{"id":43580,"date":"2025-12-04T14:04:38","date_gmt":"2025-12-04T13:04:38","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=43580"},"modified":"2025-12-04T14:04:38","modified_gmt":"2025-12-04T13:04:38","slug":"ana-belen-crujeiras-alzase-co-premio-jesus-serra-polo-seu-traballo-sobre-a-progresion-do-cancro-de-mama-en-mulleres-con-obesidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/ana-belen-crujeiras-alzase-co-premio-jesus-serra-polo-seu-traballo-sobre-a-progresion-do-cancro-de-mama-en-mulleres-con-obesidade\/","title":{"rendered":"Ana Bel\u00e9n Crujeiras \u00e1lzase co Premio Jes\u00fas Serra polo seu traballo sobre a progresi\u00f3n do cancro de mama en mulleres con obesidade"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>A investigadora l\u00edder do grupo de Epixen\u00f3mica en Endocrinolox\u00eda e Nutrici\u00f3n do IDIS recibe o galard\u00f3n na categor\u00eda de Investigaci\u00f3n Cl\u00ednica<\/strong><\/p>\n<p><strong>O proxecto far\u00e1 seguemento a mulleres posmenop\u00e1usicas con obesidade, con e sen cancro de mama, que adoptar\u00e1n unha dieta cetox\u00e9nica baixa en calor\u00edas<\/strong><\/p>\n<p><strong>A obesidade aumenta o risco de desenvolver cancro de mama e tam\u00e9n o \u00edndice de reca\u00eddas tras o tratamento, dificultando a recuperaci\u00f3n e acelerando o envellecemento das sobreviventes<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025.- <\/strong>A investigadora l\u00edder do grupo de Epigen\u00f3mica en Endrocrinolog\u00eda e Nutrici\u00f3n do IDIS-CHUS e profesora da Universidade de Santiago (USC), Ana Bel\u00e9n Crujeiras Mart\u00ednez, resultou ga\u00f1adora da 7\u00aa edici\u00f3n dos Premios \u00e1 Investigaci\u00f3n Jes\u00fas Serra 2025 na categor\u00eda de Investigaci\u00f3n Cl\u00ednica. O traballo galardoado, &#8220;Modulaci\u00f3n epixen\u00e9tica a trav\u00e9s de intervenci\u00f3n nutricional en cancro de mama asociado a obesidade: aplicaci\u00f3n cl\u00ednica en terapias personalizadas e progn\u00f3stico cl\u00ednico (EPINUTOBREST)&#8221;, investiga por primeira vez se a perda de peso en mulleres posmenop\u00e1usicas con obesidade mellora a eficacia dos tratamentos oncol\u00f3xicos en cancro de mama.<\/p>\n<p>\u201cO reco\u00f1ecemento a este proxecto reforza a importancia de comprender como a obesidade infl\u00fae na biolox\u00eda do cancro de mama. Non s\u00f3 permitir\u00e1 mellorar os tratamentos oncol\u00f3xicos, sen\u00f3n que tam\u00e9n promover\u00e1 estratexias de prevenci\u00f3n e sustentabilidade para reducir o impacto sanitario e social da obesidade\u201d, declarou Ana Bel\u00e9n Crujeiras durante a cerimonia oficial de entrega celebrada onte en Madrid.<\/p>\n<p>O Xurado dos premios que organiza a Fundaci\u00f3n Occident quixo salientar &#8220;a excelente traxectoria investigadora de Ana Bel\u00e9n Crujeiras, membro de CIBEROBN, xunto coa calidade do proxecto presentado que levaron ao consenso nesta decisi\u00f3n &#8220;a pesar de estar entre un elenco de candidaturas moi competitivo&#8221;, segundo sinalaron. Este reco\u00f1ecemento dotar\u00e1 cun total de 50.000 euros a esta investigaci\u00f3n do IDIS que aspira a integrar terapias nutricionais na pr\u00e1ctica oncol\u00f3xica e a promover estratexias de prevenci\u00f3n personalizadas.<\/p>\n<p><strong>A obesidade, causa previble do cancro nos pr\u00f3ximos anos<\/strong><\/p>\n<p>A\u00ednda que se co\u00f1ece que a obesidade empeora o progn\u00f3stico oncol\u00f3xico, non existen estudos cl\u00ednicos que aval\u00eden se a perda de peso mellora realmente a eficacia dos tratamentos oncol\u00f3xicos. Por este motivo, o grupo do Epixen\u00f3mica en Endocrinolox\u00eda e Nutrici\u00f3n do IDIS, liderado por Ana Bel\u00e9n Crujeiras, investiga por primeira vez se \u00e9 posible xerar esta evidencia e mellorar os tratamentos oncol\u00f3xicos dispo\u00f1ibles.<\/p>\n<p>Este estudo seguir\u00e1 a mulleres posmenop\u00e1usicas con obesidade, con e sen cancro de mama, que levar\u00e1n unha dieta cetox\u00e9nica baixa en calor\u00edas \u2013un patr\u00f3n alimentario moi baixo en carbohidratos, moderado en prote\u00ednas e graxas saudables\u2013 ou un tratamento nutricional est\u00e1ndar para perder peso, comparando resultados con grupos de mulleres con peso saudable. Ao longo do estudo, analizarase a progresi\u00f3n tumoral do cancro, a composici\u00f3n corporal, o metabolismo, a calidade de vida e os marcadores epixen\u00e9ticos de envellecemento e funci\u00f3n mitocondrial, utilizando t\u00e9cnicas innovadoras en biopsia l\u00edquida, que permite monitorizar a evoluci\u00f3n mediante unha simple an\u00e1lise de sangue.<\/p>\n<p>&#8220;A obesidade ser\u00e1 a principal causa previble de cancro nos pr\u00f3ximos anos. No caso do cancro de mama, o m\u00e1is com\u00fan entre as mulleres e segunda causa de mortalidade feminina, a obesidade non s\u00f3 aumenta o risco de desenvolvelo, sen\u00f3n tam\u00e9n o de reca\u00eddas tras o tratamento, dificultando a recuperaci\u00f3n e acelerando o envellecemento das sobreviventes&#8221;, apunta Ana Bel\u00e9n Crujeiras.<\/p>\n<p>Neste senso, a investigaci\u00f3n incorpora terapias nutricionais na abordaxe cl\u00ednica, para avanzar na medicina personalizada e promover estratexias de prevenci\u00f3n e sustentabilidade que reduzan o impacto sanitario e social da obesidade. &#8220;Estes resultados tam\u00e9n poder\u00edan incentivar \u00e1 industria farmac\u00e9utica e alimentaria a desenvolver produtos orientados \u00e1 prevenci\u00f3n e ao tratamento do cancro asociado \u00e1 obesidade&#8221;, sinala a investigadora.<\/p>\n<p><strong>Sobre Ana Bel\u00e9n Crujeiras<\/strong><\/p>\n<p>Doutora en Biolox\u00eda pola Universidade de Navarra, lidera o grupo de Epixen\u00f3mica en Endocrinolox\u00eda e Nutrici\u00f3n no CHUS-IDIS e \u00e9 membro de CIBEROBN. A s\u00faa investigaci\u00f3n c\u00e9ntrase en como a alimentaci\u00f3n e o estado nutricional infl\u00faen na sa\u00fade a trav\u00e9s de mecanismos epixen\u00e9ticos, con especial interese na obesidade, as s\u00faas comorbilidades e o cancro de mama. Editora asociada e membro de varios comit\u00e9s editoriais, tam\u00e9n forma parte da xunta directiva da Sociedade Espa\u00f1ola de Obesidade (SEEDO), \u00e9 membro da \u00e1rea de Obesidade da SEEN, \u00e9 profesora no programa de Doutoramento de Endocrinolox\u00eda na Universidade de Santiago de Compostela e do M\u00e1ster de Nutrici\u00f3n da Universidade de Vigo e participa en programas de asesoramento cient\u00edfico e iniciativas de sa\u00fade p\u00fablica.<\/p>\n<p><strong>VII Premios \u00e1 Investigaci\u00f3n Jes\u00fas Serra<\/strong><\/p>\n<p>Creada en 2018, esta iniciativa foi pioneira en Espa\u00f1a en reco\u00f1ecer a investigaci\u00f3n de mozos investigadores (menores de 46 anos) nos \u00e1mbitos da alimentaci\u00f3n, a nutrici\u00f3n e a sa\u00fade. Ao longo das s\u00faas sete edici\u00f3ns, impulsou proxectos en \u00e1reas como cardiolox\u00eda, diabetes, biolox\u00eda molecular, epidemiolox\u00eda ou cancro, destacando a importancia da ciencia interdisciplinar para previr enfermidades prevalecentes. O xurado, presidido pola experta internacional en Cardiolox\u00eda Lina Badimon, avaliou 58 candidaturas (25 de investigaci\u00f3n b\u00e1sica e 33 de investigaci\u00f3n cl\u00ednica), a cifra m\u00e1is alta ata a data.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto far\u00e1 seguemento a mulleres posmenop\u00e1usicas con obesidade, con e sen cancro de mama, que adoptar\u00e1n unha dieta cetox\u00e9nica baixa en calor\u00edas<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":43573,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-43580","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43580","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=43580"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43580\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":43582,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/43580\/revisions\/43582"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/43573"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=43580"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=43580"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=43580"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}