{"id":37352,"date":"2024-11-22T12:54:46","date_gmt":"2024-11-22T11:54:46","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=37352"},"modified":"2024-11-22T13:00:17","modified_gmt":"2024-11-22T12:00:17","slug":"nace-new-heart-un-proyecto-pionero-para-avanzar-en-la-atencion-cardiovascular-transfronteriza-entre-galicia-y-el-norte-de-portugal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/nace-new-heart-un-proyecto-pionero-para-avanzar-en-la-atencion-cardiovascular-transfronteriza-entre-galicia-y-el-norte-de-portugal\/","title":{"rendered":"Nace \u201cNew Heart\u201d, un proyecto pionero para avanzar en la atenci\u00f3n cardiovascular transfronteriza entre Galicia y el norte de Portugal"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O proxecto pretende mellorar os indicadores de sa\u00fade cardiovascular e transformar o modelo asistencial da eurorrexi\u00f3n a trav\u00e9s da medicina personalizada cun enfoque preventivo<\/strong><\/li>\n<li><strong>Tr\u00e1tase do primeiro proxecto de cooperaci\u00f3n interrexional entre Espa\u00f1a e Portugal na \u00e1rea das enfermidades cardiovasculares. Est\u00e1 impulsado pola Fundaci\u00f3n FIDIS e o Servizo de Cardiolox\u00eda de Santiago de Compostela<\/strong><\/li>\n<li><strong>Participa a spin-off do IDIS, FlowReserve, que prop\u00f3n soluci\u00f3ns no \u00e1mbito do diagn\u00f3stico cardiovascular mediante o uso de intelixencia artificial<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024.- <\/strong>O elevado envellecemento demogr\u00e1fico e a incidencia de enfermidades cardiovasculares en Galicia e Portugal supo\u00f1en un reto nos sistemas sanitarios de ambos territorios. Co fin de ofrecer unha soluci\u00f3n, o IDIS acolleu esta ma\u00f1\u00e1 o acto de presentaci\u00f3n do Proxecto New Heart \u201cMellora da sa\u00fade card\u00edaca na eurorrexi\u00f3n\u201d, unha iniciativa transfronteiriza pioneira en Cardiolox\u00eda que ten por obxectivo optimizar o diagn\u00f3stico temper\u00e1n de enfermidades cardiovasculares, mellorar a calidade de vida dos doentes e promover un enfoque preventivo que reduza os riscos asociados a estas patolox\u00edas. O proxecto est\u00e1 coordinado polo Servizo de Cardiolox\u00eda de Santiago e financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a trav\u00e9s do programa Interreg Espa\u00f1a-Portugal (POCTEP) 2021-2027.<\/p>\n<p>O investigador do IDIS e xefe do Servizo de Cardiolox\u00eda da \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Juanatey, foi o encargado de presentar as principais li\u00f1as do proxecto que el coordina dende Santiago. Durante o acto estivo acompa\u00f1ado polo conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio L\u00f3pez D\u00edaz; o xerente da \u00c1rea Sanitaria de Santiago e Barbanza, \u00c1ngel Facio Villanueva; e o director do Servizo de Cardiolox\u00eda da ULS de Gaia e Espinho, Ricardo Fontes Carvalho.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun proxecto de colaboraci\u00f3n transfronteiriza dese\u00f1ado para transformar a atenci\u00f3n cardiovascular na eurorrexi\u00f3n Galicia-Norte de Portugal. \u201c\u00c9 un claro exemplo de como a cooperaci\u00f3n e a tecnolox\u00eda poden mellorar a calidade de vida, demostrando que a prevenci\u00f3n e a medicina personalizada son o futuro da atenci\u00f3n sanitaria nestes dous territorios\u201d, en palabras do Dr. Juanatey. \u201cBuscamos mellorar o acceso ao diagn\u00f3stico e tratamento desde a atenci\u00f3n primaria, facilitando a detecci\u00f3n temper\u00e1 de patolox\u00edas card\u00edacas, con protocolos com\u00fans e personalizados na eurorrexi\u00f3n, asegurando unha atenci\u00f3n equitativa e baseada en evidencia cient\u00edfica\u201d, explicou o investigador do IDIS e xefe do Servizo de Cardiolox\u00eda do CHUS.<\/p>\n<p>Durante a presentaci\u00f3n, o Dr. Juanatey resaltou a importancia de liderar o primeiro proxecto de cooperaci\u00f3n interrexional entre Espa\u00f1a e Portugal na \u00e1rea das enfermidades cardiovasculares. \u201cEste proxecto ten unha orientaci\u00f3n especial, xa que pretende dese\u00f1ar un modelo de organizaci\u00f3n asistencial eficiente e cun grande impacto nos resultados de sa\u00fade en cardiopat\u00eda isqu\u00e9mica, que \u00e9 a enfermidade m\u00e1is prevalecente tanto en Galicia como no norte de Portugal\u201d, sinalou. \u201c\u00c9 unha sorte poder traballar dunha forma tan estreita con profesionais da \u00e1rea norte de Portugal cos que nos unen vinculaci\u00f3ns, non s\u00f3 profesionais, sen\u00f3n tam\u00e9n culturais e de amizade. Ogall\u00e1 este proxecto sirva para estreitar a\u00ednda m\u00e1is as relaci\u00f3ns, mesmo m\u00e1is al\u00f3 da medicina en d\u00faas \u00e1reas hist\u00f3ricas e culturamente tan unidas\u201d, apuntou o Dr. Juanatey.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Antonio L\u00f3pez remarcou o car\u00e1cter ambicioso do proxecto e a importancia da colaboraci\u00f3n transfronteiriza. \u201cO intercambio de co\u00f1ecemento con Portugal \u00e9 fundamental para o \u00e9xito deste proxecto, podemos avanzar na prevenci\u00f3n e tratamento das enfermidades card\u00edacas, mellorando as\u00ed a calidade dunha sociedade da eurorrexi\u00f3n \u00e1 que nos debemos como universidade p\u00fablica\u201d, sinalou. \u201cQuero agradecer a todos os que traballaron incansablemente para que este proxecto fose unha realidade, a s\u00faa dedicaci\u00f3n e esforzo e darlles \u00e1nimos para alc\u00e1ncense os obxectivos propostos en New Heart. Estou seguro de que entre todos constru\u00edmos un futuro m\u00e1is saudable e prometedor para Galicia e o norte de Portugal\u201d, en palabras do reitor.<\/p>\n<p>Desde a xerencia, \u00c1ngel Facio Villanueva puxo de manifesto a necesidade de avanzar cara a un sistema asistencial de maior resiliencia na poboaci\u00f3n de ambos territorios. \u201cO proxecto New Heart, liderado polo Servizo de Cardiolox\u00eda da \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, foi capaz de detectar estas novas necesidades para reforzar a capacidade dos sistemas sanitarios locais e europeos; \u00e9nchenos de orgullo ser a entidade que lidera e coordina o proxecto e estamos comprometidos cos obxectivos que se perseguen\u201d, asegurou.<\/p>\n<p>Na xornada tam\u00e9n participaron os representantes das entidades socias do proxecto, tanto galegas como portuguesas: Maria Jo\u00e3o Baptista, presidenta do Consello de Administraci\u00f3n da ULS de S\u00e3o Jo\u00e3o; Rui Guimar\u00e3es, presidente do Consello de Administraci\u00f3n da ULS de Gaia\/Espinho; Vitor Deveza, en representaci\u00f3n da Comisi\u00f3n de Coordinaci\u00f3n e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal; e Amparo Casta\u00f1o Aguado, en representaci\u00f3n da Direcci\u00f3n Xeral de Relaci\u00f3ns Exteriores e Uni\u00f3n Europea. No proxecto tam\u00e9n participan as <em>start-ups<\/em> galegas Dilemma Solutions e FlowReserve, esta \u00faltima spin-off do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS) que ofrece indicadores de medicina personalizada para o diagn\u00f3stico cardiol\u00f3xico por m\u00e9todos non invasivos.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-37355\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/NewHeart2-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" \/><\/p>\n<p><strong>Medicina personalizada, intelixencia artificial e dieta atl\u00e1ntica<\/strong><\/p>\n<p>Aproveitando as similitudes e proximidade cultural entre Galicia e a rexi\u00f3n norte de Portugal, o Proxecto New Heart pretende favorecer tanto a colaboraci\u00f3n transfronteiriza como o intercambio de co\u00f1ecemento. Entre os obxectivos desta iniciativa pioneira at\u00f3pase a incorporaci\u00f3n de t\u00e9cnicas avanzadas non invasivas e o uso de medicina personalizada a trav\u00e9s da intelixencia artificial para facilitar a diagnose en fases iniciais, ao mesmo tempo que se mellora a eficiencia de procesos e a calidade de vida do paciente.<\/p>\n<p>Estes avances na atenci\u00f3n cardiovascular dos sistemas sanitarios de Galicia e Portugal levaranse a cabo mediante a optimizaci\u00f3n de recursos. \u201cReducir os custos asociados ao manexo da enfermidade cardiovascular mediante procesos mais eficientes e preventivos; garantir\u00e1n que estas pr\u00e1cticas cheguen a toda a poboaci\u00f3n, independentemente do lugar de residencia ou das caracter\u00edsticas demogr\u00e1ficas\u201d, explicaron os coordinadores durante o acto de presentaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s de New Heart b\u00fascase a unificaci\u00f3n dos procesos asistenciais e o establecemento de procesos com\u00fans en Galicia e no Norte de Portugal. A iniciativa pretende reducir as desigualdades e impulsar unha atenci\u00f3n con protocolos com\u00fans e personalizados na eurorrexi\u00f3n, mellorando o tratamento de casos complexos. \u201cAo mesmo tempo, prom\u00f3vense os h\u00e1bitos de vida saudables e ponse en valor a dieta atl\u00e1ntica, com\u00fan a Galicia e Portugal, como base de prevenci\u00f3n de enfermidades cardiovasculares, xunto con outras pr\u00e1cticas que reducen a necesidade de atenci\u00f3n m\u00e9dica\u201d, sinalaron.<\/p>\n<p><strong>Un futuro m\u00e1is saudable para a eurorrexi\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Con este enfoque pioneiro na eurorrexi\u00f3n, ag\u00e1rdase non s\u00f3 mellorar os indicadores de sa\u00fade cardiovascular, sen\u00f3n tam\u00e9n transformar o modelo asistencial da eurorrexi\u00f3n. Desta forma, a incorporaci\u00f3n de procesos baseados en IA permitir\u00e1 acceder a un maior n\u00famero de doentes e optimizar o diagn\u00f3stico precoz, reducindo significativamente o gasto sanitario fronte aos modelos actuais.<\/p>\n<p>\u201cA colaboraci\u00f3n transfronteiriza en sa\u00fade a trav\u00e9s do proxecto New Heart non s\u00f3 reforzar\u00e1 a capacidade dos sistemas sanitarios locais, sen\u00f3n que tam\u00e9n sentar\u00e1 as bases para un modelo replicable noutras rexi\u00f3ns con desaf\u00edos similares. Galicia e Portugal, mediante esta alianza estrat\u00e9xica, aspiran a liderar a transformaci\u00f3n da atenci\u00f3n cardiovascular en Europa\u201d, sinalou o Dr. Juanatey durante a presentaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Participaci\u00f3n e colaboraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto POCTEP New Heart, re\u00fane unha ampla variedade de actores de Galicia e Portugal, entre eles instituci\u00f3ns sanitarias, universidades, empresas innovadoras do sector sa\u00fade e entidades promotoras de h\u00e1bitos saudables. Entre eles at\u00f3panse a Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega Instituto de Investigaci\u00f3n Universitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), a Unidade Local de Sa\u00fade de Gaia\/Espinho e a Unidade Local de Sa\u00fade de S\u00e3o Jo\u00e3o; a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade do Porto (UPorto); as start-ups FlowReserve Labs, S.L. e Dilemma Solutions, as\u00ed como a Fundaci\u00f3n Dieta Atl\u00e1ntica.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"color: #808080;\"><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o IDIS <\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #808080;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor a incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto pretende mellorar os indicadores de sa\u00fade cardiovascular e transformar o modelo asistencial da eurorrexi\u00f3n a trav\u00e9s da medicina personalizada cun enfoque preventivo<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":37351,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-37352","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37352","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37352"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37352\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":37358,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37352\/revisions\/37358"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/37351"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37352"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37352"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37352"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}