{"id":49601,"date":"2026-09-07T15:29:06","date_gmt":"2026-09-07T13:29:06","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=49601"},"modified":"2026-09-07T15:29:06","modified_gmt":"2026-09-07T13:29:06","slug":"o-i-curso-seedo-de-investigacion-translacional-en-obesidade-saca-o-conecemento-do-laboratorio-para-levalo-a-practica-clinica-e-a-toda-a-sociedade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-i-curso-seedo-de-investigacion-translacional-en-obesidade-saca-o-conecemento-do-laboratorio-para-levalo-a-practica-clinica-e-a-toda-a-sociedade\/","title":{"rendered":"O I Curso SEEDO de Investigaci\u00f3n Translacional en Obesidade \u201csaca\u201d o co\u00f1ecemento do laboratorio para levalo \u00e1 pr\u00e1ctica cl\u00ednica e a toda a sociedade"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>A iniciativa das investigadoras do IDIS e da SEEDO Ana B. Crujeiras, Luisa M. Seoane, Sulay Tovar e Mar\u00eda Pardo logrou reunir en Ribeira a persoal da administraci\u00f3n, universidade, centros de investigaci\u00f3n, profesionais sanitarios, sociedade cient\u00edfica, industria e cidadan\u00eda.<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2026<\/strong>.- O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu esta fin de semana o I Curso SEEDO de Investigacio\u0301n Translacional en Obesidade organizado polas investigadoras do IDIS e do Grupo de Traballo de Investigacio\u0301n Translacional en Obesidade da Sociedade Espan\u0303ola de Obesidade (SEEDO) Ana Bele\u0301n Crujeiras, Luisa Mari\u0301a Seoane, Sulay Tovar e Mari\u0301a Pardo.<\/p>\n<p>As organizadoras aseguran que a elecci\u00f3n de Ribeira responde \u00e1 vontade de conectar ciencia e territorio. \u201cPoderiamos organizar este encontro nun gran palacio de congresos, pero queriamos un formato diferente\u201d, explica Ana Bele\u0301n Crujeiras, l\u00edder do grupo Epixen\u00f3mica en Endocrinolox\u00eda e Nutrici\u00f3n do IDIS e CIBERobn e vogal da SEEDO, destacando as posibilidades que ofrece a contorna para vincular investigaci\u00f3n, alimentaci\u00f3n, actividade f\u00edsica, sa\u00fade e sociedade.<\/p>\n<p>Neste contexto, a iniciativa celebrada baixo a lema \u201cDo laboratorio \u00e1 pra\u0301ctica cli\u0301nica\u201d logrou converterse nun espazo de encontro para persoal investigador, cli\u0301nico e profesionais sanitarios que se dedican \u00e1 atencio\u0301n das persoas con obesidade. As organizadoras part\u00edan de que, a pesar dos avances realizados nos u\u0301ltimos an\u0303vos en xene\u0301tica, epixene\u0301tica, vesi\u0301culas extracelulares, microbiota, bioloxi\u0301a molecular, farmacoterapia ou medicina e nutricio\u0301n personalizada, unha parte deste co\u00f1ecemento a\u00ednda non se traslada de forma eficiente \u00e1 pra\u0301ctica cli\u0301nica. \u201cQueremos acurtar a distancia entre o que descubrimos no laboratorio e o que podemos facer por unha persoa con obesidade na consulta\u201d, explica Ana Bel\u00e9n Crujeiras.<\/p>\n<p><strong>Conectar a investigaci\u00f3n b\u00e1sica e cl\u00ednica coa asistencia<\/strong><\/p>\n<p>A principal novidade do encontro \u00e9 precisamente a s\u00faa vocaci\u00f3n translacional. Por iso, no canto de presentar os \u00faltimos resultados da investigaci\u00f3n, este encontro serviu para xerar un di\u00e1logo entre quen estuda os mecanismos da obesidade e quen debe aplicar ese co\u00f1ecemento na pr\u00e1ctica asistencial.<\/p>\n<p>O programa cient\u00edfico reuniu diferentes niveis de investigaci\u00f3n, desde os mecanismos celulares e moleculares at\u00e9 as s\u00faas posibles aplicaci\u00f3ns diagn\u00f3sticas e terap\u00e9uticas. A regulaci\u00f3n do apetito e a homeostase enerx\u00e9tica, a plasticidade do tecido adiposo, a adaptaci\u00f3n metab\u00f3lica, os biomarcadores, a microbiota, a nutriepixen\u00f3mica ou as novas estratexias terap\u00e9uticas formaron parte deste percorrido.<\/p>\n<p>\u201cEstamos a vivir unha aut\u00e9ntica revoluci\u00f3n no co\u00f1ecemento e tratamento da obesidade. Pero un descubrimento cient\u00edfico s\u00f3 adquire todo o seu valor cando somos capaces de trasladalo \u00e1 prevenci\u00f3n, ao diagn\u00f3stico ou ao tratamento das persoas con obesidade\u201d, explica Crujeiras. Para esta experta, \u00e9 fundamental asumir que \u201ca obesidade non \u00e9 simplemente unha cuesti\u00f3n de comer m\u00e1is e moverse menos: \u00e9 unha enfermidade cr\u00f3nica, complexa e multifactorial\u201d; por iso, engade, \u201co futuro do tratamento desta enfermidade pasa por comprender e tratar a biolox\u00eda de cada persoa con obesidade\u201d.<\/p>\n<p>Esta conexi\u00f3n entre investigaci\u00f3n e pr\u00e1ctica cl\u00ednica foi o eixo do debate que pechou a xornada do venres 4 de setembro, baixo unha pregunta tan directa como significativa: \u201cComo cambia todo isto a mi\u00f1a consulta o luns?\u201d, que\u00a0 tratou de analizar que co\u00f1ecemento pode ter xa unha aplicaci\u00f3n asistencial e que li\u00f1as de investigaci\u00f3n poden converterse en futuras ferramentas para profesionais e pacientes.<\/p>\n<p>O encontro serviu para mostrar como a investigaci\u00f3n b\u00e1sica est\u00e1 a modificar a comprensi\u00f3n de procesos que te\u00f1en unha repercusi\u00f3n directa sobre o tratamento da obesidade. Un deles \u00e9 a regulaci\u00f3n do peso corporal. \u201cPara tratar mellor a obesidade necesitamos entender primeiro como o noso organismo regula a fame, o gasto enerx\u00e9tico e a adaptaci\u00f3n metab\u00f3lica\u201d, explica Luisa M. Seoane, directora do grupo de investigaci\u00f3n de Fisiopatolox\u00eda Endocrina do IDIS e CIBERobn e vogal da SEEDO.<\/p>\n<p>O corpo regula de forma moi precisa a fame, a saciedade e o gasto de enerx\u00eda. Por iso, cando unha persoa perde peso, o organismo pode reaccionar tentando recuperar esas reservas: pode aumentar o apetito ou reducir o gasto enerx\u00e9tico. Isto axuda a entender por que non s\u00f3 pode ser dif\u00edcil perder peso, sen\u00f3n tam\u00e9n manter esa perda co tempo.<\/p>\n<p>&#8220;Podemos imaxinar a obesidade como un tel\u00e9fono estragado: o cerebro, o intestino, o tecido adiposo e outros \u00f3rganos intercambian continuamente mensaxes. Cando esa comunicaci\u00f3n se altera, os sinais que regulan o apetito, o metabolismo e o gasto enerx\u00e9tico deixan de funcionar adecuadamente\u201d, sinala Luisa M. Seoane. \u201cInvestigar estes mecanismos non \u00e9 unha ciencia afastada do paciente: permite identificar novas\u00a0 dianas terap\u00e9uticas e desenvolver tratamentos m\u00e1is eficaces, personalizados e duradeiros\u201d, explica.<\/p>\n<p><strong>Tecido adiposo, biomarcadores e cerebro<\/strong><\/p>\n<p>Outro exemplo desta investigaci\u00f3n con potencial translacional at\u00f3pase no estudo do tecido adiposo. \u201cA graxa corporal non \u00e9 simplemente un almac\u00e9n de enerx\u00eda: o tecido adiposo \u00e9 un \u00f3rgano activo que se comunica co resto do organismo, sendo capaz de producir multitude de sinais capaces de influ\u00edr noutros \u00f3rganos e na nosa sa\u00fade metab\u00f3lica\u201d, indica Mar\u00eda Pardo, directora do grupo de Obesid\u00f3mica do IDIS e CIBERobn e co-coordinadora do Grupo de Traballo de Investigaci\u00f3n Translacional da SEEDO, quen asegura que \u201cestamos a aprender a descifrar as mensaxes que env\u00eda o tecido adiposo ao resto do organismo\u201d.<\/p>\n<p>As c\u00e9lulas tam\u00e9n se env\u00edan mensaxes. Unha das formas de facelo \u00e9 mediante pequenas ves\u00edculas extracelulares que transportan prote\u00ednas, l\u00edpidos e material xen\u00e9tico. Estudar estas mensaxes pode axudarnos a comprender mellor que ocorre na obesidade. As ves\u00edculas extracelulares constit\u00faen as\u00ed un campo de investigaci\u00f3n con potencial tanto para o desenvolvemento de biomarcadores como, no futuro, para novas estratexias terap\u00e9uticas. Como destaca Mar\u00eda Pardo, \u201cun dos obxectivos deste \u00e1mbito da investigaci\u00f3n \u00e9, entre outros, identificar sinais que poidan detectarse en sangue e que permitan co\u00f1ecer mellor o estado do tecido adiposo, o risco de desenvolver determinadas complicaci\u00f3ns ou a posible resposta dun paciente a un tratamento\u201d.<\/p>\n<p>A investigaci\u00f3n sobre os mecanismos que regulan o apetito constit\u00fae outro exemplo de como o co\u00f1ecemento b\u00e1sico pode terminar transformando a pr\u00e1ctica cl\u00ednica. \u201cO cerebro \u00e9 un dos grandes directores da nosa relaci\u00f3n coa enerx\u00eda: integra sinais de fame, saciedade e estado metab\u00f3lico e coordina a resposta de distintos \u00f3rganos\u201d, explica outras das coordinadoras do curso e directora do grupo Diabesidade de IDIS e CIMUS, Sulay Tovar.<\/p>\n<p>O cerebro recibe sinais procedentes do aparello dixestivo, o tecido adiposo e outros \u00f3rganos e int\u00e9graas para regular a inxesta e diferentes aspectos do metabolismo. \u201cOs tratamentos que hoxe revolucionan a obesidade naceron de comprender como se comunican o cerebro, o intestino e o resto do organismo\u201d, apunta Tovar. De feito, o \u00e9xito dalgunhas das terapias actuais demostra precisamente a importancia destas v\u00edas de comunicaci\u00f3n entre \u00f3rganos e cerebro, a\u00ednda que a\u00ednda quedan moitos sinais por descubrir e mecanismos que comprender.<\/p>\n<p>Para esta investigadora, o co\u00f1ecemento destas v\u00edas de comunicaci\u00f3n abre novas posibilidades, tanto en obesidade como en patolox\u00edas estreitamente relacionadas como a diabetes. \u201cObesidade e diabetes tipo 2 est\u00e1n estreitamente relacionadas. Comprender como o cerebro e os tecidos perif\u00e9ricos coordinan o metabolismo da glicosa e o balance enerx\u00e9tico pode permitirnos identificar novas estratexias fronte a ambas as enfermidades\u201d, concl\u00fae.<\/p>\n<p><strong>Da investigaci\u00f3n a un medicamento m\u00e1is preciso<\/strong><\/p>\n<p>A investigaci\u00f3n translacional est\u00e1 a modificar a forma de entender a medicina da obesidade. \u201cD\u00faas persoas co mesmo IMC poden ter unha biolox\u00eda, un risco metab\u00f3lico e unha resposta ao tratamento completamente diferentes\u201d, sinala Ana B. Crujeiras. Isto est\u00e1 a modificar a abordaxe centrada fundamentalmente no peso cara a unha medicina m\u00e1is precisa e personalizada, baseada no co\u00f1ecemento dos mecanismos biol\u00f3xicos que interve\u00f1en en cada persoa.<\/p>\n<p>Neste contexto, o programa do curso afondou nas posibilidades que ofrecen os biomarcadores metab\u00f3licos e inflamatorios, as ves\u00edculas extracelulares, a microbiota e a nutriepixen\u00f3mica, xunto cos avances en alimentaci\u00f3n, metabolismo e novas estratexias terap\u00e9uticas. O obxectivo \u00e9 mostrar, precisamente, o percorrido que existe entre unha pregunta cient\u00edfica e unha posible aplicaci\u00f3n cl\u00ednica: do descubrimento dun mecanismo biol\u00f3xico \u00e1 identificaci\u00f3n dun biomarcador, unha nova diana terap\u00e9utica, unha estratexia preventiva ou unha ferramenta para personalizar o tratamento.<\/p>\n<p><strong>Un modelo de encontro diferente<\/strong><\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n logrou un formato que favoreceu un intercambio cient\u00edfico m\u00e1is pr\u00f3ximo que o habitual nos grandes congresos, ao reunir en Ribeira a persoal investigador procedente de universidades, centros de investigaci\u00f3n e estruturas asistenciais, xunto a profesionais de diferentes disciplinas implicadas no manexo da obesidade.<\/p>\n<p>\u201cA obesidade \u00e9 demasiado complexa para abordala desde un \u00fanico \u00e1mbito. Necesitamos sumar ciencia, cl\u00ednica, alimentaci\u00f3n, territorio e sociedade\u201d, indica Crujeiras. Ademais, o programa incorporou unha gala ben\u00e9fica e solidaria en favor da investigaci\u00f3n en obesidade, aberta ao p\u00fablico, que foi todo un \u00e9xito. A iniciativa contou coa participaci\u00f3n de Boticaria Garc\u00eda e Javier Butrague\u00f1o, acompa\u00f1ados dos grupos de baile locais Alecr\u00edn e Alfaia. Falouse de alimentaci\u00f3n e exercicio desde o co\u00f1ecemento cient\u00edfico, pero dunha forma pr\u00f3xima, comprensible e aplicable \u00e1 vida coti\u00e1.<\/p>\n<p>O I Curso SEEDO de Investigacio\u0301n Traslacional en Obesidade contou coa colaboraci\u00f3n do Concello de Ribeira, a Conseller\u00eda do Mar da Xunta de Galicia, o Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (IDIS), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o CIBER de Fisiopatolog\u00eda da Obesidade e Nutrici\u00f3n (CIBEROBN), ademais de empresas colaboradoras do \u00e1mbito farmac\u00e9utico e alimentario.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-49592\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/cursoSeedo5-1024x768.jpeg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"768\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/cursoSeedo5-980x735.jpeg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/cursoSeedo5-480x360.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-large wp-image-49598\" src=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/cursoSeedo2-1024x576.jpeg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"576\" srcset=\"https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/cursoSeedo2-980x551.jpeg 980w, https:\/\/www.idisantiago.es\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/cursoSeedo2-480x270.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A iniciativa das investigadoras do IDIS e da SEEDO Ana B. Crujeiras, Luisa M. Seoane, Sulay Tovar e Mar\u00eda Pardo logrou reunir en Ribeira a persoal da administraci\u00f3n, universidade, centros de investigaci\u00f3n, profesionais sanitarios, sociedade cient\u00edfica, industria e cidadan\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":49595,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-49601","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49601","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=49601"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49601\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":49603,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49601\/revisions\/49603"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/49595"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=49601"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=49601"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=49601"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}