{"id":45060,"date":"2026-02-20T14:27:11","date_gmt":"2026-02-20T13:27:11","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=45060"},"modified":"2026-02-20T14:27:11","modified_gmt":"2026-02-20T13:27:11","slug":"o-grupo-epidemioloxia-saude-publica-e-avaliacion-de-servizos-de-saude-do-idis-faise-cargo-da-catedra-cruz-roja-usc","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-grupo-epidemioloxia-saude-publica-e-avaliacion-de-servizos-de-saude-do-idis-faise-cargo-da-catedra-cruz-roja-usc\/","title":{"rendered":"O grupo Epidemiolox\u00eda, Sa\u00fade P\u00fablica e Avaliaci\u00f3n de Servizos de Sa\u00fade do IDIS faise cargo da c\u00e1tedra Cruz Roja USC"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>Ademais, un proxecto sobre radon supervisado polo investigador do mesmo grupo, Alberto Ruano, recibe unha das bolsas Marie Curie concedidas pola USC<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 20 de febreiro\u00a0 de 2026.-<\/strong> O grupo Epidemiolox\u00eda, Sa\u00fade P\u00fablica e Avaliaci\u00f3n de Servizos de Sa\u00fade acolle a s\u00faa terceira c\u00e1tedra institucional, tras a de Vida Saudable e a de Sa\u00fade Ambiental, que levan M\u00f3nica P\u00e9rez R\u00edos e Alberto Ruano Ravi\u00f1a, respectivamente. Tr\u00e1tase da C\u00e1tedra Institucional Cruz Roja USC, que leva unha d\u00e9cada promovendo a docencia, a investigaci\u00f3n, o desenvolvemento e a innovaci\u00f3n aplicadas \u00e1 mellora da calidade de vida das persoas maiores. Leonor Varela Lema e Cristina Candal Pedreira, ambas investigadoras do citado grupo do IDIS e profesoras de Medicina Preventiva e Sa\u00fade P\u00fablica da USC, exercen como directora e codirectora desta C\u00e1tedra que trata de afrontar un dos grandes retos da nosa sociedade, cada vez m\u00e1is envellecida.<\/p>\n<p>Leonor Varela Lema \u00e9 doutora en Farmacia e M\u00e1ster en Sa\u00fade P\u00fablica pola USC. Traballou durante 18 anos na Axencia Galega do Co\u00f1ecemento en Sa\u00fade e durante m\u00e1is de 10 anos foi responsable de Proxectos Internacionais no \u00e1mbito da avaliaci\u00f3n de tecnolox\u00edas. Actualmente coordina o Programa de Doutoramento en Epidemiolox\u00eda e Sa\u00fade P\u00fablica da USC, onde \u00e9 profesora. A s\u00faa investigaci\u00f3n c\u00e9ntrase no \u00e1mbito das intervenci\u00f3ns para a promoci\u00f3n de h\u00e1bitos de vida saudables en grupos de especial risco, ademais de continuar coa li\u00f1a de investigaci\u00f3n metodol\u00f3xica no \u00e1mbito dos ensaios e rexistros de pacientes. Investigadora principal de dous proxectos financiados competitivamente dentro da Acci\u00f3n Estrat\u00e9xica en Sa\u00fade e o Plan Nacional sobre Drogas, actualmente participa na Acci\u00f3n Conxunta da Uni\u00f3n Europea SAFE.\u00a0 Pertence ao Comit\u00e9 Executivo da Sociedade Espa\u00f1ola de Epidemiolox\u00eda.<\/p>\n<p>Cristina Candal Pereira \u00e9 tam\u00e9n doutora, M\u00e1ster en Sa\u00fade P\u00fablica pola USC e M\u00e1ster en Investigaci\u00f3n Sanitaria pola UDC. Realizou estancias predoutorais e posdoutorais en Lisboa e nas universidades de Brown e Yale (EUA). \u00c9 editora de <em>Gaceta<\/em> <em>Sanitaria<\/em>, coordina o grupo de traballo de \u00e9tica da Sociedade Espa\u00f1ola de Epidemiolox\u00eda e, desde 2025, \u00e9 a coordinadora da\u00a0 USC para a Rede de Universidades Promotoras en Sa\u00fade (REUPS). A s\u00faa investigaci\u00f3n enf\u00f3case no \u00e1mbito da epidemiolox\u00eda das enfermidades cr\u00f3nicas e a s\u00faa relaci\u00f3n cos factores de risco ambientais, as\u00ed como na promoci\u00f3n de h\u00e1bitos de vida saudables, ademais de continuar a li\u00f1a de integridade cient\u00edfica. \u00c9 a investigadora principal de dous proxectos competitivos financiados pola Sociedade Espa\u00f1ola de Pneumolox\u00eda e Cirurx\u00eda Tor\u00e1cica e a Acci\u00f3n Estrat\u00e9xica en Sa\u00fade; actualmente participa na Acci\u00f3n Conxunta da UE SAFE.<\/p>\n<p><strong>O IDIS recibe unha das bolsas Marie Curie <\/strong><\/p>\n<p>A semana pasada, un proxecto que desenvolve a investigadora do IDIS Luc\u00eda Rodr\u00edguez Loureiro, cun contrato posdoutoral Sara Borrell, recibiu unha das oito bolsas Marie Curie concedidas a proxectos presentados pola USC.<\/p>\n<p>O estudo <em>Integrated assessment of indoor radon and hazardous air pollutant in Non-Hodgkin Lymphoma. <\/em><em>A casecontrol\u00a0 study in a radon-prone\u00a0 area<\/em> est\u00e1 supervisado polo catedr\u00e1tico de Medicina Preventiva e Sa\u00fade P\u00fablica da USC e investigador do IDIS Alberto Ruano Ravi\u00f1a, con ampla experiencia na investigaci\u00f3n do radon e a s\u00faa relaci\u00f3n co cancro de pulm\u00f3n.<\/p>\n<p>O estudo de Luc\u00eda Rodr\u00edguez trata de seguir afondando en como lle afecta \u00e1 poboaci\u00f3n a exposici\u00f3n ao radon, especificamente no linfoma Non-Hodgkin, un tipo de cancro que se orixina nos gl\u00f3bulos brancos, compo\u00f1entes clave do sistema inmunitario e cuxa evidencia cient\u00edfica suxire unha posible asociaci\u00f3n con estudos que indican un aumento do risco, especialmente en persoas expostas a niveis altos en interiores.<\/p>\n<p>Ser\u00e1 o primeiro estudo caso control con medici\u00f3ns individuais de radon nunha \u00e1rea de alto risco. O proxecto tam\u00e9n avaliar\u00e1 a exposici\u00f3n a contaminantes atmosf\u00e9ricos perigosos co obxectivo de xerar probas s\u00f3lidas que orienten estratexias de prevenci\u00f3n ambiental do cancro en Europa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ademais, un proxecto sobre radon supervisado polo investigador do mesmo grupo, Alberto Ruano, recibe unha das bolsas Marie Curie concedidas pola USC<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":45063,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-45060","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45060","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=45060"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45060\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":45065,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/45060\/revisions\/45065"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/45063"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=45060"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=45060"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=45060"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}