{"id":48626,"date":"2026-07-09T10:45:26","date_gmt":"2026-07-09T08:45:26","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=48626"},"modified":"2026-07-09T10:53:34","modified_gmt":"2026-07-09T08:53:34","slug":"tres-proxectos-do-idis-reciben-470-000-euros-nas-xxiii-axudas-a-investigacion-medica-da-fundacion-mutua-madrilena","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/tres-proxectos-do-idis-reciben-470-000-euros-nas-xxiii-axudas-a-investigacion-medica-da-fundacion-mutua-madrilena\/","title":{"rendered":"Tres proxectos do IDIS reciben 470.000 euros nas XXIII Axudas \u00e1 Investigaci\u00f3n M\u00e9dica da Fundaci\u00f3n Mutua Madrile\u00f1a"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>Os estudos liderados desde o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) desenvolveranse nas \u00e1reas de sa\u00fade mental, transplantes e enfermidades raras<\/strong><\/p>\n<p><strong>Ademais, outros dous equipos galegos do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur e do Hospital da Coru\u00f1a participar\u00e1n en estudos colaborativos liderados desde outros centros de Espa\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p><strong>As investigaci\u00f3ns galegas forman parte dos 21 novos proxectos de investigaci\u00f3n que a Fundaci\u00f3n Mutua Madrile\u00f1a apoiar\u00e1 este ano en toda Espa\u00f1a<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026.<\/strong>&#8211; A Fundaci\u00f3n Mutua Madrile\u00f1a entregou hoxe as s\u00faas XXIII Axudas \u00e1 Investigaci\u00f3n M\u00e9dica, dotadas con 2,3 mill\u00f3ns de euros, a 21 novos proxectos cient\u00edficos que se levar\u00e1n a cabo en hospitais de toda Espa\u00f1a. Entre eles, at\u00f3panse tres investigaci\u00f3ns que se liderar\u00e1n desde o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nas \u00e1reas de sa\u00fade mental, transplantes e enfermidades raras e que recibir\u00e1n un total de 470.000 euros.<\/p>\n<p>Ademais, outros dous equipos galegos do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur, en Vigo, e do Hospital da Coru\u00f1a participar\u00e1n en estudos colaborativos liderados desde outros centros de Espa\u00f1a e que arrincar\u00e1n grazas a esta convocatoria.<\/p>\n<p><strong>Gran proxecto colaborativo en sa\u00fade mental do autismo<\/strong><\/p>\n<p>Un do tres estudos galegos liderados desde o IDIS ser\u00e1 un gran proxecto colaborativo no que participar\u00e1n equipos doutros sete centros espa\u00f1ois, entre eles o IIS Galicia Sur de Vigo. O estudo Riscatea, coordinado pola investigadora Montse Fern\u00e1ndez Prieto, analizar\u00e1 os factores neurocognitivos, psicosociais e xen\u00e9ticos asociados ao risco suicida en persoas con trastornos do espectro autista (TEA) para desenvolver modelos predicibles mediante a aprendizaxe autom\u00e1tica.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, detectouse que as persoas con TEA presentan un risco maior que a poboaci\u00f3n xeral de desenvolver condutas suicidas. \u201dOs estudos realizados at\u00e9 o momento reflicten cifras alarmantes: o 15\u00a0% das persoas con TEA tentaron suicidarse nalgunha ocasi\u00f3n e o 37\u00a0% tivo alg\u00fan tipo de idea suicida. Estes datos reflicten unha importante preocupaci\u00f3n de sa\u00fade p\u00fablica para o noso pa\u00eds\u201d, sinala a investigadora.<\/p>\n<p>Tras a an\u00e1lise detallada de aspectos cl\u00ednicos e xen\u00e9ticos dun grupo de 800 participantes de entre 12 e 30 anos, Riscatea desenvolver\u00e1 modelos predicibles mediante aprendizaxe autom\u00e1tica a partir de factores neurocognitivos, psicosociais e xen\u00e9ticos asociados ao risco suicida en persoas con TEA, que poidan axudar os profesionais sanitarios na avaliaci\u00f3n do risco.<\/p>\n<p>Neste proxecto liderado polo IDIS participar\u00e1n investigadores do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur, en Vigo; o Institut de Investigaci\u00f3 Biom\u00e8dica de Bellvitge, en Barcelona; o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Navarra; a Fundaci\u00f3n Jim\u00e9nez D\u00edaz e o Hospital Universitario Gregorio Mara\u00f1\u00f3n, en Madrid; e o Hospital La Fe e o Hospital Cl\u00ednico, de Valencia.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-48641\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/MONTSERRAT_FERNANDEZ_PRIETO-1-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"2560\" height=\"1708\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/MONTSERRAT_FERNANDEZ_PRIETO-1-scaled.jpg 2560w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/MONTSERRAT_FERNANDEZ_PRIETO-1-1280x854.jpg 1280w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/MONTSERRAT_FERNANDEZ_PRIETO-1-980x654.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/MONTSERRAT_FERNANDEZ_PRIETO-1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2560px, 100vw\" \/><\/p>\n<p><strong>Transplante de pel para rexenerar feridas<\/strong><\/p>\n<p>Outro dos proxectos galegos, neste caso no campo dos transplantes, liderarao o investigador do IDIS e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luis A. D\u00edaz G\u00f3mez. O proxecto pretende crear pel intelixente e personalizada coas c\u00e9lulas do propio paciente para tratar feridas graves que o corpo non pode curar por si s\u00f3. A tecnolox\u00eda est\u00e1 pensada para reparar lesi\u00f3ns extensas e profundas, como as producidas en accidentes de tr\u00e1fico, queimaduras graves ou tras cirurx\u00edas para extirpar tumores de pel.<\/p>\n<p>Para iso empregarase unha t\u00e9cnica de biofabricaci\u00f3n avanzada chamada bioimpresi\u00f3n 4D. \u201dXeraremos un tecido vivo no laboratorio capaz de autoorganizarse para funcionar como unha pel real. A clave \u00e9 que \u2019programamos\u2019 temporalmente as c\u00e9lulas para que act\u00faen como motores da rexeneraci\u00f3n, acelerando a formaci\u00f3n de vasos sangu\u00edneos e logrando unha estrutura case id\u00e9ntica \u00e1s do tecido san. O obxectivo deste proxecto \u00e9 desenvolver a tecnolox\u00eda e validar a s\u00faa eficacia en modelos precl\u00ednicos, necesarios para garantir a seguridade antes de expor nos futuro ensaios con pacientes\u201d, explica o investigador.<\/p>\n<p>\u201cEsperamos que esta nova tecnolox\u00eda permita unha rexeneraci\u00f3n moito m\u00e1is r\u00e1pida e eficaz, reducindo o risco de infecci\u00f3ns e fibrose e acurtando as estancias hospitalarias. Para o paciente, esperamos minimizar a dor e as secuelas, favorecendo unha reintegraci\u00f3n social e laboral m\u00e1is sinxela\u201d, resumiu D\u00edaz.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-48638\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/LUIS_ANTONIO_DIAZ-1-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"2560\" height=\"1707\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/LUIS_ANTONIO_DIAZ-1-scaled.jpg 2560w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/LUIS_ANTONIO_DIAZ-1-1280x854.jpg 1280w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/LUIS_ANTONIO_DIAZ-1-980x653.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/LUIS_ANTONIO_DIAZ-1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2560px, 100vw\" \/><\/p>\n<p><strong>Enfermidades raras<\/strong><\/p>\n<p>No terceiro traballo liderado desde Galicia, a doutora Ana Bugallo, investigadora posdoutoral no grupo TREAT do IDIS, levar\u00e1 a cabo o proxecto ALADIMO (ALAgille Dese\u00f1o e MOdelo en chip) para pacientes con s\u00edndrome de Alagille, unha enfermidade xen\u00e9tica rara que se manifesta principalmente durante a infancia e que afecta, sobre todo, ao f\u00edgado, a\u00ednda que tam\u00e9n pode producir alteraci\u00f3ns card\u00edacas, renais, oculares e vasculares.<\/p>\n<p>O proxecto ten como obxectivo desenvolver un modelo innovador para estudar a enfermidade. A partir dunha pequena mostra de sangue de pacientes coa s\u00edndrome obteranse c\u00e9lulas nai pluripotentes inducidas (hiPSC), que posteriormente se diferenciar\u00e1n para xerar organoides hep\u00e1ticos, \u00e9 dicir, pequenas estruturas tridimensionais que reproducen algunhas das caracter\u00edsticas do f\u00edgado humano. Estes organoides reproducir\u00e1n fielmente o funcionamento do tecido hep\u00e1tico na enfermidade e servir\u00e1n como modelo para estudar os mecanismos responsables desta, identificar biomarcadores relacionados coa s\u00faa evoluci\u00f3n e analizar a resposta a diferentes tratamentos nunha contorna experimental altamente personalizado. \u201cO proxecto ALADIMO incorpora tecnolox\u00edas de vangarda, como os organoides hep\u00e1ticos e os sistemas organ-on-a-chip, que nos \u00faltimos anos adquiriron un crecente protagonismo na investigaci\u00f3n biom\u00e9dica internacional. Neste contexto, o apoio da Fundaci\u00f3n Mutua Madrile\u00f1a resulta fundamental para impulsar proxectos como este, que achegan estas tecnolox\u00edas emerxentes ao estudo de enfermidades raras con importantes necesidades m\u00e9dicas non cubertas\u201d, explica a doutora Bugallo.<\/p>\n<p>\u201cA\u00ednda que se trata dun proxecto de investigaci\u00f3n b\u00e1sica, os seus resultados poder\u00edan contribu\u00edr a mellorar o manexo cl\u00ednico da s\u00edndrome de Alagille no futuro. A identificaci\u00f3n de biomarcadores permitir\u00eda co\u00f1ecer mellor a evoluci\u00f3n da enfermidade e axudar a identificar que pacientes presentan un maior risco de desenvolver complicaci\u00f3ns hep\u00e1ticas\u201d, conclu\u00edu.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-full wp-image-48635\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/ANA_BUGALLO-1.jpg\" alt=\"\" width=\"7768\" height=\"5181\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/ANA_BUGALLO-1.jpg 7768w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/ANA_BUGALLO-1-1280x854.jpg 1280w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/ANA_BUGALLO-1-980x654.jpg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/ANA_BUGALLO-1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 7768px, 100vw\" \/><\/p>\n<p><strong>M\u00e1is de d\u00faas d\u00e9cadas de apoio \u00e1 investigaci\u00f3n m\u00e9dica<\/strong><\/p>\n<p>A trav\u00e9s destas axudas, a Fundaci\u00f3n Mutua Madrile\u00f1a xa destinou 75 mill\u00f3ns de euros \u00e1 investigaci\u00f3n m\u00e9dica de calidade que leva a cabo no noso pa\u00eds. Os 21 novos proxectos desenvolveranse nas \u00e1reas dos transplantes, enfermidades raras infant\u00eds, as lesi\u00f3ns graves traumatol\u00f3xicas, a oncolox\u00eda \u2014centrada este ano no cancro de mama\u2014 e a sa\u00fade mental infanto-xuvenil \u2014enfocada na prevenci\u00f3n do suicidio\u2014, nalg\u00fans casos de forma colaborativa, participando neles centros de distintas comunidades aut\u00f3nomas. Nesta edici\u00f3n, a fundaci\u00f3n apoiar\u00e1 o traballo de equipos de investigaci\u00f3n de 25 centros de 12 comunidades aut\u00f3nomas diferentes.<\/p>\n<p>Os proxectos de investigaci\u00f3n foron seleccionados polo comit\u00e9 cient\u00edfico da fundaci\u00f3n, que preside o doutor Rafael Matesanz, e do que forman parte os doutores Ana Lluch, Enriqueta Ochoa, Miguel Ca\u00ednzos, Antonio Torres e Fernando Marco.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As investigaci\u00f3ns galegas forman parte dos 21 novos proxectos de investigaci\u00f3n que a Fundaci\u00f3n Mutua Madrile\u00f1a apoiar\u00e1 este ano en toda Espa\u00f1a<\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":48632,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175],"tags":[],"class_list":["post-48626","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48626","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=48626"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48626\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":48643,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/48626\/revisions\/48643"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/48632"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=48626"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=48626"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=48626"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}