e despois dos concertos musicais, Sensoxenoma estuda o impacto da m\u00fasica en distintas patolox\u00edas neurodexenerativas, como o alzh\u00e9imer ou as demencias. O equipo investigador do IDIS organizou unha serie de concertos musicais experimentais ao longo dos \u00faltimos anos &#8220;para investigar as bases xen\u00e9ticas do est\u00edmulo musical e estudar o seu potencial terap\u00e9utico na loita contra a enfermidade, en li\u00f1a coas novas tendencias cara \u00e1 medicina personalizada&#8221;, sinalan.<\/p>\n<p>Un dos achados m\u00e1is relevantes corrobora a tese dos datos presentados na \u00faltima edici\u00f3n. \u201cA mu\u0301sica parece compensar a expresio\u0301n de xenes e v\u00edas fisiol\u00f3xicas que esta\u0301n disfuncionais nos pacientes con deterioro cognitivp, suxerindo un efecto beneficioso na sa\u00fade cerebral\u201d, sinala o investigador do IDIS e coordinador do proxecto, Antonio Salas. Resalta tam\u00e9n que \u201cos resultados son sorprendentes e apuntan a que a mu\u0301sica, unha vez procesada de maneira holi\u0301stica polas principais a\u0301reas anato\u0301micas do ence\u0301falo, \u00e9 un esti\u0301mulo activador de elementos importantes da resposta inmune cuxo eco resoa na cavidade bucal dos doantes. Satisfainos pensar que estes estudos poder\u00edan guiarnos na bu\u0301squeda de roteiros e dianas terape\u0301uticas na enfermidade\u201d.<\/p>\n<p><strong>Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade (RII)<\/strong><\/p>\n<p>Os catro proxectos reco\u00f1ecidos nesta terceira convocatoria corresponden a unha iniciativa de participaci\u00f3n cidad\u00e1 do IDIS (Sensoxenoma22), d\u00faas iniciativas sobre ciencia aberta, do Instituto de Investigaci\u00f3n Biom\u00e9dica de M\u00e1laga-Plataforma en Nanomedicina (IBIMA-BIONAND) e do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria e Biom\u00e9dica de Alacante (ISABIAL); e unha iniciativa de igualdade de x\u00e9nero do Instituto de Investigaci\u00f3ns Biom\u00e9dicas August Pi i Sunyer (IDIBAPS).<\/p>\n<p>A CEE considerou que todas as propostas presentadas, e especialmente os catro proxectos galardoados, \u201cimplican un gran esforzo por parte dos IIS acreditados por incorporar de maneira efectiva os diferentes principios RRI, e marcan un cami\u00f1o que deben de seguir os Institutos neste \u00e1mbito&#8221;. Esta convocatoria ten como obxectivo reco\u00f1ecer, apoiar e fomentar o traballo que realizan os Institutos acreditados para integrar na s\u00faa actividade os principios de RRI: participaci\u00f3n cidad\u00e1, acceso aberto, igualdade de x\u00e9nero, educaci\u00f3n cient\u00edfica, \u00e9tica e gobernanza.<\/p>\n<p><strong>Xornadas RRI <\/strong><\/p>\n<p>O Instituto de Sa\u00fade Carlos III fixo o acto de entrega e presentaci\u00f3n das acci\u00f3ns premiadas nas convocatorias 2020, 2022 e 2024 de Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Responsable en Sa\u00fade. As xornadas celebr\u00e1ronse o d\u00eda 7 de novembro no sal\u00f3n Ernest Lluch do Instituto de Sa\u00fade Carlos III de Madrid.<\/p>\n<p>O equipo investigador de Sensogenoma est\u00e1 composto por Lorenzo Redondo Collazo, Federico Martin\u00f3n Torres, Isabel Ferreiros Vidal, Carmen Rodr\u00edguez-Tenreiro S\u00e1nchez, Jacobo Jos\u00e9 Pardo Seco, Alberto G\u00f3mez Carballa, Irene Rivero Cale, Maria Jos\u00e9 Curr\u00e1s Tuala, Sara Pischedda, Xabier Bello Paderne, Alba Cami\u00f1o Mera, Sandra Viz Lasheras, Miriam Ben Garc\u00eda, Carlos Dur\u00e1n Su\u00e1rez, Bel\u00e9n Mosquera P\u00e9rez, Sara Rey V\u00e1zquez e Laura Navarro Ram\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre Sensoxenoma<\/strong><\/p>\n<p>Investigadores principais<\/p>\n<ul>\n<li>Antonio Salas Ellacuriaga<\/li>\n<li>Federico Martin\u00f3n Torres<\/li>\n<\/ul>\n<p>Coordinaci\u00f3n<\/p>\n<ul>\n<li>Laura Navarro Ram\u00f3n<\/li>\n<\/ul>\n<p>WEB<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"http:\/\/www.sensogenomics.com\">http:\/\/www.sensogenomics.com<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<p>RRSS<\/p>\n<ul>\n<li>Instagram: @sensogenomics__<\/li>\n<li>X: @sensogenomics<\/li>\n<li>Linkedin: @sensogenomics<\/li>\n<li>Facebook: @sensogenomics<\/li>\n<\/ul>\n<p>WEBs dos grupos de investigaci\u00f3n do IDIS<\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"http:\/\/genpob.eu\">http:\/\/genpob.eu<\/a><\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/genvip.eu\">http:\/\/genvip.eu<\/a><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o IDIS <\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor a incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto do IDIS amosa o efecto compensatorio do est\u00edmulo musical en enfermedades neurodexenerativas, como o alzh\u00e9imer ou as demencias<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":37157,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,531],"tags":[],"class_list":["post-37154","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37154","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37154"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37154\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":37159,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37154\/revisions\/37159"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/37157"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37154"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37154"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37154"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}