{"id":37688,"date":"2024-12-17T12:24:19","date_gmt":"2024-12-17T11:24:19","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=37688"},"modified":"2024-12-17T12:24:19","modified_gmt":"2024-12-17T11:24:19","slug":"persoal-investigador-do-idis-apunta-ao-xene-ptk2b-como-posible-preditor-da-obesidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/persoal-investigador-do-idis-apunta-ao-xene-ptk2b-como-posible-preditor-da-obesidade\/","title":{"rendered":"Persoal investigador do IDIS apunta ao xene PTK2B como posible preditor da obesidade"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>No estudo liderado polo grupo de Endocrinolox\u00eda Traslacional do IDIS participaron m\u00e1is de 130 nenos e adolescentes galegos.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Os niveis de expresi\u00f3n deste xene poder\u00edan ser un biomarcador capaz de axudar na prevenci\u00f3n dos trastornos metab\u00f3licos na infancia.<\/strong><\/p>\n<p><strong>O 62 % da poboaci\u00f3n galega maior de 18 anos sofre sobrepeso; Galicia sit\u00faase como a segunda comunidade coa porcentaxe m\u00e1is alta.<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024.- <\/strong>Os niveis de obesidade infantil son un factor de risco determinante para o desenvolvemento desta enfermidade na idade adulta. Co obxectivo de identificar novos biomarcadores que poidan axudar no diagn\u00f3stico e previr os trastornos metab\u00f3licos na infancia, un grupo de investigadores do IDIS acaba de publicar unha investigaci\u00f3n na que participaron m\u00e1is de 130 nenos e adolescentes galegos que permitir\u00eda realizar unha abordaxe m\u00e1is precisa e personalizada nos pacientes.<\/p>\n<p>O obxectivo da investigaci\u00f3n, liderada polo grupo de Endocrinolox\u00eda Traslacional do IDIS, \u00e9 avaliar o papel metab\u00f3lico do xene PTK2B que produce a prote\u00edna tirosina quinasa 2 rica en prolina (Pyk2) en nenos e adolescentes con obesidade, medindo os seus niveis de expresi\u00f3n en mostras de sangue perif\u00e9rico e observando a s\u00faa asociaci\u00f3n con diferentes indicadores de obesidade e par\u00e1metros bioqu\u00edmicos. Estudos previos determinaron que a Pyk2 est\u00e1 involucrada en varias enfermidades nas que a sintomatolox\u00eda presenta alteraci\u00f3ns no equilibrio enerx\u00e9tico. \u201cCon todo, o seu papel na obesidade non se co\u00f1ece ben, este traballo proporciona informaci\u00f3n importante sobre o papel non descrito previamente deste xene na obesidade\u201d, apuntan os investigadores do IDIS.<\/p>\n<p>Tras un estudo transversal, os resultados mostraron unha maior expresi\u00f3n do xene PTK2B en 130 nenos e adolescentes con obesidade, o que suxire que o xene PTK2B participa na regulaci\u00f3n desta enfermidade. \u201cCuriosamente, atopouse que estes altos niveis de expresi\u00f3n estaban relacionados cun maior peso corporal, masa graxa, maior circunferencia da cintura, unha maior presi\u00f3n arterial e par\u00e1metros hormonais como altos niveis de leptina. Ademais, determinamos que os niveis de expresi\u00f3n do xene PTK2B poder\u00edan ser un predictor do desenvolvemento de obesidade\u201d, explica Omar Al-Massadi, l\u00edder do grupo de Endocrinolox\u00eda Traslacional do IDIS e coordinador da investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Por outra banda, estes achados abren novas v\u00edas de investigaci\u00f3n para determinar como esta tirosina quinasa pode modular a obesidade. &#8220;Este descubrimento proporciona unha visi\u00f3n \u00fanica de como unha v\u00eda previamente vinculada a enfermidades neurodexenerativas contrib\u00fae activamente \u00e1 regulaci\u00f3n metab\u00f3lica, con implicaci\u00f3ns potenciais para abordar a obesidade&#8221;, afirma Omar Al-Massadi.<\/p>\n<p>En paralelo \u00e1 publicaci\u00f3n destes datos, un artigo recentemente publicado na prestixiosa revista <em>Journal of Hepatology<\/em> destacou unha conexi\u00f3n entre Pyk2 e o f\u00edgado graxo. O estudo suxire que Pyk2 poder\u00eda desempe\u00f1ar un papel no desenvolvemento e tratamento de enfermidades hep\u00e1ticas como o f\u00edgado graxo e a fibrose hep\u00e1tica, un fen\u00f3meno estreitamente asociado coa obesidade. Esta relaci\u00f3n entre Pyk2 e o f\u00edgado graxo, combinada cos achados do grupo IDIS sobre o seu uso como novo biomarcador de obesidade, abre novas v\u00edas para o estudo da regulaci\u00f3n metab\u00f3lica.<\/p>\n<p><strong>Tratamentos personalizados e prevenci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Os investigadores do IDIS est\u00e1n a considerar colaboraci\u00f3ns interdisciplinares para traducir estes achados en aplicaci\u00f3ns cl\u00ednicas pr\u00e1cticas e avanzar cara a tratamentos metab\u00f3licos m\u00e1is personalizados. &#8220;Este descubrimento salienta a importancia de considerar o papel do xene PTK2B no campo metab\u00f3lico e como a s\u00faa modulaci\u00f3n poder\u00eda influ\u00edr na obesidade. Temos esperanzas na posibilidade de aplicar este co\u00f1ecemento para avanzar en estratexias terap\u00e9uticas m\u00e1is precisas e efectivas&#8221;, sinala o coordinador do grupo de Endocrinolox\u00eda Traslacional.<\/p>\n<p>Este achado non s\u00f3 proporciona unha base s\u00f3lida para futuras investigaci\u00f3ns, sen\u00f3n que tam\u00e9n suxire a posibilidade de desenvolver tratamentos personalizados baseados nos niveis de PTK2B. Estas intervenci\u00f3ns poder\u00edan apuntar non s\u00f3 \u00e1 obesidade sen\u00f3n tam\u00e9n a outras condici\u00f3ns metab\u00f3licas asociadas.<\/p>\n<p>O desenvolvemento dun kit de diagn\u00f3stico baseado na medida dos niveis deste biomarcador permitir\u00eda identificar a aquelas persoas con risco de padecer obesidade e as\u00ed establecer estratexias temper\u00e1s de prevenci\u00f3n. \u201cA nosa intenci\u00f3n \u00e9 xerar resultados cunha aplicaci\u00f3n cl\u00ednica que permitir\u00e1 unha translaci\u00f3n ao coidado e tratamento dos pacientes\u201d, sinala o investigador Omar Al-Massadi.<\/p>\n<p><strong>As cifras da obesidade en Galicia<\/strong><\/p>\n<p>No caso de Galicia, a prevalencia da obesidade \u00e9 alarmante, e at\u00f3pase nun nivel comparable ao resto de Espa\u00f1a. Segundo os datos da \u00faltima Enquisa Europea de Sa\u00fade, un 39 % da poboaci\u00f3n galega ten sobrepeso e un 22,5 % sofre obesidade, o que significa que uns 444.000 galegos viven con obesidade. O 62 % da poboaci\u00f3n, \u00e9 dicir, case d\u00faas de cada tres galegos maiores de 18 anos te\u00f1en exceso de peso, o que sit\u00faa a Galicia como a segunda comunidade coa porcentaxe m\u00e1is alta, tan s\u00f3 superada moi de preto por Estremadura, co 62,1 %; a media estatal est\u00e1 en torno ao 56 %.<\/p>\n<p>Os datos de exceso de peso dos nenos e adolescentes galegos, a\u00ednda que tam\u00e9n preocupantes, son m\u00e1is esperanzadores porque se atopan nun 28,4 % (18,5 % sobrepeso e 9,7 % de obesidade); por baixo da media nacional (30 % exceso de peso en nenos e adolescentes). Esta prevalencia de obesidade \u00e9 maior en homes que en mulleres, tanto en adultos como en nenos e adolescentes.<\/p>\n<p><strong>Colaboraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O traballo \u00e9 froito dunha colaboraci\u00f3n entre varios grupos do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS). Ademais do grupo de Endocrinolox\u00eda Traslacional, dirixido polo Dr. Omar Al-Massadi, tam\u00e9n participaron o grupo de Nutrici\u00f3n Pedi\u00e1trica, liderado pola Dra. Rosaura Leis; o grupo de Investigaci\u00f3n de Fisiopatolox\u00eda End\u00f3crina, dirixido pola Dra. Luisa Mar\u00eda Seoane; o grupo de Xen\u00e9tica Psiqui\u00e1trica, liderado polo Dr. Xabier Costas; e o grupo de Gastroenterolox\u00eda Molecular e Celular, liderado polo Dr. Javier Conde.<\/p>\n<p>A primeira autora do estudo \u00e9 Eva Prida, beneficiaria do Programa de Axudas Predoutorais que concede o IDIS. Tam\u00e9n foi financiado polo Instituto de Sa\u00fade Carlos III e a Axencia Galega de Innovaci\u00f3n (GAIN) a trav\u00e9s do seu programa de Axudas a Proxectos de Excelencia; e pola Fundaci\u00f3n da Sociedade Galega de Endocrinolox\u00eda, Nutrici\u00f3n e Metabolismo. Ademais, o grupo de investigaci\u00f3n liderado por Omar Al-Massadi int\u00e9grase dentro do Grupo do Ciber de Fisiopatolox\u00eda da Obesidade e Nutrici\u00f3n (CiberOBN), dirixido por Luisa Mar\u00eda Seoane, no Hospital Cl\u00ednico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).<\/p>\n<p><strong>Referencias do artigo<\/strong><\/p>\n<p>Prida E, P\u00e9rez-Lois R, J\u00e1come-Ferrer P, Mu\u00f1oz-Moreno D, Brea-Garc\u00eda B, Villal\u00f3n M, Pena-Leon V, V\u00e1zquez-Cobela R, Aguilera CM, Conde-Aranda J, Costas J, Estany-Gestal A, Qui\u00f1ones M, Leis R, Seoane LM, Al-Massadi O*. The PTK2B gen is associated with obesity, adiposity and leptin levels in children and adolescents. iScience. 2024 Oct 9;27(11):111120. doi: 10.1016\/j.isci.2024.111120. eCollection 2024 Nov 15. PMID: 39498303.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\"><strong>M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o IDIS <\/strong><\/span><\/p>\n<p><span style=\"color: #999999;\">O Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboraci\u00f3n entre a \u00c1rea Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela Como eixo da investigaci\u00f3n sanitaria galega, est\u00e1 acreditado polo Instituto de Salud Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo \u00e9 identificar e desenvolver novas soluci\u00f3ns que dean resposta aos problemas de sa\u00fade da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigaci\u00f3n, 50 M\u20ac de fondos captados no \u00faltimo ano, o IDIS contrib\u00fae co seu labor a incrementar o co\u00f1ecemento da sa\u00fade e \u00e1 consolidaci\u00f3n da innovaci\u00f3n no sector sanitario.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os niveis de expresi\u00f3n deste xene poder\u00edan ser un biomarcador capaz de axudar na prevenci\u00f3n dos trastornos metab\u00f3licos na infancia.<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":37687,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-37688","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37688","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37688"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37688\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":37692,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37688\/revisions\/37692"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/37687"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37688"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37688"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37688"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}