{"id":41853,"date":"2025-09-12T16:03:13","date_gmt":"2025-09-12T14:03:13","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=41853"},"modified":"2025-09-12T16:03:13","modified_gmt":"2025-09-12T14:03:13","slug":"o-servizo-galego-de-saude-incorpora-as-primeiras-33-persoas-investigadoras-con-praza-de-persoal-estatutario","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-servizo-galego-de-saude-incorpora-as-primeiras-33-persoas-investigadoras-con-praza-de-persoal-estatutario\/","title":{"rendered":"O Servizo Galego de Sa\u00fade incorpora \u00e1s primeiras 33 persoas investigadoras con praza de persoal estatutario"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><em><strong>G\u00f3mez Caama\u00f1o remarca que o reco\u00f1ecemento fai xustiza cun conxunto de traballadores cunha traxectoria consolidada no ecosistema sanitario.\u00a0<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><strong>Con este novo paso Galicia conv\u00e9rtese en referente no apoio \u00e1 investigaci\u00f3n como piar da sanidade p\u00fablica.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><strong>Esta integraci\u00f3n sup\u00f3n tam\u00e9n fortalecer o futuro da sanidade p\u00fablica galega, cami\u00f1o iniciado coa integraci\u00f3n das tres fundaci\u00f3ns de investigaci\u00f3n sanitaria no sector p\u00fablico.<\/strong><\/em><\/p>\n<p><em><strong>A Xunta est\u00e1 a traballar nun decreto que vai a oficializar a creaci\u00f3n da categor\u00eda profesional espec\u00edfica para o persoal investigador sanitario.<\/strong><\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025.-<\/strong> O conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o, destacou a incorporaci\u00f3n ao Servizo Galego de Sa\u00fade dos primeiros 33 investigadores con praza de persoal estatutario como un salto adiante que sit\u00faa Galicia \u00e1 vangarda.<\/p>\n<p>O titular da carteira sanitaria da Xunta, xunto co xerente da Axencia de Co\u00f1ecemento en Sa\u00fade (ACIS), Antonio Fern\u00e1ndez Campa, interveu en claus\u00faraa do acto de reco\u00f1ecemento a estes investigadores, acto no que tam\u00e9n participou a directora do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Luz Couce.<\/p>\n<p>G\u00f3mez Caama\u00f1o incidiu en que este acto de reco\u00f1ecemento fai xustiza cun conxunto de traballadores cunha traxectoria consolidada no ecosistema sanitario e que, en consecuencia, te\u00f1en dereito \u00e1 estabilidade, \u00e1 promoci\u00f3n e \u00e1 mobilidade, entre outras vantaxes laborais.<\/p>\n<p>O conselleiro remarcou que se trata de profesionais que levan anos achegando un enorme valor \u00e1 sanidade p\u00fablica coas s\u00faas investigaci\u00f3ns e o deber da Xunta \u00e9 po\u00f1er as condici\u00f3ns para que contin\u00faen traballando no sistema sanitario galego.<\/p>\n<p>En definitiva \u2014dixo o conselleiro\u2014 \u00e9 un gran paso adiante que sit\u00faa a Galicia na vangarda e conv\u00e9rtea en referencia no apoio \u00e1 investigaci\u00f3n como piar da sanidade p\u00fablica.<\/p>\n<p><strong>Mensaxe de estabilidade<\/strong><\/p>\n<p>G\u00f3mez Caama\u00f1o referiu que, coa incorporaci\u00f3n destes profesionais, a Xunta mostra a s\u00faa intenci\u00f3n de que estes investigadores sigan desenvolvendo a s\u00faa carreira no Servizo Galego de Sa\u00fade, con estabilidade e co respaldo dunha estrutura que considera a investigaci\u00f3n como factor de innovaci\u00f3n e calidade.<\/p>\n<p>En leste mesmo sentido, a directora cient\u00edfica do IDIS, Luz Couce, afirmou: \u00abEste paso que damos xuntos \u00e9 unha aposta clara pola estabilidade, polo futuro da investigaci\u00f3n en sa\u00fade e polo valor das persoas que a fan posible\u00bb.<\/p>\n<p>Esta integraci\u00f3n non s\u00f3 sup\u00f3n reco\u00f1ecer o esforzo destes investigadores sen\u00f3n, tam\u00e9n, fortalecer o futuro da sanidade p\u00fablica galega e contin\u00faa o cami\u00f1o iniciado polo Goberno galego integrando as tres fundaci\u00f3ns de investigaci\u00f3n sanitaria no sector p\u00fablico.<\/p>\n<p>O conselleiro tam\u00e9n puxo en valor que a homoxeneizaci\u00f3n das categor\u00edas profesionais, as\u00ed como a implantaci\u00f3n de melloras salariais e a regulaci\u00f3n dos permisos de conciliaci\u00f3n, supuxo un salto de calidade importante nas condici\u00f3ns laborais de 500 profesionais.<\/p>\n<p>A intenci\u00f3n do Goberno galego \u00e9 seguir avanzando nestas melloras laborais e, para ese efecto, indicou que a Xunta est\u00e1 a traballar nun decreto que vai a oficializar a creaci\u00f3n da categor\u00eda profesional espec\u00edfica para o persoal investigador sanitario. As\u00ed mesmo, o Executivo galego quere promover a integraci\u00f3n da investigaci\u00f3n na pr\u00e1ctica cl\u00ednica para mellorar a transferencia do co\u00f1ecemento e a innovaci\u00f3n en sa\u00fade.<\/p>\n<p><strong>Motor de co\u00f1ecemento<\/strong><\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n no acto, o conselleiro subli\u00f1ou que os institutos de investigaci\u00f3n sanitaria da Coru\u00f1a, Vigo e Santiago de Compostela, son un aut\u00e9ntico motor de co\u00f1ecemento e xuntos conforman un tri\u00e1ngulo de excelencia capaz de acurtar a distancia entre a innovaci\u00f3n e a mellora da atenci\u00f3n aos pacientes.<\/p>\n<p>Os profesionais destes institutos representan \u2014proseguiu G\u00f3mez Caama\u00f1o\u2014 o motivo para crer no talento e na calidade da investigaci\u00f3n sanitaria que se fai en Galicia, representando un conxunto de perf\u00eds que reflicte, de maneira exemplar, a diversidade e a riqueza do ecosistema investigador da nosa comunidade.<\/p>\n<p>Para finalizar a s\u00faa intervenci\u00f3n, o conselleiro agradeceu aos investigadores a s\u00faa entrega e contribuci\u00f3n \u00e1 sanidade p\u00fablica galega e animounos a seguir impulsando o progreso da ciencia sanitaria.<\/p>\n<div class=\"textboxes\">\n<div class=\"links\"><\/div>\n<\/div>\n<div class=\"buttons\">\n<div class=\"col_a\"><\/div>\n<div class=\"col_b\"><\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con este novo paso Galicia conv\u00e9rtese en referente no apoio \u00e1 investigaci\u00f3n como piar da sanidade p\u00fablica.<\/p>\n<p>Esta integraci\u00f3n sup\u00f3n tam\u00e9n fortalecer o futuro da sanidade p\u00fablica galega, cami\u00f1o iniciado coa integraci\u00f3n das tres fundaci\u00f3ns de investigaci\u00f3n sanitaria no sector p\u00fablico.<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":41851,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-41853","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41853","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=41853"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41853\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":41863,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41853\/revisions\/41863"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/41851"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=41853"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=41853"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=41853"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}