{"id":39470,"date":"2025-03-12T12:23:25","date_gmt":"2025-03-12T11:23:25","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=39470"},"modified":"2025-03-12T12:23:25","modified_gmt":"2025-03-12T11:23:25","slug":"a-plataforma-de-composicion-corporal-e-chequeo-metabolico-do-idis-pon-os-seus-servizos-a-disposicion-de-toda-a-poboacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/a-plataforma-de-composicion-corporal-e-chequeo-metabolico-do-idis-pon-os-seus-servizos-a-disposicion-de-toda-a-poboacion\/","title":{"rendered":"A Plataforma de Composici\u00f3n Corporal e Chequeo Metab\u00f3lico do IDIS pon os seus servizos a disposici\u00f3n de toda a poboaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><em><strong>Dotada da \u00faltima tecnolox\u00eda e con m\u00e1is de 20 anos de experiencia, este servizo permite co\u00f1ecer o noso estado nutricional e morfofuncional, a sa\u00fade celular, o estado f\u00edsico ou identificar alteraci\u00f3ns para a detecci\u00f3n precoz de enfermidades<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><strong>Deportistas e clubs profesionais e amateur est\u00e1n a usar xa a Plataforma do IDIS para mellorar o seu rendemento f\u00edsico\u00e7<\/strong><\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025.-<\/strong> &#8220;Trasladar o co\u00f1ecemento cient\u00edfico e a experiencia acumulada \u00e1 sociedade, para promover unha mellora na sa\u00fade e na calidade de vida&#8221;. As\u00ed describe Marcos Couselo, da \u00e1rea de Endocrinolox\u00eda e Nutrici\u00f3n do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS) e do CIBERobn, a Plataforma de Composici\u00f3n Corporal e Reco\u00f1ecemento Metab\u00f3lico, un servizo at\u00e9 agora circunscrito a pacientes do CHUS que se abre \u00e1 poboaci\u00f3n xeral tras comprobar os seus m\u00faltiples beneficios durante m\u00e1is de d\u00faas d\u00e9cadas.<\/p>\n<p>&#8220;Cada vez somos m\u00e1is conscientes da importancia da prevenci\u00f3n e o co\u00f1ecemento na sa\u00fade&#8221;, explica a Dra. Ana Castro Pais, responsable tam\u00e9n da Plataforma de Composici\u00f3n Corporal do IDIS e pertencente ao CIBERobn. &#8220;\u00c1s veces quen estamos nunha consulta centr\u00e1monos demasiado en tratar a enfermidade, e esquecemos a importancia da prevenci\u00f3n e do co\u00f1ecemento para que cada persoa sexa responsable e consciente da s\u00faa situaci\u00f3n&#8221;, explica a Dra. Castro Pais.<\/p>\n<p>Isto \u00e9 o que tratan de paliar pondo a Plataforma &#8220;a disposici\u00f3n de toda a poboaci\u00f3n, tam\u00e9n das persoas sas. S\u00f3 te\u00f1en que contactar connosco a trav\u00e9s da p\u00e1xina web da Plataforma de Composici\u00f3n Corporal do IDIS (<a href=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/plataformas-de-apoio-comun\/nutriobesidomica\">www.idisantiago.es\/plataformas-de-apoio-comun\/nutriobesidomica<\/a>)&#8221;, engade Marcos Couselo. Ao seu lado est\u00e1 Borja Gol\u00e1n, considerado o mellor xogador espa\u00f1ol de squash de t\u00f3dolos tempos e actual seleccionador nacional, e os n\u00famero 1 de Portugal e as Illas Virxes Brit\u00e1nicas, Catarina Nunes e Joe Chapman, \u00a0que se puxeron en mans do equipo do IDIS para co\u00f1ecer mellor o seu corpo e mellorar o seu rendemento deportivo a trav\u00e9s do soporte cient\u00edfico, m\u00e9dico e tecnol\u00f3xico que ofrece a Plataforma de Composici\u00f3n Corporal.<\/p>\n<p>Non son os \u00fanicos. Dous equipos ciclistas, o junior Picusa Academy e o equipo profesional portugu\u00e9s Tavfer que dirixe Gustavo C\u00e9sar Veloso, forman parte do programa que permitir\u00e1 aos seus deportistas co\u00f1ecer o seu corpo &#8220;a nivel metab\u00f3lico&#8221; e adaptar tanto o adestramento e o esforzo como a alimentaci\u00f3n &#8220;para lograr o mellor resultado deportivo co menor impacto para a s\u00faa sa\u00fade&#8221;, explica Ana Castro.<\/p>\n<p><strong>Tecnolox\u00eda de \u00faltima xeraci\u00f3n e aval cient\u00edfico<\/strong><\/p>\n<p>A Plataforma conta con tecnolox\u00eda de \u00faltima xeraci\u00f3n, desde absorciometr\u00eda de raios X \u00e1 elastrograf\u00eda de transici\u00f3n, calorimetr\u00eda indirecta, petismograf\u00eda por deslizamento de aire, ecograf\u00eda muscular, bioimpedancia, monitorizaci\u00f3n continua de glicosa, probas de funcionalidade muscular etc.<\/p>\n<p>Grazas ao seu amplo arsenal tecnol\u00f3xico e \u00e1 experiencia acumulada na an\u00e1lise de composici\u00f3n corporal durante os \u00faltimos 20 anos, a Plataforma permite obter unha completa an\u00e1lise de m\u00faltiples par\u00e1metros: estado nutricional, morfofuncional e sa\u00fade celular; cantidade, calidade, potencia e funcionalidade da masa muscular; gasto metab\u00f3lico en repouso e o fenotipado metab\u00f3lico; microbiota; grao de hidrataci\u00f3n; estado de sa\u00fade xeral e estado f\u00edsico. E con todo iso, obter unha an\u00e1lise de riscos asociados (cardiovasculares, diabetes, sarcopenia etc.).<\/p>\n<p>&#8220;Os resultados son sumamente interesantes, posto que permiten desde identificar alteraci\u00f3ns que poden levar a unha detecci\u00f3n precoz de patolox\u00edas at\u00e9 co\u00f1ecer o efecto que poden ter no noso organismo determinados f\u00e1rmacos, alimentos, nutrientes, compostos bioactivos, suplementos nutricionais ou diferentes patr\u00f3ns diet\u00e9ticos. Isto conv\u00e9rtea nun excelente indicador da sa\u00fade do individuo&#8221;, destaca Marcos Couselo.<\/p>\n<p>&#8220;Ademais de deportistas, para monitorizar o estado de forma e a mellora do rendemento, \u00e9 unha ferramenta valiosa para industrias do sector alimentario ou farmac\u00e9utico interesadas en valorar o efecto de produtos comercializados ou de novo desenvolvemento a nivel de composici\u00f3n corporal, para exames de sa\u00fade de empresas, para o sector p\u00fablico de I+D+i e, por suposto, para a poboaci\u00f3n xeral&#8221;, explica o investigador do grupo de Endocrinolox\u00eda Molecular do IDIS.<\/p>\n<p>Con todos os datos obtidos, a Dra. Ana Castro Pais elabora un plan personalizado que abarca recomendaci\u00f3ns nutricionais, adestramento espec\u00edfico, prevenci\u00f3n de lesi\u00f3ns e avaliaci\u00f3n e axuste de tratamentos de perda de peso (se \u00e9 o caso), e que se vai modificando ao longo do programa segundo as necesidades de cada persoa. &#8220;Deste xeito o paciente co\u00f1ece o estado do seu corpo con datos cient\u00edficos e ve como determinados h\u00e1bitos infl\u00faen de forma positiva ou negativa nel. Iso faino part\u00edcipe do cambio en prol da s\u00faa sa\u00fade, que \u00e9 unha variable que, como investigadores e m\u00e9dicos, debemos potenciar moito m\u00e1is: a prevenci\u00f3n e o co\u00f1ecemento na sa\u00fade&#8221;, concl\u00faen os investigadores.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dotada da \u00faltima tecnolox\u00eda e con m\u00e1is de 20 anos de experiencia, este servizo permite co\u00f1ecer o noso estado nutricional e morfofuncional, a sa\u00fade celular, o estado f\u00edsico ou identificar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":39468,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-39470","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39470","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=39470"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39470\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":39475,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/39470\/revisions\/39475"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/39468"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=39470"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=39470"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=39470"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}