{"id":49998,"date":"2026-09-28T15:02:20","date_gmt":"2026-09-28T13:02:20","guid":{"rendered":"https:\/\/www.idisantiago.es\/?p=49998"},"modified":"2026-09-28T15:02:20","modified_gmt":"2026-09-28T13:02:20","slug":"o-ii-congreso-internacional-de-medicina-clinica-cimec-visibiliza-o-valor-dunha-formacion-medica-integral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/o-ii-congreso-internacional-de-medicina-clinica-cimec-visibiliza-o-valor-dunha-formacion-medica-integral\/","title":{"rendered":"O II Congreso Internacional de Medicina Cl\u00ednica (CIMEC) visibiliza o valor dunha formaci\u00f3n m\u00e9dica integral"},"content":{"rendered":"<blockquote><p><strong>M\u00e1is de 700 persoas participaron esta fin de semana na Cidade da Cultura na segunda edici\u00f3n desta iniciativa que re\u00fane medicina, ciencia e investigaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u201cQueremos que os estudantes entendan que formarse como m\u00e9dicos vai moito m\u00e1is al\u00e1 de memorizar co\u00f1ecementos\u201d, asegura o presidente do CIMEC, Carlos L\u00f3pez Vila<\/strong><\/p><\/blockquote>\n<p><strong>Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026.<\/strong>&#8211; A Cidade da Cultura acolleu esta fin de semana o II Congreso Internacional de Medicina Cl\u00ednica (CIMEC 2026), un encontro organizado pola Comunidade M\u00e9dica en Formaci\u00f3n (CoMeF) que reuniu m\u00e1is de 700 persoas entre estudantes de Medicina, residentes e profesionais sanitarios.<\/p>\n<p>O acto foi inaugurado polo presidente de CoMeF e do CIMEC, Carlos L\u00f3pez Vila, acompa\u00f1ado do conselleiro de Sanidade, Antonio G\u00f3mez Caama\u00f1o; a directora da Fundaci\u00f3n P\u00fablica Galega Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria de Santiago (FIDIS), Isabel Lista; e a reitora da USC, Rosa Crujeiras.<\/p>\n<p>\u201cQue este congreso naza dos propios estudantes de Medicina ten un valor especial. Demostra inquietude, curiosidade e, sobre todo, ganas de facerse preguntas, que \u00e9 onde empeza sempre o co\u00f1ecemento\u201d, asegurou Isabel Lista para quen \u201cun bo profesional sanitario nunca deixa de formarse nin de facerse preguntas\u201d. Neste sentido, defendeu a necesidade de entender asistencia, docencia e investigaci\u00f3n como un todo: \u201cNon son cami\u00f1os separados: a asistencia exp\u00f3n preguntas, a investigaci\u00f3n busca respostas e a docencia permite compartir ese co\u00f1ecemento e formar a quen ter\u00e1 que seguir avanzando\u201d.<\/p>\n<p>O conselleiro de Sanidade quixo destacar a organizaci\u00f3n deste congreso no que \u201ccompartimos unha idea clara: formar os m\u00e9dicos do futuro tam\u00e9n significa ofrecerlles m\u00e1is escenarios para aprender e adquirir experiencia\u201d. Nese contexto lembrou a ampliaci\u00f3n da descentralizaci\u00f3n da formaci\u00f3n cl\u00ednica a 5.\u00ba de Medicina. As\u00ed mesmo, puxo en valor o respaldo cient\u00edfico da Universidade de Santiago de Compostela, \u201cberce da formaci\u00f3n m\u00e9dica na comunidade\u201d e do IDIS \u201cque ano tras demostra a s\u00faa capacidade para atraer talento e transformar a ciencia en soluci\u00f3ns que melloran a sa\u00fade das persoas\u201d.<\/p>\n<p>Segundo o conselleiro, dispor dun escenario propicio para a investigaci\u00f3n biom\u00e9dica constit\u00fae un est\u00edmulo moi poderoso para os profesionais e unha canteira de oportunidades para os pacientes. Ademais, \u00e9 un factor que enriquece a contorna de formaci\u00f3n que resulta un terreo no que, o titular da carteira sanitaria, considera que o seu departamento ten que ser cada vez mellor para crear e reter todo o talento posible.<\/p>\n<p>Rosa Crujeiras tam\u00e9n lle agradeceu \u00e1 organizaci\u00f3n \u201ccomo reitora, que fagades Universidade desta maneira. Participar na Universidade tam\u00e9n \u00e9 isto: propo\u00f1er, organizar, colaborar, asumir responsabilidades e crear espazos que enriquecen a experiencia de quen estuda convosco\u201d.<\/p>\n<p>CIMEC 2026 congregou profesionais referentes de \u00e1mbitos moi diversos, como Alejandro Madrigal, Anna Lluch, Ignacio L\u00f3pez-Go\u00f1i, David Bueno, Yolanda Gilaberte, Juan Jos\u00e9 Garc\u00eda Coto, V\u00edctor P\u00e9rez Sol\u00e0, Antonio Escribano, Jos\u00e9 Alcam\u00ed, Arturo Gonz\u00e1lez Quintela, Jorge Mira ou Jes\u00fas G. Mestre.<\/p>\n<p>O acto de clausura levouse a cabo por parte do decano da Facultade de Medicina da USC, Jos\u00e9 Carreira, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel \u00c1. Santalices, xunto coa directora cient\u00edfica do IDIS, M.\u00aa Luz Couce, quen tam\u00e9n destacou o valor do CIMEC como \u201cpunto de encontro entre estudantes, profesionais e investigadores e como exemplo dunha formaci\u00f3n m\u00e9dica que vai m\u00e1is al\u00f3 das aulas\u201d. Subli\u00f1ou Luz Couce que, ante unha medicina en constante transformaci\u00f3n, resulta esencial manter a curiosidade, o esp\u00edrito cr\u00edtico e a aprendizaxe continua e animou os futuros m\u00e9dicos a explorar novas \u00e1reas e achegarse \u00e1 investigaci\u00f3n ao longo da s\u00faa traxectoria profesional.<\/p>\n<p>Para o presidente do Congreso, Carlos L\u00f3pez Vila, estas d\u00faas xornadas, van m\u00e1is al\u00f3 das conferencias; supo\u00f1en unha oportunidade \u00fanica para compartir espazo e interactuar cun comit\u00e9 cient\u00edfico formado por profesionais de primeiro nivel. \u201cQueremos que os estudantes entendan que formarse como m\u00e9dicos vai moito m\u00e1is al\u00e1 de memorizar co\u00f1ecementos. A medicina esixe aprender a razoar, observar, escoitar e enfrontarse a persoas, non s\u00f3 a preguntas con catro opci\u00f3ns de resposta. Con CoMeF queremos crear espazos onde poidamos desenvolver, precisamente, esa parte da nosa formaci\u00f3n\u201d. Unha idea que corrobora o vicepresidente de CIMEC, Manuel Garc\u00eda Cordeiro, ao destacar que o mellor destas xornadas \u201c\u00e9 ver a tantos estudantes gozar da medicina. Ao final, ese \u00e9 o verdadeiro obxectivo do congreso: espertar curiosidade, inspirarse e lembrar o bonita que \u00e9 esta profesi\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de 700 persoas participaron esta fin de semana na Cidade da Cultura na segunda edici\u00f3n desta iniciativa que re\u00fane medicina, ciencia e investigaci\u00f3n <\/p>\n<p>\u201cQueremos que os estudantes entendan que formarse como m\u00e9dicos vai moito m\u00e1is al\u00e1 de memorizar co\u00f1ecementos\u201d, asegura o presidente do CIMEC, Carlos L\u00f3pez Vila<\/p>\n","protected":false},"author":12,"featured_media":49979,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[175,501,531],"tags":[],"class_list":["post-49998","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","category-carrusel-de-portada-gl","category-carrusel-en-galego-gl"],"publishpress_future_workflow_manual_trigger":{"enabledWorkflows":[]},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49998","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/12"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=49998"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49998\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":50002,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/49998\/revisions\/50002"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/49979"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=49998"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=49998"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.idisantiago.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=49998"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}