{"id":42418,"date":"2025-10-09T11:45:19","date_gmt":"2025-10-09T09:45:19","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=42418"},"modified":"2025-10-09T12:06:48","modified_gmt":"2025-10-09T10:06:48","slug":"arranca-a-segunda-fase-de-cognisance-un-proxecto-clave-para-o-estudo-do-deterioro-cognitivo-no-alzheimer","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/arranca-a-segunda-fase-de-cognisance-un-proxecto-clave-para-o-estudo-do-deterioro-cognitivo-no-alzheimer\/","title":{"rendered":"Arranca a segunda fase de &#8220;COGNISANCE&#8221;, un proxecto clave para o estudo do deterioro cognitivo no alzh\u00e9imer"},"content":{"rendered":"<blockquote>\n<h6><strong>A residencia Domus Vi de Santiago de Compostela \u00e9 a primeira en continuar co reclutamento de voluntarios para o estudo, seguida do resto de participantes entre as que se atopan Lal\u00edn, San L\u00e1zaro ou Noia.<\/strong><\/h6>\n<h6><strong>O proxecto desenv\u00f3lvese a trav\u00e9s de intelixencia artificial e a t\u00e9cnica SIMOA que \u00e9 capaz de detectar pequenas cantidades de prote\u00edna en sangue facilitando o diagn\u00f3stico preciso dos doentes.<\/strong><\/h6>\n<h6><strong>O ano pasado super\u00e1ronse os 150 voluntarios nas residencias galegas.<\/strong><\/h6>\n<\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025.- <\/strong>Impulsado polo IDIS e o IIS Galicia Sur, o proxecto &#8220;COGNISANCE&#8221; comeza a segunda fase de recollida de mostras nas residencias en Santiago de Compostela. Na investigaci\u00f3n participan un total de oito residencias Domus Vi nas que se realiza un seguimento para obter biomarcadores que permitan diagnosticar a persoas en fase presintom\u00e1tica de demencia. O estudo est\u00e1 coordinado polo grupo de Investigaci\u00f3n Traslacional en Enfermidades Neurol\u00f3xicas (ITEN) do IDIS, xunto ao Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur e o Servizo de Neurolox\u00eda do Hospital Cl\u00ednico de Santiago (CHUS).<\/p>\n<p>Tras a recollida de mostras desta fase realizada o pasado 18 de setembro, a residencia de Santiago de Compostela conv\u00e9rtese na primeira Domus Vi en realizar un seguimento entre os residentes que foron estratificados o ano pasado en distintos grupos: \u201cun grupo de anci\u00e1ns sen deterioraci\u00f3n cognitiva (fase presintom\u00e1tica), un grupo con deterioraci\u00f3n cognitiva leve e un grupo con deterioraci\u00f3n cognitiva m\u00e1is severa ou demencia\u201d, sinala o investigador co-l\u00edder do grupo ITEN e coordinador do proxecto, Roberto Ag\u00eds.<\/p>\n<p>Crese que a deterioraci\u00f3n cognitiva en pacientes con alzh\u00e9imer poder\u00eda predicirse anos ou d\u00e9cadas antes da aparici\u00f3n dos s\u00edntomas cl\u00ednicos da demencia. &#8220;As firmas fisiol\u00f3xicas e moleculares que se manifestan a trav\u00e9s de cambios nos niveis de biomarcadores dos flu\u00eddos corporais, como o sangue e o tecido cerebral, por exemplo, poder\u00edan proporcionar pistas suficientes de alteraci\u00f3ns cognitivas antes da aparici\u00f3n da deterioraci\u00f3n cognitiva asociada ao envellecemento&#8221;, apuntan os investigadores do IDIS.<\/p>\n<p>Nos pr\u00f3ximos meses, o seguimento de biomarcadores en residentes expandirase a outros centros residenciais da compa\u00f1\u00eda Domus Vi como San L\u00e1zaro, Lal\u00edn, Noia ou Ribeira. &#8220;PAra finais deste ano, est\u00edmase que se lograr\u00e1 culminar as visitas a todas as residencias que participan no estudo. Desta forma, a an\u00e1lise de datos lonxitudinal poder\u00eda ter lugar a comezos do 2026&#8221;, sinala Roberto Ag\u00eds.<\/p>\n<p><strong>Achados na primeira fase<\/strong><\/p>\n<p>Unha vez analizados os datos de concentraci\u00f3ns destes biomarcadores na cohorte grazas \u00e1 t\u00e9cnica SIMOA, os investigadores atoparon achados relevantes. \u201cLogo de realizar comparaci\u00f3ns entre os diferentes grupos de estudo, detectamos unha capacidade de diferenciaci\u00f3n entre grupos que se apoia co estado da arte dispo\u00f1ible nas revistas cient\u00edficas que abordan o estudo de biomarcadores no diagn\u00f3stico precoz do deterioro cognitivo, o cal \u00e9 sinal de que imos polo bo cami\u00f1o\u201d, comparte \u00c1ngeles Fern\u00e1ndez Ceballos, investigadora predoutoral do proxecto &#8220;COGNISANCE&#8221;.<\/p>\n<p>Con todo isto, xunto ao estudo lonxitudinal que se realizar\u00e1 tras a recollida das segundas extracci\u00f3ns, os investigadores declaran que agardan poder proporcionar unha visi\u00f3n m\u00e1is optimista dentro do panorama das demencias, mostrando tam\u00e9n a eficacia do SIMOA como ferramenta de diagn\u00f3stico para o tratamento de pacientes con deterioraci\u00f3n cognitiva durante a vellez.<\/p>\n<p><strong>Biomarcadores e intelixencia artificial<\/strong><\/p>\n<p>Os investigadores de &#8220;COGNISANCE&#8221; traballan en dous subproxectos, un dirixido desde o IDIS por Roberto Ag\u00eds Balboa, e outro desde o IIS Galicia Sur, por C\u00e9sar Veiga. O primeiro est\u00e1 baseado en biomarcadores en sangue para detectar alteraci\u00f3ns cognitivas antes de que aparezan os s\u00edntomas; mentres que o segundo emprega datos e intelixencia artificial (IA) co fin de mellorar a precisi\u00f3n no diagn\u00f3stico e progn\u00f3stico destas patolox\u00edas.<\/p>\n<p>Para iso, o equipo investigador traballa con algoritmos de IA &#8220;que poder\u00edan ser usados para identificar e estratificar a deterioraci\u00f3n cognitiva en pacientes para intervenci\u00f3ns cl\u00ednicas personalizadas a cada persoa, segundo as s\u00faas condici\u00f3ns particulares&#8221; sinala o investigador do IIS Galicia Sur, C\u00e9sar Veiga. Ademais, o proxecto contempla a aprendizaxe continua para engadir en tempo real datos e mellorar continuamente a predici\u00f3n deste modelo.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s da t\u00e9cnica SIMOA\u2122 (Single-Molecule Array) o equipo investigador estuda os posibles biomarcadores relacionados coa deterioraci\u00f3n cognitiva en sangue. \u201cO SIMOA perm\u00edtenos detectar tan s\u00f3 0,1 pg\/mL de prote\u00edna en flu\u00eddos corporais como o sangue (soro\/plasma) permitindo diagn\u00f3sticos m\u00e1is temper\u00e1ns e r\u00e1pidos, as\u00ed como avaliar a resposta aos tratamentos e automatizar as determinaci\u00f3ns, entre outros aspectos\u201d, indica Jos\u00e9 Mar\u00eda Prieto, xefe do Servizo de Neurolox\u00eda do Hospital Cl\u00ednico de Santiago de Compostela e l\u00edder do grupo ITEN.<\/p>\n<p>Esta tecnolox\u00eda at\u00f3pase dispo\u00f1ible na Plataforma de Biomarcadores de Flu\u00eddos Biol\u00f3xicos SIMOA HD-X (<a href=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/plataformas-de-apoyo-comun\/plataforma-de-biomarcadores-en-fluidos-bioloxicos-simoa-hd-x\/\">https:\/\/www.idisantiago.es\/plataformas-de-apoyo-comun\/plataforma-de-biomarcadores-en-fluidos-biologicos-simoa-hd-x\/<\/a>), de xeito que se atopa ao alcance de todos os grupos de investigaci\u00f3n que desexen empregar o servizo para os seus ensaios.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto desenv\u00f3lvese a trav\u00e9s de intelixencia artificial e a t\u00e9cnica SIMOA que \u00e9 capaz de detectar pequenas cantidades de prote\u00edna en sangue facilitando o diagn\u00f3stico preciso dos doentes.<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":42421,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-42418","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42418","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=42418"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42418\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":42437,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/42418\/revisions\/42437"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/42421"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=42418"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=42418"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=42418"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}