{"id":37390,"date":"2024-11-23T15:55:47","date_gmt":"2024-11-23T14:55:47","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=37390"},"modified":"2024-11-26T15:56:18","modified_gmt":"2024-11-26T14:56:18","slug":"cinco-proxectos-do-idis-reciben-as-axudas-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/cinco-proxectos-do-idis-reciben-as-axudas-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro\/","title":{"rendered":"Cinco proxectos do IDIS reciben as Axudas da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola Contra o Cancro"},"content":{"rendered":"<p><strong>Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024.-<\/strong> A Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola Contra o Cancro presentou as s\u00faas Axudas \u00e1 Investigaci\u00f3n AECC 2024 concedidas na provincia da Coru\u00f1a. No acto, celebrado na sede do Colexio Oficial de M\u00e9dicos da Provincia da Coru\u00f1a, entreg\u00e1ronse os diplomas correspondentes a 12 Axudas \u2014do total de 16 outorgadas este ano despois de superar un esixente proceso de concorrencia competitiva a nivel nacional\u2014. Na edici\u00f3n de 2024, as Axudas da Asociaci\u00f3n supo\u00f1en un investimento de m\u00e1is de 2,25 mill\u00f3ns de euros, que contrib\u00fae a continuar impulsando a investigaci\u00f3n oncol\u00f3xica na provincia.<\/p>\n<p>Os investigadores e investigadoras adxudicatarias do IDIS foron \u00c1ngel D\u00edaz Lagares, Jorge Barbaz\u00e1n, Luc\u00eda Sanjurjo, Alejandro Failde e Pablo Canedo Pedreira. Con estas Axudas, a Asociaci\u00f3n pretende favorecer a estabilidade laboral dos investigadores, fomentar a retenci\u00f3n do talento en todas as etapas da carreira investigadora e financiar unha investigaci\u00f3n de calidade en cancro, con especial atenci\u00f3n a aqueles tumores cunha baixa supervivencia ou pouco frecuentes.<\/p>\n<p>Carlos Lamora, vicepresidente provincial da Asociaci\u00f3n, encargouse de conducir o acto, e antes de dar paso \u00e1 entrega dos diplomas, destacou que con este acto \u201creafirmamos o noso compromiso co talento, coa investigaci\u00f3n, coa supervivencia e cos pacientes\u201d. Na Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola Contra o Cancro \u201csabemos que m\u00e1is investigaci\u00f3n \u00e9 m\u00e1is vida. Temos o obxectivo de alcanzar o 70 % de supervivencia en cancro, e o cami\u00f1o para conseguilo \u00e9 leste. Estamos a avanzar, hai futuro e hai moito por facer tam\u00e9n\u201d. Son necesarias \u201cferramentas de diagn\u00f3stico precoz e tratamentos m\u00e1is espec\u00edficos e eficaces que melloren a calidade de vida dos pacientes. A trav\u00e9s da investigaci\u00f3n, estamos a abrir cami\u00f1os cara a un futuro sen cancro, para previlo, curalo ou cronificarlo\u201d<br \/>\nGalicia \u201cest\u00e1 a avanzar en investigaci\u00f3n\u201d, asegurou Carlos Lamora. \u201cTemos talento, grandes investigadoras e investigadores e centros de referencia, un ecosistema apto para a investigaci\u00f3n. E temos que mellorar a situaci\u00f3n dos nosos profesionais, investir en I+D, impulsar a innovaci\u00f3n na investigaci\u00f3n e asegurar a estabilidade e o crecemento dese talento investigador\u201d.<\/p>\n<p><strong>Proxectos do IDIS<\/strong><\/p>\n<p>Tam\u00e9n se adxudicaron d\u00faas Axudas Investigador AECC, de 200.000 euros cada unha. A primeira foi para o Dr. Jorge Barbaz\u00e1n, investigador s\u00e9nior no Laboratorio de Oncolox\u00eda M\u00e9dica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS). O obxectivo do seu proxecto \u00e9 entender as causas da resistencia \u00e1 radioterapia en pacientes con glioblastoma e desenvolver novas estratexias terap\u00e9uticas que permitan aumentar o control da enfermidade e a supervivencia dos pacientes.<\/p>\n<p>A segunda Axuda Investigador AECC foi para a Dra. Luc\u00eda Sanjurjo, investigadora do IDIS. Co seu proxecto Nanoveh\u00edculos para equipar \u00e1s t\u00faas c\u00e9lulas fronte ao cancro espera contribu\u00edr ao avance das terapias celulares avanzadas mediante o uso de nanotecnolox\u00eda. Empregar\u00e1n un innovador sistema de veh\u00edculos de ARN para facer m\u00e1is seguras, r\u00e1pidas e econ\u00f3micas os tratamentos CAR-T, e cargar\u00e1n os nanoveh\u00edculos cunha nova terapia \u2014denominada STAb\u2014 que mostrou mellores resultados preliminares que as empregadas actualmente.<br \/>\nO Dr. \u00c1ngel D\u00edaz Lagares, investigador da Unidade de Epigen\u00e9tica e do grupo Oncomet do IDIS, recibiu a Axuda TRANSCAN \u2014150.000 euros\u2014 para desenvolver o proxecto EPILUNAR, que busca personalizar a inmunoterapia do cancro de pulm\u00f3n mediante unha an\u00e1lise de sangue baseado en biomarcadores epigen\u00e9ticos e intelixencia artificial. Desta maneira, \u00e9 posible identificar os pacientes que realmente se van a beneficiar deste tipo de tratamento.<\/p>\n<p><strong>Axuda AECC Impacto<\/strong><\/p>\n<p>A axuda AECC IMPACTO, cun importe de 450.000 euros, \u00e9 a que ten unha dotaci\u00f3n m\u00e1is elevada. Recaeu na startup biotecnol\u00f3xica Batea Oncology, representada pola s\u00faa CEO, a Dra. Sonia Mart\u00ednez Arca. A empresa est\u00e1 a desenvolver un proxecto denominado GlioHook, un dispositivo m\u00e9dico non farmacol\u00f3xico para o tratamento do glioblastoma, o cancro cerebral m\u00e1is frecuente e agresivo. Con el ab\u00f3rdase o principal problema neste tipo de tumores: a infiltraci\u00f3n de c\u00e9lulas cancerosas remanentes tras a cirurx\u00eda no cerebro. A Axuda da Asociaci\u00f3n servir\u00e1 para completar os estudos precl\u00ednicos necesarios para probar o dispositivo en pacientes con glioblastoma e comprobar a s\u00faa seguridade e eficacia para reducir as reca\u00eddas e aumentar a supervivencia.<\/p>\n<p>Entre o resto de adxudicatarios at\u00f3panse os proxectos dos investigadores Jos\u00e9 Tub\u00edo (CiMUS), Yolanda Prezado (CiMUS), Sof\u00eda Silva (INIBIC), Beatriz Rodr\u00edguez (CiMUS), Manuel Novas (USC), Marta Varela (USC), Ismael Amado (CiQUS).<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"color: #808080;\"><strong>M\u00e1s informaci\u00f3n sobre o IDIS<\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #808080;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00e1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Sa\u00fade Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor para incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024.- A Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola Contra o Cancro presentou as s\u00faas Axudas \u00e1 Investigaci\u00f3n AECC 2024 concedidas na provincia da Coru\u00f1a. No acto, celebrado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":37393,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-37390","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37390","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37390"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37390\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":37395,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37390\/revisions\/37395"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/37393"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37390"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37390"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37390"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}