{"id":46361,"date":"2026-04-14T15:30:14","date_gmt":"2026-04-14T13:30:14","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=46361"},"modified":"2026-04-14T15:30:14","modified_gmt":"2026-04-14T13:30:14","slug":"46361","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/46361\/","title":{"rendered":""},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>Este martes presentouse na Cidade da Cultura de Galicia unha iniciativa estrat\u00e9xica de cooperaci\u00f3n transfronteiriza en sa\u00fade financiada pola Uni\u00f3n Europa a trav\u00e9s do Programa de Cooperaci\u00f3n Trasfronteiriza Espa\u00f1a- Portugal \u2013 POCTEP<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<blockquote><p><strong>O obxectivo \u00e9 avanzar cara a un modelo sanitario m\u00e1is eficiente, conectado e centrado no paciente da Eurorrexi\u00f3n Galicia\u2013Norte de Portugal a trav\u00e9s da gobernanza colaborativa, a aplicaci\u00f3n de tecnolox\u00edas emerxentes e a investigaci\u00f3n en oncolox\u00eda e enfermidades cardiovasculares<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026<\/strong>.- Responsables p\u00fablicos, l\u00edderes cl\u00ednicos, investigadores e axentes do ecosistema de sa\u00fade deron a co\u00f1ecer este martes na Cidade da Cultura de Galicia os obxectivos, li\u00f1as de traballo e principais actuaci\u00f3ns do proxecto europeo NEW HEALTH, unha iniciativa de cooperaci\u00f3n transfronteiriza liderada pola Fundaci\u00f3n Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (FIDIS) e destinada a impulsar a transformaci\u00f3n do sistema sanitario na Eurorrexi\u00f3n Galicia\u2013Norte de Portugal a trav\u00e9s da innovaci\u00f3n, a dixitalizaci\u00f3n e a colaboraci\u00f3n entre instituci\u00f3ns sanitarias, acad\u00e9micas e de investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase de promover un modelo sanitario m\u00e1is eficiente, innovador e centrado no paciente, reforzando a cooperaci\u00f3n entre Galicia e o Norte de Portugal en \u00e1mbitos clave como a medicina personalizada, a dixitalizaci\u00f3n da sa\u00fade e a integraci\u00f3n de datos cl\u00ednicos, explicaron os doutores Jos\u00e9 Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez Juanatey e Rafael L\u00f3pez, l\u00edderes do proxecto.<\/p>\n<p>O doutor Gonz\u00e1lez Juanatey lidera o grupo de Cardiolox\u00eda do IDIS e o doutor L\u00f3pez \u00e9 l\u00edder do grupo de Oncolox\u00eda M\u00e9dica Traslacional, \u00e1reas de especial relevancia en NEW HEALTH, xunto coa aplicaci\u00f3n de tecnolox\u00edas emerxentes (como a intelixencia artificial) e o impulso de modelos de gobernanza colaborativa. A directora cient\u00edfica do IDIS, M.\u00aa Luz Couce, incidiu neste aspecto ao asegurar que \u201ctr\u00e1tase de \u00e1reas cun enorme impacto cl\u00ednico, social e econ\u00f3mico, e de gran importancia dentro do IDIS, onde os avances en prevenci\u00f3n, diagn\u00f3stico precoz e tratamento poden marcar unha diferenza substancial\u201d.<\/p>\n<p>Couce destacou NEW HEALTH como unha nova forma de entender a sanidade que permite mellorar a continuidade asistencial. \u201cO IDIS demostrou nos \u00faltimos anos unha s\u00f3lida capacidade para liderar proxectos internacionais no marco do programa Interreg\u201d. Lembrou iniciativas como NUTRIAGE, Atlantic KET MED, NeuroATLANTIC ou 2IQBIONEURO, centrada no diagn\u00f3stico e tratamento de patolox\u00edas asociadas ao envellecemento. \u201cEsta traxectoria non s\u00f3 avala a nosa experiencia, sen\u00f3n que reflicte unha forma de traballar baseada na colaboraci\u00f3n, a excelencia cient\u00edfica e a vocaci\u00f3n de trasladar o co\u00f1ecemento \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica. Na actualidade, ademais, lideramos e coordinamos tres proxectos activos na convocatoria Interreg POCTEP: New Heart, EUTERPE_ADN e o propio NEW HEALTH, que supo\u00f1en un financiamento de m\u00e1is de 10 mill\u00f3ns de euros\u201d.<\/p>\n<p>Para a directora cient\u00edfica do IDIS \u201ca verdadeira innovaci\u00f3n en sa\u00fade non reside unicamente na tecnolox\u00eda, sen\u00f3n na capacidade de transformar esa tecnolox\u00eda en valor para as persoas\u201d. Tr\u00e1tase de que \u201ccada avance cient\u00edfico se traduza nunha mellor atenci\u00f3n, en m\u00e1is oportunidades de prevenci\u00f3n, en tratamentos m\u00e1is eficaces e en sistemas m\u00e1is xustos\u201d.<\/p>\n<p><strong>Protecci\u00f3n dos m\u00e1is vulnerables <\/strong><\/p>\n<p>Neste contexto, NEW HEALTH \u201cpromove a creaci\u00f3n dunha plataforma transfronteiriza de innovaci\u00f3n en sa\u00fade que conecte hospitais, centros de investigaci\u00f3n e universidades, facilitando o desenvolvemento de soluci\u00f3ns avanzadas que melloren a calidade asistencial e o acceso aos servizos sanitarios\u201d, sinalou o doutor Gonz\u00e1lez Juanatey, quen puxo o foco do proxecto na protecci\u00f3n dos m\u00e1is vulnerables. \u201cA atenci\u00f3n \u00e1 vulnerabilidade est\u00e1 presente nos plans europeos e tam\u00e9n neste proxecto, e a transformaci\u00f3n dixital pode axudar niso\u201d.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n puxo de relevo o envellecemento como reto e elemento cr\u00edtico nos plans europeos de sa\u00fade, polo que \u00e9 indispensable que os proxectos de futuro afronten \u201co maior reto en sa\u00fade de Espa\u00f1a e Portugal\u201d, en referencia ao cancro e \u00e1 enfermidade cardiovascular. \u201cPodemos desenvolver un proxecto de forma integrada, porque hai moitos elementos com\u00fans neste territorio, na sanidade, pero tam\u00e9n na cultura e no modo de vida; de a\u00ed o interese deste proxecto interrexional que, ademais, \u00e9 exportable a outros territorios de Europa\u201d. Neste sentido, lembrou que hai diferenzas de m\u00e1is dunha d\u00e9cada na esperanza de vida entre pa\u00edses de Europa, e \u201ctam\u00e9n dentro do noso territorio hai inequidade e iso \u00e9 o que hai que afrontar nesta nova medicina\u201d, destacou o doutor Gonz\u00e1lez Juanatey.<\/p>\n<p>Rafael L\u00f3pez adiantou algunhas das li\u00f1as de traballo en \u201cInnovaci\u00f3n en oncolox\u00eda e medicina traslacional\u201d, como son xa a biopsia l\u00edquida, a protonterapia, a cirurx\u00eda rob\u00f3tica, os tratamentos selectivos, as terapias CAR-T, etc. \u201cOs avances en biomedicina son enormes e hai que avanzar por este cami\u00f1o, que \u00e9 o que queremos facer con este proxecto. Necesitamos un futuro equitativo, sostible e que te\u00f1a ao paciente no centro\u201d, sinalou o doutor L\u00f3pez.<\/p>\n<p>Na xornada, que contou cun espazo de networking destinado ao intercambio de co\u00f1ecemento e \u00e1 xeraci\u00f3n de novas sinerx\u00edas, participaron tam\u00e9n o cardi\u00f3logo portugu\u00e9s Ricardo Fontes e o profesor da USC Vicente P\u00e9rez Mu\u00f1uzuri.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-46355\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/NewHealth4-1024x665.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"665\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/NewHealth4-980x637.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/NewHealth4-480x312.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/p>\n<p><strong>Apoio institucional<\/strong><\/p>\n<p>A reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa M. Crujeiras, puxo o foco no seu \u00e1mbito: os datos. \u201cDatos tratados dun xeito correcto, que sexan interoperables e que nos permitan obter informaci\u00f3n viable e veraz, para unha toma de decisi\u00f3ns informada no sistema sanitario, para facelo m\u00e1is eficiente pero tam\u00e9n a nivel das organizaci\u00f3ns e da propia atenci\u00f3n cl\u00ednica\u201d.<\/p>\n<p>Interviron, as\u00ed mesmo, Xos\u00e9 Lago Garc\u00eda, por parte da Xunta de Galicia; Mar\u00eda del Carmen Hern\u00e1ndez, subdirectora xeral de Cooperaci\u00f3n Territorial Europea do Ministerio de Facenda; Delia Bonsignore, responsable da Cooperaci\u00f3n Transfronteiriza da Comisi\u00f3n Europea, e Antonio Fern\u00e1ndez-Campa, xerente da Axencia Galega de Co\u00f1ecemento en Sa\u00fade (ACIS). O conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o, clausurou a xornada po\u00f1endo en valor a importancia deste tipo de iniciativas de cooperaci\u00f3n interterritorial que sit\u00faan a nosa comunidade como referente europeo en innovaci\u00f3n e contrib\u00faen a unha Europa m\u00e1is cohesionada e preparada para afrontar os retos sanitarios que temos por diante.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este martes presentouse na Cidade da Cultura de Galicia unha iniciativa estrat\u00e9xica de cooperaci\u00f3n transfronteiriza en sa\u00fade financiada pola Uni\u00f3n Europa a trav\u00e9s do Programa de Cooperaci\u00f3n Trasfronteiriza Espa\u00f1a- Portugal [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501],"tags":[],"class_list":["post-46361","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/46361","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=46361"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/46361\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":46362,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/46361\/revisions\/46362"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=46361"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=46361"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=46361"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}