{"id":41545,"date":"2025-07-31T09:33:17","date_gmt":"2025-07-31T07:33:17","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=41545"},"modified":"2025-07-31T09:45:06","modified_gmt":"2025-07-31T07:45:06","slug":"o-idis-impulsa-a-protonterapia-a-traves-da-intelixencia-ar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-idis-impulsa-a-protonterapia-a-traves-da-intelixencia-ar\/","title":{"rendered":"Santiago acoller\u00e1 no outono o primeiro Congreso Internacional de Medicina Cl\u00ednica organizado por estudantes"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><em><strong>O evento, que convocar\u00e1 a expertos nacionais e internacionais da medicina conta coa colaboraci\u00f3n do IDIS e a USC.<\/strong><\/em><br \/>\n<em><strong>As inscrici\u00f3ns est\u00e1n abertas desde hoxe na p\u00e1xina web oficial.<\/strong><\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025.-<\/strong> A asociaci\u00f3n estudantil Comunidade M\u00e9dica en Formaci\u00f3n (CoMeF) fai historia en Galicia ao organizar, por primeira vez, un encontro de especialistas de referencia mundial en Medicina Cl\u00ednica para debater os retos do s\u00e9culo XXI neste campo. O Congreso Internacional de Medicina Cl\u00ednica (CIMEC) 2025, unha iniciativa que conta coa colaboraci\u00f3n do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a USC, ter\u00e1 lugar os d\u00edas 3 e 4 de outubro na compostel\u00e1 Cidade da Cultura, e convocar\u00e1 a relatoras de m\u00e1ximo nivel procedentes de centros como Rutgers (Universidade estatal de New Xersei, EEUU), a Cl\u00ednica Universidade de Navarra ou o Vall d&#8217;Hebron, entre outros centros de referencia. Tam\u00e9n citar\u00e1 a 600-700 estudantes, m\u00e9dicos internos residentes e profesionais sanitarios de todo o pa\u00eds.<\/p>\n<p>O presidente do comit\u00e9 organizador e da asociaci\u00f3n CoMef, Carlos L\u00f3pez Vila, celebra que Santiago vaia a acoller este encontro \u201c\u00e9 hist\u00f3rico para Galicia e marcaremos tendencia en Espa\u00f1a: demostramos que o liderado, a excelencia acad\u00e9mica e a innovaci\u00f3n xorden cando un alumnado comprometido traballa cun profesorado que exerce de mentor e gu\u00eda&#8221;. Pola s\u00faa banda, o Dr. Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Juanatey, catedr\u00e1tico, xefe de servizo de cardiolox\u00eda e piar fundamental do comit\u00e9 cient\u00edfico do evento, quixo destacar a conveniencia deste evento, pois \u201ca Medicina Cl\u00ednica necesita foros onde se discutan casos reais con rigor, esp\u00edrito cr\u00edtico e visi\u00f3n humana. Participar nun congreso liderado por estudantes enriquece a toda a comunidade\u201d, asegura.<\/p>\n<p>Todos os membros do comit\u00e9 cient\u00edfico, do mesmo xeito que o Dr. Gonz\u00e1lez Juanatey, te\u00f1en importantes vinculaci\u00f3ns co IDIS e coa Universidade de Santiago de Compostela. Antonio L\u00f3pez D\u00edaz, reitor da instituci\u00f3n, quixo destacar a s\u00faa aposta firme por este tipo de eventos. \u201cEsta \u00e9 unha iniciativa ambiciosa e hist\u00f3rica que non dubidamos en apoiar desde o primeiro momento. Estamos entusiasmados cos estudantes comprometidos que velan por traer calidade \u00e1 universidade\u201d, afirma.<\/p>\n<p><strong>Un programa orientado \u00e1 cl\u00ednica real<\/strong><\/p>\n<p>O CIMEC 2025 xorde dun desexo dos estudantes de medicina, que expresaron a necesidade de contar con eventos como este para complementar a s\u00faa formaci\u00f3n, como v\u00e9n facendo noutras universidades de prestixio. O vicepresidente da organizaci\u00f3n do congreso e da asociaci\u00f3n CoMef, Manuel Garc\u00eda Cordeiro, est\u00e1 moi satisfeito co traballo desenvolvido e m\u00f3strase optimista &#8220;tras m\u00e1is dun ano traballando de xeito conxunto cos profesores e as organizaci\u00f3ns, ilusi\u00f3nanos moito a forma que est\u00e1 a tomar este proxecto. Cremos que aos alumnos vai encantar e esperamos poder celebrar un \u00e9xito ao grande\u201d.<br \/>\nO congreso pres\u00e9ntase, as\u00ed, como unha oportunidade para enriquecer a experiencia de alumnado e formadores, nunha contorna no que se abordar\u00e1n temas clave para a pr\u00e1ctica cl\u00ednica actual e futura. Desde o manexo integral do paciente complexo e a medicina baseada na evidencia, ata o papel fundamental da medicina de familia na atenci\u00f3n do paciente. Ademais, exploraranse os \u00faltimos avances en inmunoterapia e cancro de p\u00e1ncreas, xunto a outros temas relevantes presentados por expertos de renome.<\/p>\n<p>O evento contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de 10 l\u00edderes de opini\u00f3n internacionais, como o experto en oncolox\u00eda Mariano Barbacid; o cardi\u00f3logo Josep Brugada; Michel Kahaleh, reco\u00f1ecido pola s\u00faa innovaci\u00f3n en tratamentos endosc\u00f3picos, Ver\u00f3nica Casado, nomeada en 2018 a mellor m\u00e9dico de familia do mundo pola World Organization of Family Doctors (WONCA World); ou o mestre en xen\u00f3mica \u00c1ngel Carracedo, entre outros, que ofrecer\u00e1n relatorios maxistrais nos seus diversos campos de estudo.<\/p>\n<p>Ademais, realizaranse seminarios multidisciplinares sobre as grandes s\u00edndromes cl\u00ednicas e a coordinaci\u00f3n entre niveis asistenciais, nas que participar\u00e1n relatores galegos, maioritariamente, como a dra. \u00c1frica Gonz\u00e1lez Fern\u00e1ndez, catedr\u00e1tica de inmunolog\u00eda en Vigo. Tam\u00e9n ter\u00e1n lugar diversos talleres pr\u00e1cticos e hands-on sobre ecograf\u00eda cl\u00ednica, interpretaci\u00f3n de probas complexas, comunicaci\u00f3n de malas noticias, simulaci\u00f3n cl\u00ednica, RCP e urxencias ou manexo de v\u00edas a\u00e9reas.<\/p>\n<p>Co obxectivo de involucrar m\u00e1is aos mozos para que contrib\u00faan coas s\u00faas achegas cient\u00edficas, convocaranse premios \u00e1s mellores comunicaci\u00f3ns orais e p\u00f3steres realizados tanto por estudantes como por residentes; e organizaranse encontros informais en espazos de socializaci\u00f3n para conectar novos talentos con expertos consolidados.<\/p>\n<p>As inscrici\u00f3ns estar\u00e1n abertas desde hoxe, 30 de xullo, a un prezo reducido de 30\u20ac, que se ver\u00e1 incrementado en 5\u20ac a partir do 15 de setembro.<br \/>\nM\u00e1s informaci\u00f3n e inscrici\u00f3ns: http:\/\/cimec.comefgalicia.es\/<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O evento, que convocar\u00e1 a expertos nacionais e internacionais da medicina conta coa colaboraci\u00f3n do IDIS e a USC.<br \/>\nAs inscrici\u00f3ns est\u00e1n abertas desde hoxe na p\u00e1xina web oficial.<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":41543,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-41545","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41545","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=41545"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41545\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":41562,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41545\/revisions\/41562"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/41543"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=41545"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=41545"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=41545"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}