{"id":49714,"date":"2026-09-10T15:49:25","date_gmt":"2026-09-10T13:49:25","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=49714"},"modified":"2026-09-10T15:49:25","modified_gmt":"2026-09-10T13:49:25","slug":"cinco-anos-de-sensoxenoma-a-musica-deixa-pegadas-medibles-nos-nosos-xenes-e-proteinas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/cinco-anos-de-sensoxenoma-a-musica-deixa-pegadas-medibles-nos-nosos-xenes-e-proteinas\/","title":{"rendered":"Cinco anos de Sensoxenoma: a m\u00fasica deixa pegadas medibles nos nosos xenes e prote\u00ednas"},"content":{"rendered":"<blockquote>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>Desde o seu nacemento, Sensogenoma presenta novas evidencias reproducibles da resposta molecular \u00e1 m\u00fasica en persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e no proteoma das b\u00e1goas.<\/strong><\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>O proxecto, desenvolvido polos grupos GenPoB e GenVip do IDIS e da USC, reuniu m\u00e1is de 5.000 participantes, m\u00e1is de 1.500 doantes e m\u00e1is de 20.000 mostras biol\u00f3xicas.<\/strong><\/p>\n<p><strong>O 25 de setembro, Sensogenoma26 celebrar\u00e1 o quinto aniversario convertendo de novo o Auditorio de Galicia nun gran laboratorio cidad\u00e1n.<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026.-<\/strong> Sensoxenoma presentou hoxe os resultados obtidos desde que en setembro de 2022 comezou a estudar de forma sistem\u00e1tica a resposta biol\u00f3xica humana ante os est\u00edmulos musicais. O proxecto foi concibido e desenv\u00f3lvese integramente polos grupos de investigaci\u00f3n do IDIS GenPoB, liderado polo catedr\u00e1tico da USC Dr. Antonio Salas Ellacuriaga, e GenVip, liderado polo catedr\u00e1tico da USC e xefe do Servizo de Pediatr\u00eda do CHUS Dr. Federico Martin\u00f3n-Torres, coa coordinaci\u00f3n da Dra. Laura Navarro Ram\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">\u201cUnha das grandes fortalezas de Sensoxenoma foi medrar desde unha pregunta cient\u00edfica inicial ata converterse nun proxecto multidisciplinar, aberto \u00e1 sociedade e capaz de xerar novas preguntas. Constru\u00edmos unha comunidade na que investigadores, profesionais sanitarios, asociaci\u00f3ns de pacientes, estudantes e cidad\u00e1ns forman parte do proxecto\u201d, explica Laura Navarro.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">\u201cCando comezamos Sensoxenoma, partiamos practicamente de cero. Foi un salto ao baleiro. Non hab\u00eda un marco establecido para estudar de maneira sistem\u00e1tica como un est\u00edmulo musical pod\u00eda modificar a nosa resposta biol\u00f3xica. Tivemos que crear mesmo o concepto de sensoxenoma e desenvolver m\u00e9todos para formular e responder preguntas que antes nin sequera estaban formuladas\u201d, indica Antonio Salas, investigador principal do proxecto.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Co paso dos anos, aquela aposta converteuse nunha plataforma multidisciplinar que estuda a resposta \u00e1 m\u00fasica en distintos niveis biol\u00f3xicos: expresi\u00f3n x\u00e9nica, prote\u00f3mica, microbiota e outros sinais fisiol\u00f3xicos, a partir de mostras de sangue, saliva e b\u00e1goas. A estas li\u00f1as s\u00famanse proxectos de xen\u00f3mica evolutiva orientados a comprender as ra\u00edces ancestrais da capacidade humana para procesar est\u00edmulos musicais. \u201cXa non s\u00f3 nos preguntamos se a m\u00fasica produce unha resposta biol\u00f3xica, sen\u00f3n que mecanismos est\u00e1n implicados, canto dura esa resposta, como var\u00eda entre persoas e se podemos utilizala para comprender mellor os procesos relacionados coa sa\u00fade\u201d, sinala Federico Martin\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>De escoitar m\u00fasica a medir a s\u00faa pegada molecular: novas evidencias no autismo<\/strong><\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">O quinto aniversario chega acompa\u00f1ado de novos resultados que permiten pasar dunha pregunta xeral (se a m\u00fasica produce efectos biol\u00f3xicos) a outra moito m\u00e1is precisa: que cambios moleculares poden detectarse despois de escoitala. As investigaci\u00f3ns m\u00e1is recentes abranguen desde a evidencia cl\u00ednica dispo\u00f1ible sobre intervenci\u00f3ns musicais no TEA ata a identificaci\u00f3n de cambios reproducibles na expresi\u00f3n de xenes de c\u00e9lulas da mucosa oral.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Un dos traballos \u00e9 unha revisi\u00f3n sistem\u00e1tica e metaan\u00e1lise sobre m\u00fasica e TEA. En conxunto, os estudos analizados suxiren efectos favorables das intervenci\u00f3ns musicais en diferentes \u00e1mbitos, entre eles a interacci\u00f3n social, determinados compo\u00f1entes da comunicaci\u00f3n verbal, o comportamento e a calidade de vida. Os autores sinalan o potencial da m\u00fasica como intervenci\u00f3n non invasiva e atractiva, pero subli\u00f1an tam\u00e9n a heteroxeneidade da evidencia e a necesidade de estandarizar mellor as intervenci\u00f3ns e as medidas utilizadas para avaliar os seus efectos.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Outro estudo d\u00e1 un paso m\u00e1is e analiza directamente a resposta molecular \u00e1 m\u00fasica en persoas con TEA. Mediante un sinxelo frotis bucal e un panel dirixido de expresi\u00f3n x\u00e9nica, o equipo identificou 33 xenes candidatos nunha cohorte inicial. Vinte reproduciron o seu sinal nunha cohorte independente e 13 mantiveron significaci\u00f3n estat\u00edstica. Entre os procesos implicados aparecen a inmunidade innata e as v\u00edas inflamatorias. Ademais, o estudo identifica unha sinatura molecular de dous xenes capaz de diferenciar as mostras obtidas antes e despois da exposici\u00f3n musical en persoas con TEA. A resposta pode detectarse xa tras 25 minutos de exposici\u00f3n, cun patr\u00f3n intermedio entre a situaci\u00f3n basal e a observada ao finalizar a estimulaci\u00f3n. \u201cUnha experiencia tan coti\u00e1 como escoitar m\u00fasica pode deixar unha pegada molecular medible tan s\u00f3 transcorridos 25 minutos desde o comezo do est\u00edmulo. Poder reproducir esa resposta en cohortes independentes e observar ademais a s\u00faa din\u00e1mica temporal ach\u00e9ganos \u00e1 posibilidade de utilizar estes sinais para monitorizar bioloxicamente determinadas intervenci\u00f3ns musicais\u201d, explica Antonio Salas.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Estes resultados abren unha v\u00eda de investigaci\u00f3n cara a futuros biomarcadores minimamente invasivos que permitan monitorizar a resposta biol\u00f3xica a intervenci\u00f3ns musicais en trastornos do neurodesenvolvemento.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>M\u00e1is al\u00e1 do ser humano: que pode achegar a investigaci\u00f3n experimental<\/strong><\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Outra li\u00f1a do proxecto revisa sistematicamente a evidencia sobre os efectos da exposici\u00f3n musical en modelos murinos. O seu obxectivo non \u00e9 extrapolar directamente os resultados animais \u00e1s persoas, sen\u00f3n analizar de forma cr\u00edtica que se observou e que mecanismos merecen ser investigados. A revisi\u00f3n examinou 276 publicaci\u00f3ns e seleccionou 65 estudos realizados entre 2000 e 2025. En conxunto, describen asociaci\u00f3ns entre a exposici\u00f3n musical e variables relacionadas coa aprendizaxe, a ansiedade, a sociabilidade, a neuroplasticidade, a conectividade sin\u00e1ptica e determinados par\u00e1metros fisiol\u00f3xicos.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Para Sensoxenoma, este traballo permite situar a investigaci\u00f3n en humanos nun contexto amplo de investigaci\u00f3n biol\u00f3xica experimental, identificar mecanismos plausibles e delimitar novas hip\u00f3teses. Tr\u00e1tase, polo tanto, dun mapa cr\u00edtico da evidencia dispo\u00f1ible e non dunha extrapolaci\u00f3n directa dos resultados animais aos humanos.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>As b\u00e1goas revelan outra dimensi\u00f3n da resposta molecular \u00e1 m\u00fasica<\/strong><\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Outro dos resultados destacados procede do estudo do proteoma das b\u00e1goas. Mediante espectrometr\u00eda de masas, o equipo analizou miles de prote\u00ednas en mostras recollidas antes e despois dun est\u00edmulo musical estandarizado, incorporando cohortes independentes de participantes expostos \u00e1 m\u00fasica e grupos de control non expostos. A an\u00e1lise identificou 14 prote\u00ednas con cambios reproducibles tras a estimulaci\u00f3n musical que permaneceron significativos despois de corrixir por comparaci\u00f3ns m\u00faltiples. As prote\u00ednas e redes identificadas converxen en procesos relacionados coa defensa do organismo e a inmunidade innata, a inflamaci\u00f3n e a sinalizaci\u00f3n extracelular.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">A clave do achado \u00e9 a s\u00faa reproducibilidade. A sinatura molecular non s\u00f3 diferenciou as mostras tomadas antes e despois da estimulaci\u00f3n musical: o efecto apareceu de forma concordante en d\u00faas cohortes de doantes correspondentes a dous anos diferentes e non se observou o mesmo patr\u00f3n nos dous grupos de control sen exposici\u00f3n musical. \u201cA reproducibilidade \u00e9 un dos grandes retos da investigaci\u00f3n biom\u00e9dica. Atopar unha resposta molecular concordante en cohortes independentes, recollidas en anos diferentes, e que ademais non aparece nos controis, ind\u00edcanos que non estamos ante unha observaci\u00f3n illada, sen\u00f3n ante un sinal biol\u00f3xico que merece ser estudado en profundidade\u201d, destaca Salas.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">O traballo mostra ademais o potencial das b\u00e1goas como fonte minimamente invasiva para investigar a biolox\u00eda asociada a experiencias sonoras e emocionais, e abre unha nova v\u00eda experimental dentro de Sensoxenoma.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>Dunha idea pioneira a unha nova fronteira cient\u00edfica<\/strong><\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Cinco anos de resultados transformaron a pregunta inicial (se o xenoma responde \u00e1 m\u00fasica) nun mapa moito m\u00e1is amplo sobre a interacci\u00f3n entre m\u00fasica, cerebro, organismo e sa\u00fade. A investigaci\u00f3n aborda hoxe distintos niveis biol\u00f3xicos de forma complementaria: expresi\u00f3n x\u00e9nica, prote\u00ednas, microbiota e sinais fisiol\u00f3xicos, utilizando sangue, saliva e b\u00e1goas. O obxectivo \u00e9 avanzar cara a unha visi\u00f3n multi\u00f3mica da resposta humana \u00e1 m\u00fasica.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">A isto s\u00famase unha dimensi\u00f3n evolutiva: comprender por que os seres humanos posu\u00edmos unha capacidade tan singular para procesar a m\u00fasica e cales poden ser as s\u00faas ra\u00edces ancestrais. \u201cSensoxenoma naceu para responder unha pregunta que parec\u00eda case imposible de abordar. Cinco anos despois temos moitas m\u00e1is preguntas que ao principio, pero tam\u00e9n ferramentas para comezar a respondelas. Ese \u00e9 probablemente o mellor indicador de que o proxecto cumpriu a s\u00faa funci\u00f3n: abrir un campo de investigaci\u00f3n\u201d, resume Martin\u00f3n-Torres.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Pola s\u00faa banda, a directora cient\u00edfica do IDIS, Mar\u00eda Luz Couce, quixo po\u00f1er en valor o traballo desenvolvido por Sensoxenoma. \u201cCinco anos poden parecer pouco tempo, pero en investigaci\u00f3n, innovaci\u00f3n e medicina de precisi\u00f3n \u00e9 moito tempo se detr\u00e1s hai un equipo \u00e1xil, unhas ideas innovadoras que buscan a mellora da sa\u00fade da poboaci\u00f3n. Sensoxenoma, cando comezou, pareceume moi interesante pola capacidade de innovaci\u00f3n e pola aposta pola investigaci\u00f3n b\u00e1sica inicial que agora est\u00e1 dando o paso cara \u00e1 cl\u00ednica, est\u00e1 traslad\u00e1ndose do laboratorio \u00e1s persoas e comezando a mostrar estes primeiros resultados. \u00c9 un exemplo do traballo que levamos a cabo no IDIS e que seguro que a\u00ednda vai darnos moitas sorpresas\u201d.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\"><strong>Celebraci\u00f3n do quinto aniversario<\/strong><\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">O <strong>vindeiro 25 de setembro, \u00e1s 19:30 h, celebrarase no Auditorio de Galicia o Concerto Sensoxenoma26, coincidindo co quinto aniversario do proxecto<\/strong>. Ser\u00e1 unha nova edici\u00f3n dun encontro que resume a s\u00faa filosof\u00eda: converter a m\u00fasica nun punto de encontro entre ciencia, cultura, sa\u00fade e sociedade.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Dirixido por <strong>Roberto Baltar<\/strong>, o concerto desta edici\u00f3n contar\u00e1 ademais coa participaci\u00f3n do reco\u00f1ecido music\u00f3logo, escritor e xornalista <strong>Mart\u00edn Llade<\/strong>, presentador de <em>Sinfon\u00eda de la Ma\u00f1ana<\/em> (Radio Cl\u00e1sica) e Premio Ondas 2026.<\/p>\n<p class=\"isSelectedEnd\">Como en anos anteriores, o auditorio converterase nun espazo experimental para a recollida de mostras de sangue, saliva e b\u00e1goas. D\u00faascentas persoas do p\u00fablico participar\u00e1n como doantes en Sensoxenoma26, grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n con 12 asociaci\u00f3ns de pacientes e cos voluntarios que se inscriban a trav\u00e9s da web do proxecto. As invitaci\u00f3ns gratu\u00edtas para asistir como p\u00fablico xeral poder\u00e1n recollerse desde o 15 de setembro a trav\u00e9s da web de Compostela Cultura e nos despachos de billetes da Zona C Punto de Informaci\u00f3n Cultural (Preguntoiro, 1). No caso de que a\u00ednda haxa localidades dispo\u00f1ibles o d\u00eda do concerto, tam\u00e9n se poder\u00e1n retirar no Auditorio de Galicia desde as 18:30 horas.<\/p>\n<p>Sensoxenoma celebrar\u00e1 o seu V aniversario xunto coas instituci\u00f3ns colaboradoras do proxecto: <strong>Real Filharmon\u00eda de Galicia, Banda Municipal de M\u00fasica de Santiago de Compostela, Concello de Santiago, Consorcio de Santiago e Auditorio de Galicia<\/strong>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desde o seu nacemento, Sensogenoma presenta novas evidencias reproducibles da resposta molecular \u00e1 m\u00fasica en persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e no proteoma das b\u00e1goas.<\/p>\n<p>O proxecto, desenvolvido polos grupos GenPoB e GenVip do IDIS e da USC, reuniu m\u00e1is de 5.000 participantes, m\u00e1is de 1.500 doantes e m\u00e1is de 20.000 mostras biol\u00f3xicas.<\/p>\n<p>O 25 de setembro, Sensogenoma26 celebrar\u00e1 o quinto aniversario convertendo de novo o Auditorio de Galicia nun gran laboratorio cidad\u00e1n.<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":49717,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-49714","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49714","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=49714"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49714\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":49719,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49714\/revisions\/49719"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/49717"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=49714"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=49714"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=49714"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}