{"id":41899,"date":"2025-09-18T08:57:33","date_gmt":"2025-09-18T06:57:33","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=41899"},"modified":"2025-09-18T08:59:20","modified_gmt":"2025-09-18T06:59:20","slug":"gomez-caamano-anuncia-a-realizacion-dun-novo-ensaio-clinico-en-colaboracion-co-idis","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/gomez-caamano-anuncia-a-realizacion-dun-novo-ensaio-clinico-en-colaboracion-co-idis\/","title":{"rendered":"G\u00f3mez Caama\u00f1o anuncia a realizaci\u00f3n dun novo ensaio cl\u00ednico en colaboraci\u00f3n co IDIS"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><em><strong>O estudo, que ser\u00e1 realizado polo grupo de investigaci\u00f3n GenViP, liderado por Federico Martin\u00f3n, abordar\u00e1 a efectividade da vacinaci\u00f3n das persoas maiores fronte ao virus respiratorio sincitial.<\/strong><\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em><strong>O conselleiro de Sanidade realizou unha visita \u00e1s instalaci\u00f3ns do IDIS, onde demostrou o seu apoio \u00e1 instituci\u00f3n e o seu compromiso coa investigaci\u00f3n sanitaria.<\/strong><\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025.-<\/strong> O conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o, achegouse esta ma\u00f1\u00e1 \u00e1s instalaci\u00f3ns do IDIS, onde avanzou que Galicia aspira a impulsar, en colaboraci\u00f3n co grupo investigador GenViP do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) que lidera Federico Martin\u00f3n, un novo ensaio cl\u00ednico que aborde a efectividade de vacinar fronte ao virus respiratorio sincitial \u00e1s persoas maiores.<\/p>\n<p>O titular de Sanidade, acompa\u00f1ado da directora xeral de Sa\u00fade P\u00fablica, Carmen Dur\u00e1n, e do xerente da \u00e1rea sanitaria, \u00c1ngel Facio, visitou o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), xunto con Luz Couce, a directora cient\u00edfica do IDIS, e Isabel Lista, directora da Fundaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Tal e como detallou o conselleiro, a Xunta est\u00e1 \u00e1 espera de presentar o proxecto ante as axencias reguladoras e o comit\u00e9 \u00e9tico, que deben autorizalo. G\u00f3mez Caama\u00f1o espera conseguir a aprobaci\u00f3n para, deste xeito, poder impulsar un ensaio destinado a reforzar a protecci\u00f3n da sa\u00fade da cidadan\u00eda galega.<\/p>\n<p>O conselleiro explicou que a s\u00faa visita de hoxe ao IDIS enm\u00e1rcase no compromiso adquirido de achegarse aos tres institutos de investigaci\u00f3n sanitaria de Galicia. Neste sentido, lembrou a s\u00faa condici\u00f3n de investigador neste centro e remarcou a calidade do labor cient\u00edfico que realiza, a trav\u00e9s dos seus m\u00e1is de 1.400 investigadores e t\u00e9cnicos. Tam\u00e9n se referiu aos case 50 mill\u00f3ns de euros de financiamento captados no pasado ano para proxectos e aos m\u00e1is de 1.000 artigos cient\u00edficos publicados.<\/p>\n<p>Luz Couce agradeceu a visita do conselleiro, do que destacou o seu apoio e o seu compromiso coa investigaci\u00f3n e co IDIS, unha instituci\u00f3n que lle recibe con orgullo e como a un membro m\u00e1is de &#8220;esta que \u00e9 a s\u00faa casa&#8221;, aludindo \u00e1 traxectoria investigadora de G\u00f3mez Caama\u00f1o. A directora cient\u00edfica ha destacado o traballo do persoal investigador do instituto, &#8220;que segue crecendo&#8221;; os numerosos proxectos e ensaios cl\u00ednicos, as\u00ed como as 22 Plataformas de apoio com\u00fan dotadas con todo o equipamento necesario para a investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Ademais, Couce quixo avanzar os resultados provisionais da convocatoria de Acci\u00f3n Estrat\u00e9xica en Sa\u00fade do Instituto de Sa\u00fade Carlos III, na que o IDIS logrou &#8220;18 proxectos concedidos, dous m\u00e1is que o ano pasado, pero cun financiamiento un 10% menor&#8221;. Como reivindicaci\u00f3n, aproveitou para sinalar a necesidade dun novo espazo para o centro de investigaci\u00f3n. &#8220;Necesitamos do apoio institucional, nestes momentos o noso espazo \u00e9 unha prioridade&#8221;, unha demanda que asegurou vai &#8220;por bo cami\u00f1o&#8221;.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-41897 alignleft\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/DSC_0005_edited-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"505\" height=\"337\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/DSC_0005_edited-scaled.jpg 505w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/DSC_0005_edited-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 505px, 100vw\" \/><\/p>\n<p><strong>Aposta da Xunta pola investigaci\u00f3n sanitaria<\/strong><\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, o conselleiro sinalou que a Xunta quere reforzar a aposta pola investigaci\u00f3n sanitaria, que xa se viu plasmada coa integraci\u00f3n dos tres institutos no sector p\u00fablico e coa consolidaci\u00f3n das primeiras prazas de persoal de investigaci\u00f3n como estatutario coa recente incorporaci\u00f3n de 33 investigadores.<\/p>\n<p>G\u00f3mez Caama\u00f1o puxo en valor que os profesionais e usuarios da sanidade p\u00fablica son beneficiarios da investigaci\u00f3n sanitaria en Galicia. Ao respecto destacou proxectos que sit\u00faan Galicia \u00e1 vangarda como o Cringenes, destinado a detectar m\u00e1is de 300 enfermidades raras en neonatos a trav\u00e9s dun cribado xen\u00e9tico.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n referiu a colaboraci\u00f3n entre o seu departamento e o grupo de infectolog\u00eda, inflamaci\u00f3n e vacinas do IDIS que levou a Galicia a ser referente a nivel mundial en inmunizaci\u00f3n. As\u00ed, a principios deste mes present\u00e1ronse os resultados do ensaio Galflu, que acreditou a efectividade da vacina antigripal de alta carga fronte \u00e1 vacina est\u00e1ndar en persoas de 65 a 79 anos, reducindo a hospitalizaci\u00f3n por gripe en case un 32 %.<\/p>\n<p>Xunto ao anterior, Galicia foi pioneira no ano 2023 na vacinaci\u00f3n dos beb\u00e9s fronte ao virus respiratorio sincitial, que causaba a inmensa maior\u00eda dos ingresos hospitalarios nos primeiros meses de vida dos beb\u00e9s.<\/p>\n<p>O conselleiro dixo que hai moitos exemplos que falan a favor da alianza entre a investigaci\u00f3n de calidade e a sanidade p\u00fablica galega, por iso, defender a investigaci\u00f3n e fomentala \u00e9 un compromiso irrevogable da Xunta.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O estudo, que ser\u00e1 realizado polo grupo de investigaci\u00f3n GenViP, liderado por Federico Martin\u00f3n, abordar\u00e1 a efectividade da vacinaci\u00f3n das persoas maiores fronte ao virus respiratorio sincitial.<\/p>\n<p>O conselleiro de Sanidade realizou unha visita \u00e1s instalaci\u00f3ns do IDIS, onde demostrou o seu apoio \u00e1 instituci\u00f3n e o seu compromiso coa investigaci\u00f3n sanitaria.<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":41902,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-41899","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41899","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=41899"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41899\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":41911,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/41899\/revisions\/41911"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/41902"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=41899"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=41899"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=41899"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}