{"id":42191,"date":"2025-10-03T14:41:55","date_gmt":"2025-10-03T12:41:55","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=42191"},"modified":"2025-10-13T16:07:04","modified_gmt":"2025-10-13T14:07:04","slug":"a-capital-galega-acolle-a-primeira-edicion-do-congreso-internacional-de-medicina-clinica-cimec-2025","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/a-capital-galega-acolle-a-primeira-edicion-do-congreso-internacional-de-medicina-clinica-cimec-2025\/","title":{"rendered":"A capital galega acolle a primeira edici\u00f3n do Congreso Internacional de Medicina Cl\u00ednica &#8216;CIMEC 2025&#8217;"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>Ao acto inaugural asistiu o conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o, e a directora da FIDIS, Isabel Lista, entre outras autoridades<\/strong><\/p>\n<p><strong>A CIMEC prev\u00e9 reunir na capital galega arredor de 700 estudantes, m\u00e9dicos e profesionais sanitarios de todo o pa\u00eds e expertos de referencia internacional<\/strong><\/p>\n<p><em><strong>A sesi\u00f3n do s\u00e1bado arrancar\u00e1 coa intervenci\u00f3n do l\u00edder da \u00e1rea de Xen\u00e9tica do IDIS e catedr\u00e1tico da USC, \u00c1ngel Carracedo, tam\u00e9n director da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega de Medicina Xen\u00f3mica e referente en xen\u00e9tica en todo o mundo.<\/strong><\/em><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025.-<\/strong>A Cidade da Cultura acolleu esta ma\u00f1\u00e1 o acto de apertura da primeira edici\u00f3n do Congreso Internacional de Medicina Cl\u00ednica (CIMEC) organizado pola Comunidade M\u00e9dica en Formaci\u00f3n e respaldada polo Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela. Baixo o lema &#8220;Formar hoxe ao m\u00e9dico de ma\u00f1\u00e1&#8221;, o evento prev\u00e9 reunir na capital galega a m\u00e1is de 700 estudantes, m\u00e9dicos e profesionais sanitarios de todo o pa\u00eds, e contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de ponentes de primeiro nivel procedentes de instituci\u00f3ns internacionais de referencia para debater sobre os principais retos da medicina actual.<\/p>\n<p><em>A mesa inaugural estivo presidida polo conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o, que durante o seu discurso realizou unha serie de recomendaci\u00f3ns aos futuros sanitarios salientando, entre outras cuesti\u00f3ns, que &#8220;Galicia \u00e9 un bo sitio para formarse e traballar&#8221;, po\u00f1endo en valor o capital humano sanitario que permite consolidar \u00e1 comunidade galega como un referente no eido da investigaci\u00f3n cl\u00ednica.<\/em><\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, e como membro do Comit\u00e9 de Honra, a directora da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega IDIS, Isabel Lista Garc\u00eda, quixo salientar a importancia da investigaci\u00f3n na medicina cl\u00ednica. &#8220;Hoxe reun\u00edmonos para impulsar xuntos a medicina cara novas fronteiras, porque non se trata unicamente dunha pr\u00e1ctica t\u00e9cnica, sen\u00f3n unha disciplina que depende profundamente da investigaci\u00f3n e da docencia. Dende o IDIS, traballamos por ser referentes na investigaci\u00f3n traslacional, levando os avances cient\u00edficos directamente \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica e mellorando a calidade de vida dos doentes&#8221;, sinalou a directora. Durante o seu discurso tam\u00e9n quixo amosar o seu agradecemento e felicitaci\u00f3n ao labor realizado polos membros da Comunidade M\u00e9dica en Formaci\u00f3n (CoMeF), e remarcou que este Congreso &#8220;\u00e9 unha oportunidade que debemos aproveitar para inspirarnos a investigar, colaborar e a ser parte activa dos cambios que a medicina require&#8221;, en palabras da directora da FIDIS.<\/p>\n<p>Na mesa inaugural tam\u00e9n participou o encargado do Comit\u00e9 Organizador do Congreso, Carlos Vila; as\u00ed como o decano da Facultade de Medicina da USC, Javier Carreira Vilamor, que durante a s\u00faa intervenci\u00f3n agradeceu aos membros da CoMeF a organizaci\u00f3n dun evento que agarda \u00a0&#8220;sexa fruct\u00edfero e redunde nun incremento dos co\u00f1ecementos e da visi\u00f3n que todos teredes na vosa profesi\u00f3n&#8221;, apuntou. &#8220;Todos estamentos da sociedade deben colaborar e amosar as fortalezas da docencia, porque o obxectivo \u00e9 ter unha universidade viva, e este Congreso \u00e9 unha mostra clara diso&#8221;, concluiu o decano.<\/p>\n<p>Logo do acto de apertura, as persoas asistentes puideron participar na intervenci\u00f3n do bioqu\u00edmico Mariano Barbacid, un dos maiores expertos en investigaci\u00f3n oncol\u00f3xica e ex director do Centro Nacional de Investigaci\u00f3ns Oncol\u00f3xicas (CNIO). Ao longo da xornada, tam\u00e9n se presentaron os relatorios do endocrin\u00f3logo l\u00edder en terapias hormonais, Manel Puig, e do cardi\u00f3logo Josep Brugada, especialista en arritmias e descubridor dunha enfermidade causante da morte s\u00fabita card\u00edaca que hoxe leva o seu nome. Pola tarde tam\u00e9n intervir\u00e1n o especialista en Medicina Interna e Hepatolox\u00eda e director de Medicina Interna na Cl\u00ednica Universidade de Navarra, Jorge Quiroga, e a experta en medicina deportiva e vicepresidenta primeira do Colexio Oficial de M\u00e9dicos de Valladolid, Raquel Blasco.<\/p>\n<p><strong>Espazo de innovaci\u00f3n sanitaria<\/strong><\/p>\n<p>O evento pres\u00e9ntase como un espazo de encontro entre persoal profesional consolidado e novas xeraci\u00f3ns, onde a aprendizaxe pr\u00e1ctica e a innovaci\u00f3n ser\u00e1n as protagonistas. Entre hoxe e ma\u00f1\u00e1, desenvolveranse\u00a0dez relatorios maxistrais de especialistas reco\u00f1ecidos en varias \u00e1reas da medicina cl\u00ednica como \u00c1ngel Carracedo, Mariano Barbacid, Manel Puig, Josep Brugada, Jorge Quiroga, Raquel Blasco, Ver\u00f3nica Casado, Miguel Sanmamed, Michel Kahaleh e Magda Campins.<\/p>\n<p>A sesi\u00f3n do s\u00e1bado comezar\u00e1 coa intervenci\u00f3n do investigador l\u00edder na \u00e1rea de Xen\u00e9tica do IDIS e catedr\u00e1tico da USC, \u00c1ngel Carracedo \u00c1lvarez, tam\u00e9n director da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega de Medicina Xen\u00f3mica e referencia no eido da xen\u00e9tica en todo o mundo. Os relatorios continuar\u00e1n da man de Ver\u00f3nica Casado, especialista en Medicina de Familia e primeira espa\u00f1ola reco\u00f1ecida como \u2018Mellor M\u00e9dico de Familia do Mundo\u2019; Miguel Sanmamed, investigador emerxente l\u00edder do grupo de investigaci\u00f3n de inmunoterapia da Universidade de Navarra); Michel Kahaleh, xefe de gastroenterolox\u00eda nun hospital de New Jersey (EEUU); e Magda Campins, que foi presidenta do Comit\u00e9 Cient\u00edfico Asesor da COVID-19 en Catalu\u00f1a.<\/p>\n<p>Ademais, haber\u00e1 obradoiros pr\u00e1cticos e hands-on en \u00e1mbitos como ecograf\u00eda cl\u00ednica, RCP e urxencias, comunicaci\u00f3n de malas noticias, manexo de v\u00edas a\u00e9reas ou simulaci\u00f3n cl\u00ednica, e sesi\u00f3ns cient\u00edficas con comunicaci\u00f3ns orais e p\u00f3steres, abertas a estudantes e residentes, con premios aos mellores traballos.<\/p>\n<p><em>Programa completo<\/em> <em>Congreso Internacional de Medicina Cl\u00ednica CIMEC 2025:\u00a0<\/em><em>https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/cimec_programa_250717.pdf<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao acto inaugural asistiu o conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o, e a directora da FIDIS, Isabel Lista, entre outras autoridades.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":42520,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-42191","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42191","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=42191"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42191\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":42521,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42191\/revisions\/42521"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/42520"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=42191"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=42191"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=42191"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}